Inicio Blog Páxina 665

A plataforma flotante do Parrote non estará lista este verán

0

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, asinaron o convenio para a execución da estrutura flotante na zona do Parrote, na Coruña, sen fixar prazos concretos para a súa apertura. No entanto, dixeron que o obxectivo é tramitala “coa maior velocidade posible”.

“Esta firma vainos habilitar para licitar xa o proxecto nos próximos días, proximamente”, sinalou Fernández, nun acto con presenza tamén do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

O presidente do organismo portuario lembrou que a obra, para dotar a O Parrote dunha plataforma flotante, que albergará unha zona de baño e outra para tomar o sol, conta cun investimento de 3,1 millóns de euros. “200.000 euros que custa o proxecto que paga a Autoridade Portuaria e o resto de financiamento pono a Xunta”, puntualizou.

“TRAMITACIÓN COMPLEXA”

Así mesmo, explicou que foi “unha tramitación complexa” e, en canto a datas, evitou fixar prazos concretos. No entanto, recalcou que o obxectivo é “facer a obra canto antes, cando os trámites legais permítano”. “Imos darlle celeridade”, asegurou e indicou que a previsión é que “a final de xuño principios de xullo o concurso estea resolto”.

Os detalles da obra, segundo sinalou, “definiranos os concursantes”, “principalmente” a estrutura incluirá “unhas bancadas de madeira, plataformas flotantes náutico deportivas, ramplas de acceso e un edificio de complemento”. O presidente da Autoridade Portuaria lembrou que estas actividades marítimas deben ser “compatibles coa explotación marisqueira”.

ATRACCIÓN TURÍSTICA

Ethel Vázquez, pola súa banda, insistiu en que este proxecto é “ilusionante para os coruñeses” e unha atracción turística para a cidade. “Creo que a Xunta é a administración que está a facer máis pola Coruña”, apostilou. Na mesma liña, Diego Calvo, recalcou que esta obra é “para uso do cidadáns pero tamén é un reclamo turístico”. “Queremos abrir a cidade ao mar e utilizar máis nosas rías”, dixo.

Levando, dende Coruña ao mundo, a ciruxía minimamente invasiva

Emoción máxima a vivida esta tarde de xoves na presentación oficial da Fundación Diego González Rivas. O Work Café Santander acollía un acto cheo de sentimentos, nos que o Doutor Diego explicou para que nace esta entidade solidaria.

Recén chegado de Bosnia, de operar a un rapaz que levaba 8 anos cun tumor carcinoide de lento crecemento, quixo amosar os obxectivos principais cos que nace a Fundación: achegar a ciruxía minimamente invasiva de pulmón a todo o mundo.

Porque a súa técnica revolucionaria, Uniportal Bats, creada na Coruña, xa está en 192 países. Pero as diversas problemáticas coas que se atopa o Dr. Diego cando viaxa por algún dos 129 países nos que ten operado, fíxolle intentar atopar solucións para superar as graves carencias de material. “Nin unha compañía médica quere investir en África”, recoñece.

De aí que o primeiro desafío sexa crear unha Unidade móbil coa que poder operar con todas as garantías en calquera lugar do planeta. “Nunca se fixo algo así”, sinala o Doutor. “Hai unidades móbiles militares, que operaron en guerras para ciruxia aberta, pero non hai ningunha de ciruxía pechada de pulmón”.

Diego recoñeceu que están “sorprendidos” co interese que está xerando a Fundación, non só en España, senón en todo o mundo, con toda a expectación e a cantidade de xente que quere colaborar”.

A primeira operación

A través dun impactante vídeo, contaron a historia da primeira operación realizada pola Fundación a unha moza de 23 anos de Perú, que levaba dúas operacións fallidas abertas. Foi a propia Yahaira a que se puxo en contacto coa Fundación a través das redes sociais e a entidade conseguiu traela dende a súa aldea, lonxe da capital, ata o San Rafael, onde lle fixeron unha operación exitosa que salvou a súa vida.

Pouco despois falaron coa propia Yajaira, nunha conversa chea de agradecemento.

