Inicio Blog Páxina 620

Corgos defende que a Xunta “fixo os deberes” para que a Aesia se instale na Coruña

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, defendeu este sábado o papel da Xunta no proceso de consecución da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) para A Coruña.

Así mesmo, tachou de “desafortunadas” as declaracións da alcaldesa da cidade, Inés Rey, nas que pedía a Alfonso Rueda que defenda a elección da Coruña despois de que o Tribunal Supremo (TS) activase o trámite para analizar a suspensión cautelar da concesión solicitada polo Concello de Granada.

Este sábado, en declaracións aos medios no recinto feiral de Silleda, onde acudiu para facer seguimento das oposicións da Xunta que aí se celebran, Corgos dixo non saber “cal é o obxectivo” destas declaracións, xa que, na súa opinión, “no proceso de consecución da Aesia” foron “da man todas as administracións”.

“Nós fixemos os deberes porque eliximos a candidatura que tiña as mellores posibilidades en base a un informe que valoraba máis de 200 variables das que se recollían na orde do Ministerio”, defendeu.

Agora, lamentou que “todo cambia” á vista de “os recursos presentados polo alcalde socialista de Granada hai uns meses”, aínda que tras os comicios municipais do 28 de maio a cidade andaluza está gobernada polos populares.

Para Corgos, a responsabilidade é “do Goberno e do grupo que soporta ao Goberno”. “Que agora se lle pidan responsabilidades ao presidente da Xunta e á Xunta, que fixeron o seu traballo, resulta polo menos sorprendente”, resolveu. Con todo, o conselleiro de Facenda pediu “quitarlle importancia” ás declaracións da rexedora coruñesa que enmarca en “un proceso de nerviosismo preelectoral”.

Gran ambiente no comezo do BurgoJazz

1

O Festival BurgoJazz do Concello de Culleredo abriu esta noite de venres a súa XXII edición con gran ambiente no Xardín Botánico do Burgo. O bo tempo animou ao público a achegarse á cita, de balde, para asistir a uns concertos de calidade de jazz e os seus diferentes variantes, puidendo tamén disfrutar do Mercado Templario do Faro.

O Tributo a Grappelli abriu o xa veterano festival. É un trío especializado en jazz xitano e o jazz manouche, un referente no panorama nacional, conformando diferentes proxecto arredor destes estilos como Menilmontant Swing, Swing Machine Orchestra, Cabaret Flotando… Nesta ocasión, rende homenaxe a un dos grandes da música dos anos 30.

Charo Quicler & Grupo convertiron o Xardín Botánico no famoso Cotton Club de Nova York e que marcou a banda sonora do século XX. Temas recoñecidos por público de todas as idades que, pola súa gran calidade, segue cuberto ao longo dos anos en concertos, anuncios publicitarios, bandas sonoras e películas.

Hoxe, sábado, ás 20:30 horas a quenda de Marian Ledesma & tinaquero Brothers. Con máis de 20 anos de experiencia no escenario, Marian Ledesma, volve ás súas orixes Blues da man dos irmáns Tinaquero: Juan Tinaquero (contrabaixo) e Luis Tinaquero (guitarra), figuras indispensables da escena Blues en Galicia; esta vez para traernos eses Classic Blues que Robert Johnson, Ma Rainey, Bessie Smith, Elisabeth Cotten, Etta James e incluso Billie Holliday deixáronnos como eles legado na nosa bagaxe musical e cultural.
E ao seu remate subirase ao escenario o Cuarteto Simón García. Simón García é un ecléctico contrabaixista e compositor que traballou e gravou para artistas e conxuntos diferentes estilos. Pablo Añón é un saxofonista da escena jazzística en España. É especialista en música moderna e improvisación. Iago Mourinho (piano) formouse no música clásica no Conservatorio Profesional de Lalín e jazz no Conservatorio Superior da Coruña. Miguel Cabana (batería) Profesor da Escola Municipal de Música da Coruña é licenciada en Interpretación de Jazz con mención pola prestixiosa Guildhall School of Music and Drama de Londres.

O domingo será a quenda de Puzzle Cabinet e Udra. E o luns será o gran peche con Potato Head Jazz Band.

Detido un veciño tras roubar, disfrazado, unha farmacia de Cambre

A Garda Civil do Posto Principal de Cambre en colaboración coa Policía Local conseguiu deter un home como presunto autor dun delito de roubo con violencia.

