Inicio Blog Páxina 639

Rexeitan rebaixar a pena a dous condenados por delito sexual por non favorecerlles a nova lei

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña rexeitou revisar dúas penas impostas a dous condenados — a once e a sete anos de cárcere, respectivamente– por delitos sexuais ao entender que a nova lei do ‘só si é si’ non é máis beneficiosa. En ambos os casos eran parella das vítimas, un feito que, tal e como explica o tribunal, a actual regulación considera agravante.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), nun dos procedementos, solicitou a revisión un condenado a once anos de cárcere por cometer un delito continuado de abuso sexual sobre a súa parella, menor de idade, concorrendo a circunstancia agravante de discriminación por razón de xénero.

O tribunal destaca no auto que é “evidente que a regulación actual non é máis beneficiosa para o reo”. Así, indica que a pena a impor por ese delito, segundo a redacción vixente cando sucederon os feitos, oscilaría entre os 8 e os 12 anos de prisión.

No entanto, destaca que, ao tratarse dun delito continuado, coa circunstancia agravante de discriminación por razón de xénero, a pena mínima sería de once anos. Coa nova lei, segundo os maxistrados, ao ser a vítima parella do autor dos feitos e tratándose dun delito continuado agravado pola discriminación por razón de xénero, “a pena mínima a impor sería de 11 anos e 3 meses a 12 anos”.

O TSXG rexeita incrementar a indemnización á familia dunha británica que faleceu no Chuac en 2014

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto polo viúvo dunha muller, de nacionalidade británica, que viaxaba nun cruceiro en 2014 e que faleceu ao pouco de ser trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac).

Con iso, confirma a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, de marzo de 2022, que sumou os intereses legais respecto dunha anterior resolución administrativa pola que se concedeu unha indemnización de 20.000 euros ao viúvo e de 5.000 a cada un dos fillos do matrimonio. O titular do xulgado estimou só parcialmente a demanda do viúvo que solicitaba a cantidade de 274.000 euros.

Nun fallo recolleito por Europa Press, o alto tribunal galego entende, fronte aos argumentos do apelante nunha demanda contra o Sergas e Segurcaixa Adelas, que “non existe base algunha para realizar unha valoración da proba pericial diferente á realizada na sentenza apelada”.

Respecto diso, sostén que, en base aos informes periciais, “dedúcese que era reducida a probabilidade de que a realización do TAC abdominal inicialmente evitase o falecemento da paciente, á vista dos graves padecimientos e doenzas con que foi desembarcada”. Sinálao despois de que o Sergas admitise a realización tardía dun TAC abdominal, que “atrasou o diagnóstico correcto da oclusión intestinal”.

A muller desembarcou o 23 de outubro de 2014 na Coruña por unha dor abdominal, náuseas e vómitos ocasionais. Finalmente, acabou ingresando na UCI e falecendo dous días despois. En 2020, estimouse parcialmente a reclamación da familia “por non ser realizado un TAC de abdome durante o ingreso ou no curso da hospitalización”.

Sobre a petición dun incremento da indemnización, o fallo recolle “a escasa marxe de reacción de que dispuxeron os servizos médicos do hospital para analizar e avaliar o caso da paciente e a rápida e inesperada evolución da mesma”.

O goberno local da Coruña avoga por “escoitar a todos os sectores” para regular os pisos turísticos

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Francisco Díaz Gallego, avogou por “escoitar a todos os sectores” para regular os pisos turísticos. Fíxoo tras un encontro con diversas asociacións e entidades para escoitar as súas propostas e demandas para o desenvolvemento dunha normativa específica.

En concreto, reuniuse con representantes da asociación de hostalaría e hospedaxe, de vivendas turítiscas, de promotores inmobiliarios ou do Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria.

O obxectivo, subliñou Díaz Galego, é “escoitar a todos os sectores afectados” para acordar as posibles medidas a executar, que poderían pasar por unha modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente e pola aprobación dunha nova ordenanza.

Para tal fin, o goberno local constituirá unha mesa de traballo cos distintos sectores, á que se convidará á Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana. “Buscamos que haxa pluralidade e prestar atención a todas as partes implicadas, sen perder de vista a evolución recente do mercado inmobiliario na cidade, especialmente no referente aos alugueres”, apuntou o concelleiro.

Noutra orde de cousas, o Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno local, o proxecto para a rehabilitación e mellora enerxética das fachadas do CEIP Víctor López Seoane, no barrio de Monte Alto.