Sierra Leona e Libeira, a seguinte parada

A seguinte acción da Fundación será en agosto, en dúas zonas castigadas polo ébola, con grandes carencias de material, como son Sierra Leona e Liberia. “Nos 129 países, incluso Burundii ou Yibuti, atopamos algunha torre de lamparoscopia que podíamos rescatar dalgún hospital privado, pero nestes dous países non hai nada”.

Para iso entregarán en cada país unha torre de lamparoscopia, un equipo de enerxía ultrasónico e un set de ciruxía minimamente invasiva, para ensinarlle aos doutores locais para que poidan operar con vídeo cousas menores.

Será un ciruxano dos Países Baixos o que realice esa operación doble en Sierra leona e Liberia, como explicou dando conta da súa crúa experiencia nestes dous dos países máis pobres do mundo.

O Doutor Diego, rematou o acto agradecemento aos patronos así como as autoridades, e deixou patente o seu cariño á súa vila: “A Coruña universal, dende aquí ao mundo”.

Queremos que sexa un proxecto galego, que saia de Galicia. É o noso proxecto, como galego, como Coruña. Queremos que sexan as empresas líderes as que aporten. Queremos que sexa algo que se consiga en Galicia coa colaboración de empresarios” , indicou o cirurxián que agradeceu enormemente o apoio de todos e facendo referencia á última aportación recibida de Amancio Ortega para financiar a unidade móbil.

A Carreira da Luz

Mañá venres, celébrase a Carreira da Luz do IES Miraflores, que recadará fondos para a entidade.

NOVAS RELACIONADAS

Desarticulan unha organización que traficaba con anabolizantes e que tiña vínculos con grupos ultras de fútbol

0

A Policía Nacional e funcionarios de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria detiveron a 16 persoas nas Palmas, Tenerife, Madrid e A Coruña pola súa presunta participación no tráfico de sustancias anabolizantes ilegais, ademais de ter vinculación con movementos ultras de fútbol de carácter violento.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)


O mes de abril do ano pasado, os axentes da Policía tiveron noticias de que se estaría realizando un tráfico de sustancias anabolizantes hormonais desde Bulgaria e Portugal a España. Por mor desta investigación, tamén se constatou que o receptor dos paquetes tiña relación con estes grupos de fútbol de ideoloxía radical.

Segundo detalla a Policía, a organización recibía os anabolizantes hormonais que eran enviadas a España desde países como Portugal, Bulgaria ou Reino Unido. E unha vez aquí, dúas células da organización, desde Madrid e A Coruña, recibían estas sustancias e remitíanas a Canarias mediante paquetería postal, tentando eludir os controis fronteirizos e utlizando a terceiras persoas.

En total, a organización importaría unha cantidade superior aos 90 quilos de anabolizantes, algo que, segundo a Policía, proporcionaba aos seus membros inxentes beneficios que sustentaban o alto nivel de vida.

Froito da investigación, o 22 de marzo detívose a estas 16 persoas e levaron a cabo 12 rexistros simultáneos en Tenerife, As Palmas, Madrid e A Coruña, onde se incautaron 250.000 dose de anabolizantes, outras sustancias estupefacientes, diñeiro en efectivo, material informático e documentación.

Os detidos pasaron a disposición xudicial dos diversos partidos xudiciais afectados, sendo a titular do Xulgado de Instrución número uno de Coslada (Madrid) o que entende a causa.

A gala final do certame ‘Quero cantar’ celébrase este domingo no Teatro Colón da Coruña

0

Este domingo día 23 celébrase no Teatro Colón da Coruña a gala final de ‘Quero Cantar’, na que o seis formacións finalistas –tres na categoría infantil e outras tantas na xuvenil– interpretarán en directo os temas cos que optan ao premio da sexta edición deste certame musical da Deputación da Coruña.

Segundo informa o organismo provincial nun comunicado, o xurado estará formado por nenos e mozos das mesmas idades que os concursantes que proveñen dos municipios de Ames, A Laracha, Cortegada e Santiago de Compostela. A cita é ás 17,30 horas e as entradas, gratuítas, xa se poden retirar na páxina web do teatro.

