Inicio Blog Páxina 664

O Poetry Slam Carral 2023 segue buscando finalistas

0

Tal como comeza a ser tradición, o último xoves de mes, 27 de abril ás 20:00, na Taberna Lume e Ferro, terá lugar o 3º dos eventos que conforman o Poetry Slam Carral 2023.

Os únicos requisitos que se precisan para participar no evento son os de ter un poema orixinal de creación propia e que este se poida recitar nun límite de 3 minutos, sen que a persoa que recite leve ningún tipo de disfraz nin artefacto. O xurado, composto por membros do público que asista, elixirá o gañador ou gañadora deste primeiro encontro que estará clasificado para a grande final que pechará esta primeira tempada do Poestry Slam Carral.

O gañador ou gañadora desta edición, unirase a Lugía Ugarte (@debajodelapalmera) e a Alba Rodríguez García, na gran final que se realizará en setembro. Esta última, como gañadora do anterior evento, actuará en calidade de poeta de calibraxe.

Nesta ocasión, o acto contará coa actuación especial de Samuel L. París que compartirá cos asistentes a súa poesía. Samuel L. París, ademais de ser un poeta con multitude de obra publicada e tamén distribuída a través do seu blog pararaparis.wordpress.com), dirixe e presenta o programa “A Catapulta” en colaboración con O Salto Galiza e El Salto, no que conversa con poetas e persoas relacionadas co mundo da poesía e que se pode seguir a través de Twitch e de Youtube.

 

As prazas para apuntarse a este evento xa están cubertas, pero segue aberta a lista de agarda a través do correo: aeclacrar1@gmail.com. As persoas que formen parte desta lista de agarda terán prioridade para inscribirse no seguinte evento que terá lugar o próximo 25 de maio.

Unha herculina na Queens League de Piqué

0

O vindeiro 1 de maio arrinca a Queens League. Esta liga de F7, irmá da Kings League, creada este ano por Gerard Piqué e unha serie de personas vinculadas ao futbol e ao mundo streamer, dará outra volta á revolución do FUTFEM en España.

E nesa voráxine xa está montada unha coruñesa. Andrea Amil (1999) embárcase no Rayo de Barcelona, un dos 12 equipos que formarán nesta primeira campaña, cuio presidente é Martí Miras máis coñecido como @sporsito.

Rayo Barcelona da Queens League

Amil será a única galega da competición, á que chega coa máxima ilusión para seguir vivindo do fútbol.
Aínda na familia non o cren, e están tremendamente ilusionadas axudando a que a nena atope piso na cidade condal para mudarse canto antes.

Natural do barrio de Elviña, no seu cole, as monxas non lle deixaban xogar no patio cos nenos. Foi a partir dos 14 anos cando puido desenvolver a súa paixón, e cada venres, na Torre, era unha auténtico gusto ir xogar. Aos 14 anos enrolouse no Victoria, e xa a segunda temporada estaba xogando en 2ª Nacional. De aí ao Friol, nada menos que no Reto Iberdrola, pero tivo que volver á 2ª Galega para disputar unha campaña co Bergantiños.
Foi a tempada pasada, cando vivindo na Coruña, estudiaba unha oposición para Policía mentres alternaba traballando como monitora nun cole con nenos pequenos e de socorrista.

Pero a súa campaña chamou a atención de todo un Interrerías de 2ª RFEF, un dos trasatlánticos do FUTFEM galego. E non era para menos: fóra escollida como Mellor porteira do Fútbol da Costa e recibiu o trofeo de porteira menos batida. Xa este curso deslumbraba tamén nun partido solidario da Selección da Costa Feminina ante o Dépor B.

Este ano estaba vivindo en Pontevedra, vivindo do fútbol, e cando escoitou o da Queens League, mandou unha presentación. “Nunca pensei que ían chegar a chamar”, recoñece algo tímida. Pasou o primeiro corte, e despois unhas probas lixeiras, e quedou fichada para o Rayo Barcelona. Un ata logo ao Interrías e ao fútbol galego, a seguir soñando co mundo do fúbol, polo menos, durante esta temporada.

Entidades da memoria piden protexer case 700 elementos do pazo de Meirás antes de que sexan levadas polos Franco

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña buscan salvagardar 697 elementos, dos cales case 400 son bens culturais, antes de que sexan retirados pola familia Franco do Pazo de Meirás. Piden que sexan declarados como Bens de Interese Cultural por parte da Xunta de Galicia, máis concretamente por parte da Consellería de Cultura.