Unha perla nunha ameixa, o mellor regalo de aniversario para esta veciña da Costa da Morte

0

En xaneiro aconteceu nun restaurante de Muros. Esta pasada noite de martes 14 de marzo volveu pasar, desta volta nun de Muxía. Unha familia celebraba o aniversario de María José en Casa de Lema. Quedaban as últimas ameixas e Manu, o fillo, serviullas á súa nai. Sentiu algo na boca e dixo algo así como “eh, que hai aquí? unha pedra?”.

De contado, xa notou que era algo especial, e se puxo toda e mocionada. “Ten toda a pinta de ser as famosas perlas que hai agora”, sinalou Manu, comparando en internet coa atopada no restaurante muradán, e comprobando que eran igualiñas.

Son ameixas da cetárea de Merexo, que proceden de Carril. “Son bivalvos e pode ocorrer. O funcionamento é o mesmo que o da ostra”, explica o responsable da cetárea, Carlos Alcalde.

A “cumpleañera” levou unha boa sorpresa e hoxe irá preguntar nalgunha xoiería o seu valor real. Iso si, como di Manu, “a partir de agora todo o mundo irá comendo a modiño por se toca”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Novas protestas dos letrados na Coruña: “xa hai máis de 9.000 xuízos suspendidos”

Letrados xudiciais cifraron en máis 9.000 os xuízos suspendidos en Galicia pola folga, á vez que denunciaron o “silencio” do Ministerio de Xustiza ao que esixiron unha solución para pór fin a un paro que cumpre a súa oitava semana.

Así o manifestou Pilar Cancela, letrada xudicial que participou nunha nova mobilización ante a Delegación do Goberno en Galicia.

En declaracións aos xornalistas, destacou o “amplo” seguimento da folga neste colectivo en demanda, entre outras cuestións, dunha “adecuación salarial”. Así a situou ao redor dun 78% no caso das provincias de Ourense e A Coruña e entre un 58 e un 65% nas de Pontevedra e Lugo.

“A actividade xudicial está paralizada”, asegurou Pilar Cancela, quen criticou a “inactividade” do Ministerio de Xustiza en relación ao conflito.

En concreto, reprochoulle tentar “desprestixiar” aos letrados xudiciais “coa confianza de que esta folga se ía a suspender”. Tras iso, dixo que houbo “unha campaña de mentiras, de desinformación e de desprestixio”. “E agora o silencio, abandonou a negociación, son 15 días sen recibir resposta”.

Por outra banda, asegurou que por parte dos letrados xudiciais a vontade é “acabar con esta situación”. “Pero o Ministerio non nos dá a oportunidade de poder sentarnos e negociar”, expuxo Cancela, que incidiu na paralización dos expedientes xudiciais. “300.000 a día de hoxe”, apostilou.

ELECCIÓNS

Mentres, preguntada pola posible repercusión nas eleccións municipais, manifestou que os letrados xudiciais son “peza fundamental conforme á lei electoral”, sinalou sobre o seu papel nas xuntas electorais ou de face a posibles impugnacións de candidaturas.

En ambos os casos, remarcou que non está exposto como servizos mínimos e volveu a denunciar a leste respecto “inoperancia” e “inactividade” por parte do Ministerio.

O Goberno asegura a UP que non recibiu propostas sobre a “deterioración” dos murais de Urbano Lugrís na Coruña

O Ministerio de Cultura e Deporte respondeu á pregunta do deputado de Galicia en Común no Congreso Antón Gómez-Reino sobre a “deterioración” dos murais pintados por Urbano Lugrís nun edificio da Coruña, ao asegurar que aínda non recibiu ningunha “proposta de colaboración por parte da Xunta ou do Concello”, as administracións “encargadas de garantir a súa conservación”.

Esta pregunta, rexistrada o pasado mes de xaneiro na Cámara Baixa polo deputado do Grupo Confederal de Unidas Podemos, denunciaba a “deterioración” dos murais pintados por Urbano Lugrís nun edificio da rúa Olmos, na Coruña.

Galicia En Común emitiu un comunicado coa resposta do Ministerio de Cultura a esta cuestión, na que informa que non recibiu ningunha solicitude de colaboración ou asesoría por parte do Concello da Coruña ou da Xunta.

Así mesmo, o Ministerio asegurou que, a pesar de que os técnicos das administracións local e autonómica xa realizaron unha visita de inspección e estudan a posibilidade de declarar estas pinturas como Ben de Interese Cultural (BIC), aínda non recibiron ningunha solicitude respecto diso.

Ademais, o Ministerio aclarou á formación política que, ao tratarse dun ben cultural de titularidade privada, non ten competencia para “garantir a súa protección e conservación”.

