Inicio Blog Páxina 641

Unión por Cambre mantense como forza máis votada

0

Pouca variación en Cambre con respecto ao 2019. Unión por Cambre mantense como forza máis votada, pero baixa de 8 a 7 concelleiros.

Como segunda forza colócase o PP que pasa de 3 a 5, superando a un PSOE que queda con 4.

O BNG sube a 3, e Alternativa mantén os seus edís.

Óscar García Patiño votando
Óscar García Patiño votando

UxC gaña así as eleccións por terceiro mandato consecutivo. O actual alcalde Óscar García Patiño, fai unha valoración positiva destas cifras e subliña que “os veciños de Cambre volvemos aprobar a obra que levamos a cabo ou gobernamos dende o ano 2015, facendo que, unha vez máis, nos na lista máis votada”.
García Patiño agradece “a confianza depositada por dous veciños” e sinala o seu compromiso “de seguir falando, única e exclusivamente de Cambre”, así como de “seguir construíndo un Cambre mellor para a cidadanía”.

O PP de Arteixo aumenta a súa maioría

0

Rotunda vitoria do PP de Arteixo con case o 60% dos votos.

O PSOE baixa de 6 a 4 e o BNG mantén os seus 2 edís.

O naufraxio da esquerda do cambio

Inés Rey volverá a repetir como alcaldesa da Coruña. Faino con máis respaldo e sen rivais incomodos máis alá da esquerda socialista como podían ser Marea Atlántica e Por Coruña. O PSdeG precisará do respaldo do BNG para poder gobernar pero xuntos, un BNG que sobe dous concelleiros para situarse en catro.

Na cidade herculina os dous grandes partidos viron como conseguiron gañar apoios, ainda que a balanza cede a favor de Inés Rey que, a pesar de ser a segunda forza, seguirá sendo a alcaldesa. O PP é o partido máis votado aumentando tres edís e quedando con 12, e o PSOE  acada 11, conseguindo tamén un aumento de dous concelleiros

DESFEITA NA ESQUERDA RUPTURISTA

Os comicios do 28M deixan tamén a desaparición de toda a esquerda rupturista da cidade. A decisión de Podemos e EU de non concurrir con En Marea, deixa as dúas formacións sen representación da segunda cidade máis importante de Galicia, tal e como aconteceu

Non a obtivo tampouco Cis que en 2019 obtivo representación cunha edil, Mónica Martínez, que se pasou logo a concelleira non adscrita e a integrar o goberno local como responsable de concellaría de Deportes. Tamén quedaron fose Vox ou Alternativa dúas Veciño

O PSOE perde a maioría en Culleredo

0

O PSOE perdeu máis de 2.000 con respecto ás eleccións municipais de 2023, o que deixa ao partido socialista aínda como forza máis votada, pero con só 8 edís (polos 12 de 2019).

O PP suma 7 polos 4 do BNG e os 2 de Alternativa dos Veciños.

Na Coruña, co 92,73% escrutado, o PP sería o partido máis votado, pero PSOE podería conservar a alcaldía

Na Coruña, co 92,73% escrutado, o partido máis votado nas eleccións municipais é o PP, que suma tres edís e queda con 12, mentres que o PSOE de Inés Rey quedaría como segunda forza, aínda que sumando apoios, de nove concelleiros a 11.

O BNG, pola súa banda, duplicaría a súa actual representación, de dous edís a catro, e desaparecerían da corporación tanto Marea Atlántica –con seis edís en 2019– como Cidadáns –cun–. Así as cousas, a actual rexedora podería manter a Alcaldía co apoio do BNG.

Quedarían sen representación tanto Marea Atlántica, como Por Coruña (Podemos, Alianza Verde e EU), brindando a esquerda herculina un crú castigo a ambas formacións por non entenderense.

O A Coruña elíxense 27 concelleiros, de forma que a maioría absoluta está en 14 edís.