Por outra banda, o Estado xa formulou un incidente de execución de sentencia sobre os bens ligados ao inmoble e posteriormente unha nova demanda civil pola propiedade de diferentes bens do Pazo de Meirás.

Entre os obxectos que piden protexer atópanse conxuntos isabelinos, altares, bargueños ou pezas de porcelana. Con todo, máis dun centenar de bens, como o retablo da capela ou o sepulcro deseñado por Pardo Bazán quedan á espera do resultado final da sentenza do Tribunal Supremo. Ademais os bens mobles, entre eles dous considerados Patrimonio Nacional, que o Estado demanda no novo pleito civil tamén quedarán á espera da resolución. Mentras todo deberá permanecer dentro do Pazo.

O Colón acolleu a emotiva gala do Concurso escolar “Quero Cantar”

0

Este domingo 23 de abril, o Teatro Colón celebrou a gala da final do VI Concurso Quero Cantar nas categorías infantil e xuvenil. 6 formacións de toda a provincia actuaron no evento artellado pola Deputación da Coruña, e conducida pola actriz e contadora, Soledad Felloza. Un certame que pretende difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical entre o público máis novo.

Como artistas convidadas, e mentres os xurados deliberaban, actuaron a banda Bonhomía e a solista Noelia Perpetuo, gañadoras da anterior edición. Pero as grandes protagonistas foron as rapaces e rapaces que chegaron a final.

Categoría infantil

“O Ritmo dos soños”, formación que nace dentro do coro do CEIP de Caión con alumnado de 2º, 3º, 5º e 6º de primaira, máis o profesor de música do centro, levou o primeiro premio. O grupo leva 1.500€ en produtos culturais galegos, e poderá gravar unha maquina en estudio eu un videoclip.

Por detás quedaron “Os Termais”, un grupo dun colexio de Cortegada, na comarca do Ribeiro; e os “Guitarristas de Barouta”, grupo de guitarra do CEIP Barouta (Ames).

Categoría xuvenil

Na categoría xuvenil, o primeiro premio foi para “Temos Terras”, dúo santiagués formado por Alejandra Saavedra (guitarra e voz), de Teo, e Lucas Arango (piano e voz).

O segundo premio foi para Raquel Barreiro, unha moza de 16 anos do concello de Ames que escribe as súas propias cancións. E o terceiro para “Euterpe”, formación na que participa alumnado de todos os niveis educativos do IES do Milladoiro (Ames) e que coordina o profesor de música Manolo Maseda.

 

O Tsunami Laranxa leva en volandas ao Leyma fóra de casa

0

Ata Cantabria desprazouse un grupo duns 50 afeccionados do Leyma Basquet Coruña para ver ao seu equipo vencer ao Grupo Alega Cantabria. E ben que o agradeceu o equipo e o propio míster en rolda de prensa.
Cun apretadísimo 84-86 o cadro coruñés demostra ser capaz de gañar co “rodillo” pero tamén en finais apretados. O adestrador quédase con que “tivemos a cabeza fría no treito final”, pero lamentou momentos de desconexión que evitou que o equipo puidese alonxarse antes.

O rebote foi fundamental para os de Epifanio, destacando o labor de Simeunovic (15 puntos e 8 rebotes) e Diagne (17 puntos e 5 rebotes).

Diagne
Diagne

O Leyma suma así 3 partidos consecutivos gañando, mantén a 3ª praza da Leb Oro e amplía a 2 vitorias a distancia co 4º e 5º, o Valladolid e Lleida, estando cada vez máis preto de asegurar o factor cancha no Playoff. Quedan 4 partidos de liga.

A Coruña rexistra un 17% máis de pernoctacións en marzo

0
  • Concello e entidades constitúen a mesa de seguimento para desenvolver a normativa que regule as vivendas de uso turístico.

—–

Os hoteis galegos rexistraron un total de 462.557 pernoctacións durante o mes de marzo, o que supón un 12,1% máis que no mesmo mes de 2022, mentres que os viaxeiros hospedados creceron un 16,2%, ata as 251.674 persoas.

Así se desprende do informe de Conxuntura Turística Hoteleira publicado este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE), recollido por Europa Press, que explica que o avance das pernoctacións en Galicia é inferior ao da media estatal, xa que no total de España incrementáronse un 17,1%, ata superar os 20,6 millóns de noites. Tamén o número de viaxeiros subiu un 21,9%, con 7,3 millóns.

Por provincias, todas as rexións galegas aumentaron a cantidade de pernoctacións e de viaxeiros. Así, A Coruña contabilizou en marzo 234.804 pernoctacións (+17,5%) e 125.283 viaxeiros (+16,6%). En Lugo alcanzaron as 57.431 (+16,1%), mentres que os viaxeiros foron 33.604 (+13,9).