Novos atrasos nos trens Vigo á Coruña

0

Un “incidente técnico puntual” no tren que partía de Vigo á Coruña ás 06,40 horas deste mércores provocou atrasos de máis dunha hora para decenas de viaxeiros.

Segundo fontes de Renfe consultadas por Europa Press, esta foi a causa que motivou que ese convoi non chegase a partir da estación olívica á súa hora, senón que saíu encadeado ao seguinte tren das 08,00 horas, polo que os viaxeiros tiveron que esperar unha hora e 20 minutos.

Con todo, a compañía ofreceu tamén aos usuarios interesados subir no tren rexional que realizaba o traxecto Vigo-Santiago ás 06,57 horas, no canto de esperar ata as 08,00 horas pola media distancia.

A pesar de facer máis paradas, foron moitos os viaxeiros os que elixiron esta opción. Ademais, o tren continuou o traxecto ata á Coruña, para tratar de remediar, na medida do posible, a situación.

Renfe indicou que agora o tren avariado será levado ao taller de reparación máis próximo para tratar de emendar o problema. Así mesmo, explicou que tamén se atrasou a viaxe de volta desta locomotora (ao non chegar a tempo á Coruña). Por todo iso, nas redes sociais varios usuarios mostraron o seu rexeitamento ante a “falta de información” sobre os motivos que provocaron o atraso do seu tren.

Eu vivín outro Instituito Oceanográfico

0

Torcuato Teixeira asegurou o pasado martes, día 7, no transcurso dun acto celebrado na ateigada sé da sempre activa e entusiasta Agrupación Cultural Alexandre Bóveda que o Instituto Español de Oceanografía (IEO) non está nen se lle espera na polémica xurdida en torno aos Plans de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM), deseñado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e consistente na instalación de parques eólicos mariños. Nada que obxetar. Nen ao que Teixeira afirma nen a cantas opinións dispares e algunhas ata contraditorias puiden recabar sobre o actual papel do IEO logo da súa incorporación ao organigrama do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Mais as afirmacións do asesor xuridíco da Federación Nacional de Cofradías suxírenme algunha reflexión sobre o momento actual do IEO, por canto desenvolvín prácticamente toda a miña vida laboral no laboratorio da Coruña desta institución científica. O IEO sempre foi un organismo público de investigación dependente da administración central, a través de varios ministerios, cuxos traballos centráronse principalmente en tres grandes áreas: recursos vivos mariños e peixerías, medio mariño e protección ambiental e acuicultura. Os seus estudos sempre constituiron a base científica axeitada para que a administración puidera formular as chaves precisas para unha explotación sostíbel dos mares, xa que os recursos pesqueiros non son ilimitados. Conscentes, pois, de que actividade pesqueira incide na evolución das diferentes poboacións de peixes ao longo do tempo a través do esforzo de pesca exercido (número de buques, potencia e días de pesca) mais tamén das artes empregadas (tamaño e mallas das redes) os resultados obtidos desembocaron na posta en práctica de medidas de xestión racionais e sostibeis con evidentes sacrificios por parte do conxunto dos pescadores.
Instituto Oceanográfico / IEO
Pois ben, cando se trata de dispoñer da mellor información para calibrar a incidencia real dos parques eólicos na actividade pesqueira, non me resisto un ápice, como tantos que coñecimos o gran servizo do IEO no horizonte de acadar un mellor coñecemento dos mares, a denunciar o seu silenzo, ao igual que o do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, deixándolle toda a iniciativa ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e a súa inefábel titular Teresa Ribera, descoñecedores ambos de toda a vertente pesqueira e as súas implicacións máis inmediatas para Galiza en forma de postos de traballo e alimentación san polos efectos do incremento da presión medioambiental que se prevé exercerán os parques eólicos. Á situación resulta tanto máis lamentábel  canto que o mar, ao igual que os recursos básicos dos que depende o planeta están xa a sofrir un preocupante desgaste debido ás crecentes e moitas veces desordenadas demandas da humanidade, polo que a mellor ferramenta dispoñíbel para  facerlle frontre é a investigación. De aí que o IEO teña que recuperar a idea do seu fundador, Odón de Buen, en 1914, fiel ao seu esquema de valores e as súas esixencias profesionais.
Ricardo Vales foi membro do Equipo de Peixerías do Laboratorio da Coruña do Instituto Español de Oceanografía (IEO)

O ‘Bono Cultura’ do Concello da Coruña esgotase antes das 24 horas

0

O ‘Bono Cultura’ promovidos polo Concello da Coruña esgotáronse o día do seu lanzamento. Un total de 3.568 usuarios descargaron a app que lles permitirán obter descontos de ata o 50% en transaccións en establecementos culturais da cidade herculina, segundo informa o goberno local.