A actriz Soidade Felloza será a presentadora do evento, no que actuarán como convidadas a banda Bonhomía e a solista Noelia Perpetuo, gañadoras da edición anterior do certame.

Os premiados nesta edición serán galardoados coa gravación dunha maqueta en estudo profesional e dun videoclip coa canción gañadora, ademais de material musical e produtos culturais en galego por valor de entre 500 e 1.500 euros.

Detido tras deixarse o móbil nun dos coches que roubou en Mera

0

Gran alarma social xerouse aló por xaneiro despois dunha vaga de roubos en vehículos do Seixo Branco como en varios establecimentos da zona de Oleiros.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

O proxecto Concello Dixital da Deputación da Coruña, Premio Socinfo Dixital ‘Galicia TIC’

O proxecto de transformación dixital das entidades locais da Deputación da Coruña, Concello Dixital, foi galardoado co Premio Socinfo Dixital ‘Galicia TIC’ á interoperabilidade eficiente.

Este galardón valora a capacidade do nodo de interoperabilidadeNIDeC, desenvolvido ao redor da plataforma de tramitación electrónica TEDeC, núcleo tecnolóxico do ecosistema Concello Dixital.

A entrega tivo lugar durante a clausura da xornada ‘Prioridades TIC ás AAPP de Galicia ante os Fondos Next Generation’, celebrada na sede de Afundación de Santiago de Compostela. A xefa da sección de Administración Electrónica da Deputación da Coruña e directora do proxecto Concello Dixital, Pilar Fernández Caeiro, dedicou o premio a “os máis de 3.000 traballadores e traballadoras públicos das entidades locais da provincia”.

Instaladas 3 novas estacións de BiciCoruña no polígono de Agrela, no Marineda e no Abente y Lago

Xa son 40 as estacións habilitadas nos barrios da Coruña, para o uso e disfrute do servizo de BiciCoruña. Un servizo que aínda ten marxe de mellora pero que xa supón un cambio no paradigma da mobilidade da cidade.

Ao longo desta semana, xa entraron en funcionamento as estacións da praza de Indalecio Prieto (en Monte Alto, a carón do mercado provisional), no parque de Eirís e en Catro Camiños (diante de San Pedro de Mezonzo, baixo o viaduto da avenida Alfonso Molina).

Ademais, o Concello instalou tres novas, pendentes de activar nas vindeiras semanas, situadas na rúa Gútemberg (polígono de Agrela), no camiño do Martinete lindeiro ao centro comercial Marineda City e, por último, na rúa San Francisco (na contorna do centro hospitalario Abente y Lago e o Museo Militar).
3 bases fundamentais para ofrecer a chegada con este vehículo sostible a puntos tan fundamentais como o polígono de Agrela ou o centro comercial.

Estacion Bici Coruna Abente y Lago
Estación no Museo Militar, ao carón do Abente y Lago

Todas as bases están dispoñibles desde as 7.00 da mañá a 1.00 da madrugada, facilitando os desprazamentos laborais a primeira hora e tamén o regreso das persoas usuarias aos seus domicilios en horario nocturno.

Novas relacionadas

Este sábado, xornada de portas aberats no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón

Este sábado 22, de 10.00 a 19.30h, o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón estará aberto e acollerá diferentes actividades co gallo do Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos.

Haberá duas visitas guiadas para público adulto, ás 12.00 e ás 17.00 horas.

Pola mañá, ás 12.00 horas, desenvolverase a actividade ‘Xogo de pistas: desafío no castelo’, dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, e coa que se pretende dar a coñecer o que se agocha tras as portas de San Antón.

Poden inscribirse no teléfono do Museo Arqueolóxico (981 189 850), en horario de 10.00 a 19.30, para inscribirse.

Visitas guiadas polo Castro de Elviña

O Museo Arqueolóxico ten programadas ademais outra serie de visitas guiadas, neste caso ao Castro de Elviña, para o próximo 30 de abril, coincidindo co evento ‘Noite nos Crutos’, unha sesión de concertos ao aire libre que terán lugar o vindeiro domingo 30 de abril nas penas da Grela, enclave situado no Castro de Elviña, organizada polo Concello en colaboración coa asociación cultural e recreativa Tempo Novo de Elviña e Castro.