Todo tras un suceso acontecido o pasado 22 de xuño, cando o home entraba nunha farmacia de Cambre disfrazada e coa cara cuberta por unha máscara, ameazando aos empregados do establecemento cunha suposta arma de fogo e un coitelo, subtraendo medicamentos.

Despois de que esta persoa abandonase as instalacións, os empregados do establecemento denunciaron os feitos ao Centro de Operacións de Servizos (COS), mobilizando de inmediato aos compoñentes do devandito Centro ás patrullas do servizo da zona, aparecendo varias patrullas nun curto espazo de tempo, Iniciando unha operación de busca na zona, con resultados negativos.

Trala investigación, apoiada pola colaboración cidadá, conseguiron identificar ao suposto autor do delito de roubo con violencia, realizaron un rexistro do seu domicilio,  achando no transcurso do mesmo as pezas de vestir utilizadas para ocultar a súa identidade, así como a pistola e coitelo simulados empregados no crime.

Identificado un condutor que circulaba en sentido contrario pola N6 no Espiritu Santo

0

O pasado 19 de xuño un condutor circulou varios quilómetros en sentido contrario pola estrada N-VI á altura de Espíritu Santo durante 300 metros en sentido Madrid polos carrís destinados aos vehículos que circulan en dirección a Madrid-A Coruña. O Grupo de Información e Análise de Tráfico (GIAT) do Sector Galego de Tráfico, atopou o vídeo e investigou a identidade do condutor.

A Garda Civil iniciou unha investigación e conseguiu identificar ao condutor do turismo, recollendo indicios que indicaban que non houbo perigo específico para a vida ou a integridade.

A Garda Civil procedeu a preparar a correspondente denuncia administrativa ante a Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, que supón un importe económico de 500 euros e a dedución de 6 puntos de crédito do seu permiso de conducir.

Dúas persoas resultan feridas tras desprenderse parte unha cornixa dun edificio na Praza de Vigo

Dúas persoas resultaron feridas este venres despois de que unha cornixa da fachada dun edificio situado entre a Praza de Vigo e a rúa Menéndez Pelayo se desprendese cara á vía pública.

Os feitos sucederon pasadas as 23,00 horas. Varios particulares solicitaban asistencia sanitaria ao 112 para as persoas alcanzadas polos fragmentos da cornixa.

Así, os xestores da central de emerxencias solicitaron a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña, dos axentes da Policía Local e Nacional e tamén de Protección Civil.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, parte dos cascotes caeron sobre a terraza dun local de hostalaría, situado debaixo do edificio, na que había varias persoas. Este sábado está previsto que técnicos municipais comproben o estado da fachada afectada.

A Coruña sae en defensa da súa lingua ante o ataques arredor da nosa toponimia

Con indignación, pero tamén con retranca, recibiu o pobo galego os ataques á nosa lingua protagonizados polo colectivo de Hablemos Español. Esas provocadoras pancartas sobre a nosa toponimia xa se convertiron en tendencia nas redes sociais, facendo burla do xa superado intento por recastelanizar os topónimos oficiais.

Ademais dos carteis colocados en Sanxenxo, A Coruña ou Ourense, a sociedade tuitera ten feito verdadeiras demostración de sarcasmo.

carteis espanol

Creacións humorísticas creadas na rede
Creacións humorísticas creadas na rede

Esta mañá, ademais celebrouse unha concentración no Obelisco convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Un evento paa defender a lexislación vixente trala publicación dun manifesto na súa páxina web que recibiu máis de 7000 sinaturas de apoio en menos de 48 horas.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou que “a toponimia fala da Historia, da cultura e da lingua dos pobos” e que, polo tanto, “agredir a toponimia galega é agredir o pobo galego”. Neste sentido, criticou duramente as “campañas de odio, vidas desde fóra, que pretenden borrar a pegada que o pobo galego deixou no seu territorio, no noso territorio” e salientou a rápida e contundente resposta do pobo galego, que “non está disposto a ser humillado por ninguén” e, por iso, “respostou masivamente rexeitando as campañas de odio contra o galego”.

Maceira denunciou, sen embargo, a falta de resposta dos poderes públicos. “O máis preocupante”, abundou, “é o amparo dos poderes públicos a estas agresións, como o apoio da xefatura do Estado ou da presidencia da Xunta ao Foro que deturpa a toponima da Toxa ao final de cada verán”. Neste sentido, recordoulle ás administracións galega e española que “a cidadanía galega falou estes días alto e claro”, recordando “que os nosos lugares se chaman en galego”.