Nesta edición, hai dous tipos bonos, un de 200 euros para abonar matrículas en centros formativos, que tivo 328 descargas; e outro de 60 euros para comprar artigos culturais que foi o elixido por 3.240 usuarios.

Os beneficiarios teñen un prazo de dous meses para cambialos nos negocios adheridos á compaña, 49 en total, dos cales 12 son academias e centros de servizos e o resto, tendas.

O ‘Bono Cultura’ conta este ano cun orzamento de 260.000 euros, os fondos non gastados no prazo establecido quedarán dispoñibles e poderá haber unha nova convocatoria ata consumir a totalidade do crédito.

Atopan o primeiro entrelazado de orixe castrexo da Coruña

Un achado casual nunha casa de Aranga acaba de de abrir unha interesante vía de investigación no mundo da arqueoloxía. Unha veciña da localidade atopou unha pedra labrada cando tentaba restaurar esta vivenda a poucos metros da Igrexa na parroquia de San Vicente de Fervenzas. Uns achados que foron comunicados ao Colectivo A Rula que confirmou que se trataba dun ara votiva romana adicada a Xúpiter.
“Nesa parcela hai unha casa de pedra qiue estaba completamente cuberta por maleza. Limpámola e xusto vimos esa pedra facendo de chanzo de entrada. Como tiña un debuxo e unhas letras, pensei q podía ser algo importante, así que púxenme en contacto coa asociación Colectivo a Rula“, indica Bea Rodríguez, a propietaria da casa.
Tras unha investigación máis exhaustiva os integrantes da Rula tamén investigaron un pedra cun raro entrelazado castrexo. “De feito, é o único deste tipo atopado na Coruña”, apunta Luis Leclere, de A Rula. Consiste nun entrelazado da mesma tipoloxía que os atopados anteriormente no sur de Galicia, norte de Portugal e Asturias.
Bea e a súa familia coa ara romana diante da casa familiar / remitida
A ARA
Trátase de pedra rectangular de gran medio cos bordos irregulares nos extremos, o que segundo este colectivo fai pensar que a peza non se conserva enteira. Esta ara súmase a outra xa topada na mesma igrexa, tal e como apuntou Bea. “Pola zona pasa a calzada Romana, polo q este achado dá contexto ao interese patrimonial que ten o lugar”, di.
As últimas reformas de importancia realizadas no templo fixéronse en 1967 e durante estes traballos localizouse baixo o altar outra ara romana similar, que na actualidade consérvase no Museo das Mariñas de Betanzos. Este achado fixo que especialistas como Rosa María Franco Maside sitúa alí o trazado dun ramal secundario da Vía XX Per Loca Maritima. “Eu axiña que souben o que era comuníqueo a patrimonio Cultural e pedinlles que quería depositala no museo das Mariñas de Betanzos, que é onde está a outra que apareceu hai 60 anos, a uns 70 metros ao norte de onde está está”, di a veciña.
Segundo o informe do colectivo, en San Vicente de Fervenzas cabe a posibilidade de que tanto as aras como o entrelazado proveñan do castro das Cotorras, de considerables dimensións, ou do lugar que actualmente ocupa a igrexa parroquial e onde existiu previamente un templo ou santuario. De feito, A Rula aposta por esta segunda opción, dado que aseguran que ambas as pezas foron reutilizadas ocupando espazos cheos de significado como a actual base do altar da Igrexa ou o entrelazado no muro do templo.
Ara romana adicada a Xúpiter atopada en Aranga / Colectivo A Rula
OUTROS ACHADOS
Claras evidencias da súa importancia loxística en época romana son o vestixios arqueolóxicos, as estelas e aras localizadas na actual comarca de Betanzos, as estelas funerarias de Fisteus en Curtis, a de Mazarelas en OzaCesuras, as de Recebés e Espenuca en Coirós, a de Grandar en Vilarmaior e as aras de Perbes en Miño, San Vicente de Présaras en Vilasantar, a da capela de San Salvador de Pereira.
Por iso, a Rula aposta por facer un estudo en profundidade da contorna inmediata da igrexa de San Vicenzo que teña por obxecto determinar se no lugar houbo un asentamento de certa importancia no período da dominación romana. Ao carón da igrexa consérvase a cimentación da casa reitoral que arruinada aínda se conservaba non hai moitos anos e que, a pesares de ter protección legal foi case completamente desmantelada. “Este