Neste sentido, durante ese domingo haberá tres quendas de percorridos guiados gratuítos polo Castro de Elviña (ás 10.00, 12.00 e 16.00 horas), para as que é preciso efectuar a solicitude a través do teléfono 981 189 850.

Haberá música tamén pola mañá, coa banda dos Rexumeiros de Elviña —agrupación moi enraizada en Elviña, que naceu nos anos 90—.e a asociación cultural Maghúa que actuarán no xacemento ás 11.00 e 13.00 horas, respectivamente, e pola tarde terá lugar un pasarrúas polos rueiros de Elviña e Castro, coas Escolas de Música de Tempo Novo como as protagonistas.

A xornada de tarde, presentada polo noso Xurxo Souto, arrincará ás 19:00h, dando paso ao grupo de cantareiros Maghúa, o prestixioso cuarteto bretón Le Gall-Carré e os propios Rexumeiros. O prato forte da xornada será o grupo tradicional Luar na Lubre, unha das bandas galegas máis internacionais e que ten a súa orixe na Coruña.

As entradas saíron á venda o pasado mércores 19 de abril, cun prezo de 10 euros. Poden adquirirse a través de Ataquilla.com ou no despacho de billetes da praza de Ourense, aberto de luns a venres en horario de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 horas.

Tamén o día 30, ‘Estirando el chicle’ chega ao Castelo de San Antón

Ademais, ese mesmo día, o 30 de abril (16.00 horas), o patio de Armas do Castelo de San Antón será o escenario para a gravación do programa ‘Estirando el chicle’, o podcast protagonizado por Carolina Iglesias e Victoria Martín, unha actividade incluída dentro da programación do Encontro Mundial do Humorismo (EMHU) 2023.

O comité pide unha comisión de investigación tras o incendio na refinaría de Repsol

0

A refinaría da Coruña retomou a normalidade tras o incendio rexistrado esta madrugada nunha das unidades, que é a única afectada. Mentres, desde o comité de empresa reclamaron unha comisión de investigación.

Desde Repsol, explicaron a Europa Press que, con excepción da unidade de crudo dos onde se rexistrou o lume, “o resto está a funcionar con normalidade“, dixeron precisando, ademais, que a citada unidade está situada na zona do termo municipal da Coruña, non de Arteixo.

No suceso, resultou ferido leve un traballador, que xa se atopa no seu domicilio e que foi atendido polos propios servizos médicos do complexo industrial. En relación ao incendio, que foi extinguido, con medios propios, polos equipos de seguridade do complexo industrial, desde o comité de empresa apuntaron que reclamaron unha comisión de investigación, á espera de ter máis datos sobre o sucedido no transcurso da xornada. Desde a compañía, precisaron que agora se investigarán as causas.

Gómez-Reino pide no Congreso soluciones para a “excesiva” concentración de tráfico en Cambre

0

Mentres a veciñanza e o Concello de Cambre se mobilizan nunha colleita de sinaturas para esixir a construción dunha rotonda na entrada da AP-9, desconxestione o tráfico na Costa da Tapia, a problemática chegou esta mañá ao Congreso dos Deputados.

O deputado de Unidas Podemos Antón Gómez Reino pediu solucións para a “excesiva” concentración de tráfico rodado no punto, sinalando que o problema dase porque “o primeiro tramo da AG-13, coñecida como “vía Ártabra”, posto en servizo pola Xunta en 2013, carece aínda de conexións apropiadas con outras viás de alta capacidade como a AP-9 ou a A-6″.

O deputado de Galicia en común preguntou no Congreso se o Ministerio de Transportes prevé a implementación dalgunha medida para dar solución a este problema, especialmente á circulación de vehículos pesados polo centro urbano do municipio de Cambre ou se ten coñecemento dalgún avance por parte da Xunta neste sentido.

Así mesmo, preguntou se o Ministerio valora a supresión da peaxe de Macenda, no municipio de Betanzos, para promover o uso das vías de alta capacidade e reducir o impacto do tráfico nas vías secundarias e no citado centro urbano de Cambre.