As enquisas apuntan que Inés Rey continuará de alcaldesa

0

As dúas enquisas publicadas ata o momento, a de Sondaxe para La Voz de Galicia e a de GAD3 para CRTVG, apuntan que Inés Rey seguirá de alcaldesa. O PPdeG subiría levemente e o BNG duplicaría resultados. A Marea baixaría es está por ver que pasa con Por Coruña.

A da CRTVG indica que os populares serían os máis votados na Coruña, con 11 edís, pero a socialista Inés Rey podería reter a alcaldía porque obtería 10 concelleiros, que poderían sumar o apoio dos 4 edís do BNG, mentres que Marea Atlántica quedaría con dous asentos en María Pita. Esta enquisa non lle dá ningún concelleiro a Por Coruña.

Pola súa banda, a enquisa de La Vox indica que o PSdeG tería dez actas, igual que o PPdeG. O BNG consegue duplicar a súa representación e pasaría a contar con catro membros no pleno. A escisión de Marea Atlántica, Por Coruña, entraría no pleno cun concelleiro, mentres a candidatura da Marea, que encabeza Xan Xove, perde catro concelleiros e quedaría con só dous.

A sorte está botada

0

Todo listo. Aló foi o tempo para votar, e en breve iremos traendo os resultados.

Non houbo ningunha incidencia gracias ao dispositivo formado por 1.633 persoas para estes comicios aos que están chamados a votar 197.653 coruñeses e coruñesas en 85 colexios.

Extinguido un incendio na planta de tratamento de Gestán en Arteixo

Os servizos de emerxencia deron por extinguido sobre as 16,30 horas o incendio declarado este domingo na planta de tratamento de Gestán en Morás, no municipio coruñés de Arteixo.

Segundo informou o 112 a Europa Press, o lume calcinou uns colchóns, plásticos, unha escavadora, unha máquina de empacar e restos de lixo, localizados no exterior da edificación. A central de emerxencias tivo coñecemento deste lume sobre as 08,30 horas. Varios particulares alertaron do suceso ao ver a columna de fume que se desprendía das instalacións industriais desde a AG-55 e a A-6.

O lume afectou a dous focos distintos: por unha banda, material de reciclaxe e, por outro, algunhas máquinas escavadoras, ambos os localizados no exterior da edificación. O 112 deu aviso aos bombeiros de Arteixo, Carballo e A Coruña, así como á Garda Civil, Protección Civil e Policía Local de Arteixo.

Lorenzo convida os coruñeses a exercer o seu dereito a voto “en liberdade” e móstrase “positivo”

O candidato do PP á alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, convidou aos coruñeses a exercer o seu dereito a voto “en liberdade” e mostrouse “positivo” á espera dos resultados desta noite.

“Convido a todos os coruñeses a exercer o seu dereito a voto. Agora, a esperar o resultado. O importante é que todo salga ben e que a xente exerza o seu dereito ao voto en liberdade”, manifestou

O candidato popular, que votou no Palacio da Ópera, visitará colexios electorais durante esta mañá, comerá con amigos e despois descansará antes de acudir ao hotel no que os populares coruñeses seguirán a noite electoral.

Declarado un incendio na planta de tratamento de Gestán en Arteixo

0

Á primeira hora deste domingo declarouse un incendio na planta de tratamento de Gestán en Morás, no municipio coruñés de Arteixo, aínda que os medios desprazados ao lugar apuntan a que está “controlado”.

Segundo informou o 112 a Europa Press, os primeiros avisos do lume chegaron ao redor das 8,30 horas. Tamén varios particulares alertaron do suceso ao ver a columna de fume que se desprendía das instalacións industriais desde a AG-55 e a A-6. Así, o servizo deu aviso aos bombeiros de Arteixo, Carballo e A Coruña, así como á Garda Civil, Protección Civil e Policía Local de Arteixo.

Tamén se puxo en coñecemento do ocorrido aos servizos sanitarios por se houbese que atender a algún ferido, aínda que finalmente non foi necesaria o seu labor; aos servizos ambientais da Xunta de Galicia e aos servizos forestais autonómicos, xa que nun primeiro momento o incendio apuntaba cara aos montes contiguos.