A Mesa recorda que os poderes públicos deben actuar en defensa da lei e contra o uso reiterado e sistemático das formas deturpadas tanto nesta campaña publicitaria como na sinaléctica, nos medios de comunicación ou mesmo mapas dixitais como os de Google. 

As Enfermeiras do CHUAC esixen melloras na contratación

Centos de enfermeiras manifestábanse na pasada mañá de xoves arredor do CHUAC convocadas polo colectivo A por todas Coruña, e para protestar pola precariedade laboral, a diminución de dereitos, o aumento de ratios e carga asistencial, perda de poder adquisitivo… que levan sufrindo nos últimos anos.

Con pancartas como “Sen persoal non hai sanidade”, “Nistal queremos persoal”, “Nós cumprimos, vós non”, “Se alquila enfermera por horas”, “Dirección Dimisión”m “Stop Autocobertura” ou “Vocación, non explotación”, as profesionais demostraron a súa unidade e a necesidade de tomar medidas urxentes por parte do SERGAS.

Dende o colectivo aseguran que seguirán pelexando para conseguir melloras na contratación e no trato que se lles dá como profesionais, e lembran as principais demandas que teñen.

Manifestacion Aportodas Coruna CHUAC 12

Máis novas

Os Bombeiros de Arteixo esixen concisións semellantes ás doutros Parques

Xa falabamos con eles a semana pasada. Os Bombeiros de Arteixo representan á perfección á folga que está levando este colectivo en toda Galicia. Unha folga que apenas se manifesta coa decisión de non aceptar facer horas extras, demostrando a necesidade de ampliar o persoal en todos os parques. Apenas 3 profesionais quedan para afrontar as emerxencias, polo que levan anos pedindo melloras tanto no número de efectivos como de material.

Esta semana o Parque de Arteixo cumple 19 anos. 19 anos “coidando” unha poboación fixa de 130.000 persoas, ademais do fluxo xerado nos parques industriais da zona.

Denuncian a “discriminación” da comarca, pois fan comparación con outros parques e o ratio é moi inferior: O de Lugo conta con 9 bombeiros por turno para unha poboación de 98.000 habitantes; o de Ferrol conta con 8 bombeiros por turno para 65.000 habitantes…

Co gallo do aniversario e no marco da folga, os profesionais pregúntanse “como é posible quesiga existindo semellante abandono do servizo por parte da Deputación e especialmente da Xerencia do Consorcio. Abandono cara a cidadanía, cuia protección é o obxecto do Consorcio, xa que parece que hai cidadáns de primeira e de segunda, ademais do abandono dos profesionais desprezando a súa seguridade laboral”.

Os Bombeiros aseguran que “van seguir loitando pola seguridade dos cidadáns e do patrimonio aínda mantendo esta situación tan precaria”, pero reclaman condicións dignas semellantes ao resto de compañeiros de outros parques así como unha xestión digna do Servizo”.

Novas relacionadas

Arrincou o Mercado Templario do Burgo de Faro

0

Este xoves, ás 17:00h, arrincou o Mercado Templario do Burgo de Faro. Un gran desfile foi o encargado de baixar o telób

O paseo marítimo do Burgo está, ata o domingo, cheo de postos variados, dende artesanía ata gastronomía e actividades singulares.

Para os máis pequenos e pequeno hai un espazo aberto para xogos infantís, obradoiros e
atractivos ecolóxicos. E a música será un son común no Mercado.
Todos os días haberá numerosos espectáculos, segundo a programación dispoñible no organización: desfiles, espectáculos de lume, batucadas, humor, e personaxes como mosquitos, seres mitolóxicos ou bufóns, entre outras moitas propostas.

A fin de semana vén completa na vila do Burgo, pois hoxe tamén comeza o festival Burgojazz.

Máis info

Luisa Villalta será a homenaxeada o Día dás Letras Galegas 2024

0

A Real Academia Galega (RAG) dedicará o Día dás Letras Galegas 2024 a Luisa Villalta (A Coruña, 1957-2004). Así o decidiu o pleno da institución reunido este xoves en sesión ordinaria.

Segundo detallou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, en rolda de prensa, acordaron homenaxear a este poeta e ensaísta o próximo 17 de maio, coincidindo co 20 aniversario do seu falecemento.

Villalta, creadora dunha obra singular e sólida converteuse nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos anos 80 e primeiros dos 90.