En Ourense rexistráronse 43.300 pernoctacións (+6,6%) e 23.435 viaxeiros (+8,7%), por baixo de Pontevedra, onde se alcanzaron as 127.023 pernoctacións en hoteis en marzo (+3,6%), con 69.352 viaxeiros (+19,5%).

Con estas cifras, o grao de ocupación hoteleira quedou de media en Galicia no 28,7%, sendo a que tivo menor cifra en marzo do conxunto do Estado. Os establecementos galegos facturaron de media 56,42 euros por habitación ocupada.

Mesa

REUNION_VIVENDAS_ALQUILER_TURISTICO_001

As cifras coinciden coa creación dunha mesa de regulación das vivendas de uso turístico. Representantes municipais e da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Rafael Serrano), Aproinco (Ángel Jove), Hospeco (Agustín Collazos Martín e Concepción Labrador Lombardía), Federación de Asociacións de Veciños da Coruña (Luisa Varela e Juan Manuel Iglesias Rey), Colexio Oficial de Administradores de Predios, Asociación de Inquilinos da Coruña, ademais do Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria (Patricia Vérez e Esperanza González), constitúen un organismo para “poñer en común as súas iniciativas co fin de avanzar na elaboración dunha normativa regulatoria para as vivendas de uso turístico”.

A Coruña 10C foi unha festa deportiva

0

Festa deportiva, máis que unha competición, é a carreira popular C10. E así se pode comprobar vendo eses sorrisos cos que corrían os máis de 500 cativ@s inscritos na cita. Un sorriso moito máis que grande que o dos gañadores, o uruguaio Nicolás Cuestas e a galega Edymar Brea.

Carreira 10C 2023-ganadora-Edymar Brea
Edymar Brea
Carreira 10C 2023-ganador Nicolás Cuestas
Nicolás Cuestas

Aguantou bastante o tempo para a celebración da proba ao longo da mañá dominical nun Parrote ateigado de familias. Paseniño, foron participando os 3.000 inscritos, dos que chegaron a meta uns 1.800.
A atención deportiva estaba nas probas absolutas, pero as emocións máis fortes foron as vividas polas familias, que viron aos seus peques competindo sobre o asfalto con simpácticas caras de velocidade.

Carreira 10C 2023-nenos3

A Copa Irene

0

A piques de rematar o mes das choivas, precisamente os días máis soleados desta quenda deixáronos uns dos eventos deportivos e futbolísticos mais importantes do momento. Irene González Basanta que foi homenaxeada con documentais e libros ate de agora, nomearía un torneo de fútbol femenino do maior nivel.

O Orzán Sociedad Deportiva e o Concello da Coruña uniron forzas para brindar os afeccionados galegos cun torneo de Fútbol feminino de base internacional único ate de agora no noso país.

Tres das millores canteiras femininas de Europa (Real Madrid, Manchester City e SC Braga) competiron nos campos da Torre de Hércules cos seus equipos xuvenís femininos agasallando os presentes e televidentes (case 10.000 retransmisións por streaming) cun torneo de fútbol dun nivel técnico e táctico altísimo.

O Orzán, como representante galego e en nome da canteira do RC Deportivo disputou o torneo despregando un moi bo nivel competitivo e exhibindo as súas últimas estrelas internacionais: Elena Vázquez e Lucía Rivas.

Copa Irene

Galega, coruñesa, pioneira. A familia de Irene, presente no torneo, disfrutou dun evento a altura da súa achegada. E esta vez, cun balón de por medio. Incluso o nome do torneo é feminino.

Parabéns pola iniciativa e ogallá perdure no tempo co mesmo éxito.Manu-Sanchez-peq

  • Manu Sánchez, Adestrador Nacional de Fútbol, ex adestrador do Orzán e do RC Deportivo Abanca. Alma do FUTFEM coruñés.

Máis artigos de Manu Sánchez

O Ágora énchese de poesía

0

Hoxe luns 24 de abril o Ágora acolle, dentro do ciclo Poetas di(n)versos, un recital de Diana Varela Puñal e Khedija Gadhoum. A partir das 20:00h, o auditorio reunirá a poeta, tradutora e profesora tunesina –especialista en letras iberoamericanas– @khedijagadhoum, a carón da poeta e avogada nacida en Corme, Diana Varela Puñal, actual secretaria xeral da Asociación Escritoras-es Lingua Galega.

A primeira está a piques de publicar “Nuevas Voces de Sheherazade: Poesía contemporánea de Mujeres del Magreb”, pois traduce do árabe ao castelán, tanto como do inglés ao castelán e viceversa, e tense ocupado de poetas de moi diversas procedencias.

A cormelá co-dirixe a editorial galega especializada en poesía Medulia Editorial e nese terreo levou premios coma o Díaz Xácome ou o Uxío Novoneyra, mais é tamén autora de pezas teatrais tanto para público adulto coma infantil.

Máis citas

O ciclo continúa o vindeiro luns 29 de maio con Susan Briante e Daniel Salgado, e o 5 de xuño con Eduardo Mitre e Domingo Tabuyo.

Olladas doutro tempo: Casa Gótica

As cidades vanse transformando nun proceso natural e contínuo ó longo da súa historia. Non só medran en extensión, o seu desenrolo tamén implica modificar espazos ou trocar edificios vellos por outros novos. A urbe irá gañando calidade se as pezas destruidas son de menor valor que as novas  construcións. Pero isto non é o que sucede sempre. Cando o valor económico dun soar prevalece sobre o valor arquitectónico do que está construído sobre o mesmo, “asistimos a un proceso especulativo e destructor, que sustituirá unha antiga arquitectura por outra de menor valor, nun proceso de empobrecemento e degradación da cidade”, en verbas do  arquitecto galego Fernando Agrasar, no fantástico libro “A Coruña: arquitectura desaparecida” (COAG, 2004).

Se nos parásemos xusto no punto dende o que Juan Cancelo capturou esta imaxe en 1930, decatarémonos de que A Coruña sufriu unha grande perda nese lugar. Estamos a falar da avenida do Parrote, xusto na esquina coa praza do Parrote. Vemos o desnivel empedrado desa praza á dereita da imaxe, e ó fondo sobresae a robusta e bonita torre de campás da igrexa de Santiago. No encadre non sae o pazo de Capitanía, pero poderíamos velo nese mesmo lugar un pouco máis á dereita. Hoxe en día o que non podemos ver, por desgraza, é o edificio protagonista da fotografía: a casa gótica.

Erguido no século XV, tratábase do último exemplo de arquitectura gótica civil que quedaba na Coruña. A súa derruba prodúcese en 1936, uns meses antes do comezo da Guerra Civil. Na súa longa existencia fora residencia dos Condes de San Román, sede de Intendencia Xeral de Galicia, residencia do Conde de Maceda e sede do Asilo das Hermanitas dos Anciáns Desamparados, antes de se trasladar esta institución ó asilo da rúa Adelaida Muro. No ano 35 os seus propietarios, herdeiros do conde de Maceda, tiñan a casa á venda por 60000 pesetas. A Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos tratou de que o Concello e a Deputación o mercaran a partes iguais para, posteriormente, restauralo e convertilo en Museo Provincial de Arqueoloxía e Belas Artes. Pero non o conseguiron, e a piqueta comezou o derrubamento en febreiro do ano 36, creando unha grande polémica na sociedade da época.

Segundo o arqueólogo José María Luengo, a Casa Gótica era un edificio excepcional e belísimo, e o máis importante de toda a provincia dentro do estilo oxival de finais do século XV. A fachada que daba á rúa do Parrote, a que vemos na fotografía, tiña na súa planta baixa un arco apuntado, que formaba parte dun soportal que continuaba pola fachada que daba á praza, e no primeiro andar, máis arcos formaban unha solaina. Todos eses ocos foronse cegando con tabiques, tralas diversas reformas que sufriu o edificio ó longo da súa historia. O seu estado no momento da imaxe era ruinoso, pero como tantos edificios antigos que, logo dunha reforma, poden recobrar o seu esplendor, para seguir aportando beleza e carga histórica ás suas cidades.

Hoxe en día, no seu lugar atopamos un edificio de vivendas vermello, de cinco andares, sen gracia, sen historia, sen nada de nada. Perdemos un edificio singular, gañamos en indiferencia arquitectónica. A demolición da Casa Gótica segue a ser un dos maiores atentados urbanísticos da historia da nosa cidade. Gustaríame pensar que coñecendo os erros do pasado poderemos evitar repetilos no futuro.

 

FERnando-campos

  • Fernando Campos. Coruñés ata a médula e fanático da Historia, sobre todo se esa Historia é coruñesa. Máis de quince anos impartindo obradoiros culturais coma “Un paseo pola cidade”, “Personaxes da cidade” ou “ A Cidade Perdida” no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora.

OLLADAS DOUTRO TEMPO