Inicio Blog Páxina 692

Deteñen unha veciña de Cambre polo roubo de xoias nunha vivenda

A plena luz do día do pasado 10 de Cambre, tivo lugar un roubo no interior dunha vivenda dunha transitada urbanización de Cambre. A autora do roubo foi sorprendida polos veciños da vivenda cando fuxía.

A familia avisaba á Garda Civil, que pronto identificou como posible culpable a unha veciña xa coñecida polas forzas de seguridade por delitos da mesma natureza.

A Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunta autora dun delito de furto, e conseguíu devolver as xoias recuperadas aos seus lexítimos propietarios.
A detida, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución da Coruña de garda.

Denuncian actos de vandalismo nunhas máquinas expendedoras de Zalaeta

0

Recolle hoxe a Asociación de Empresarios de Galicia ASCEGA a través do seu portal ascegahoy, un suceso  que afecta a un empresario de Zalaeta. Un punto de máquinas expendedoras situado na rúa Hospital, preto da praza Juan Naya, sufría un acto de vandalismo, no que varios mozos da zona roubaron unha marea de produtos, quedaron varios cristais rotos,  golpes, pintadas…

Conta un emprendedor da zona que a mocidade ten realizado xa outras fechorías, chegando mesmo a queimar papeis preto das máquinas. Pode ser que a raíz da chamada de atención por estes feitos, poucos días despois aconteceu este acto salvaxe de destrozo das máquinas, que se saldan cunhas perdas de 50.000€.

O empresario lamenta ademais a falta de atención por parte das forzas da orde. “Chamas á Policía Local, din que só teñen dúas patrullas, que chames á Nacional, e cando chamas á Nacional dinche que chames ao Municipal. Estanme tomando o pelo?”

 

A Xunta responsabiliza ao goberno da Coruña dos atrasos no barrio de Xuxán

A Xunta responsabilizou ao Concello da Coruña dos atrasos na execución da terceira e última fase do barrio de Xuxán, proxectado na zona antes coñecida como Parque Ofimático, porque “non resolve” os “problemas” expostos polos propietarios do chan.

Así o resaltou o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, en resposta a unha pregunta exposta polo Grupo Popular na Comisión 2ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada este venres.

Alí, García destacou o investimento de 34 millóns de euros no barrio de Xuxán dedicados á compra de chan, urbanización e traballos técnicos (27,5 millóns) e á construción das primeiras 40 vivendas de promoción pública (6,45 millóns).

O responsable do IGVS sinalou quea isto súmanse os 19,5 millóns de euros que están reservados pola Administración autonómica para “completar” a urbanización da zona e construír outras 98 vivendas.

“É evidente que foi a Xunta a administración que impulsou o desenvolvemento de Xuxán”, incidiu Heriberto García, que concretou que o próximo 23 de marzo conclúe o prazo para a presentación de ofertas no concurso para adxudicar chan residencial. Oito días máis tarde, o 31 de marzo, procederase á apertura de ofertas.

A Deputación estrea web sobre o seu plan de investimentos en concellos, case 600 millóns desde 2017

A Deputación da Coruña investiu máis de 578 millóns de euros nos 93 concellos da provincia a través do Plan Único, desde que foi creado en 2017. Desta cantidade, 345 millóns foron destinados a obras, repartidas en 3.276 actuacións, e o resto a gasto corrente e política social.

Como novidade, a entidade provincial estreou unha nova páxina web dedicada a este Plan, que inclúe un mapa interactivo para consultar os investimentos en cada municipio. Así o informaron o presidente provincial, o socialista Valentín González Formoso, xunto co vicepresidente, o nacionalista Xosé Regueira, na presentación dun balance deste plan “estrela” en canto a investimentos, do cal destacaron que é un instrumento “rápido, eficaz, claro e transparente”.

“Con este plan, os concellos son máis libres decidindo, son máis eficientes xestionando recursos e teñen enormemente máis recursos do que tiñan cando gobernaba a anterior corporación do PP”, manifestou González Formoso contrapondo a xestión do bipartito ao anterior mandato.

CONTAS SANEADAS

Regueira, pola súa banda, incidiu en que esta iniciativa foi capaz de “sanear as contas de practicamente a totalidade” dos concellos da provincia. Insistiu en que desde 2017, o Plan Único investiu “arredor dos 600 millóns de euros” nos 93 municipios coruñeses. “Non é unha cifra menor”, puntualizou.

Deste orzamento, segundo explicou, 345 millóns destináronse a investimentos en obras, repartidas en 3.276 actuacións, o que supuxo “moitísimos” postos de traballo. “Máis do 99% das obras da provincia da Coruña do POS –Plan de Obras e Servizos– fanas empresas do ámbito provincial”, apostilou.

Críticas da oposición ao goberno coruñés pola resposta ‘tardía’ ante a investigación no STL que acabou con catro detidos

Os grupos da oposición, PP, BNG e a Marea Atlántica, criticaron a resposta “tardía” do goberno local da Coruña ante a investigación no Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL), que culminou coa detención de catro persoas, entre elas o seu máximo responsable.

Fano tras a reunión da comisión de Medio Ambiente reunida este xoves baixo a presidencia do viceportavoz do grupo municipal do PP, Roberto Rodríguez.

Nun comunicado, os populares ven “neglixencia” do goberno local “á hora de controlar a execución dos contratos millonarios, como sucede no caso STL”, sinala sobre a prestación do servizo de limpeza na cidade.

Pola súa banda, o portavoz do BNG no concello, Francisco Jorquera cualificou de “tardía, contraditoria e vacilante” a resposta dada polo goberno local.

“O Concello non ten que actuar só ante un posible dano económico, senón tamén ante o menor indicio de prácticas en servizos públicos municipais que atenten contra os dereitos fundamentais“, engade.

Pola súa banda, a Marea Atlántica incidiu en que o goberno local conta con “capacidade de control e supervisión de servizos” e non descarta que se aplicase “ese control de forma moi laxa e sen o rigor suficiente”.

O Club de Opinión Foro Cívico intégrase na A.C. Alexandre Bóveda

0

Dous entidades tremendamente activas como son o Foro Cívico e a A.C. Alexandre Bóveda veñen de unir forzas. O Club de Opinión do Foro, no que participa o noso Ricardo Vales intégrase na Asociación cultural mantendo o espírito co que o definía Manuel Rivas no manifesto fundacional de 1992: “Concordamos na creación dun Foro Cívico coa única pretensión de que esta iniciativa teña o xeito dunha tribuna de opinión pública, baseada no contraste e no diálogo, unha plataforma de expresión da pluralidade e das arelas futuristas, que contribúa á dinamización da sociedade civil”.

Afirman que as liñas de actuación serán a loita pola Reforma laboral e futuro das pensións, en defensa da Sanidade Pública, solicitar a reforma do Código Penal sobre os delitos de sedición e malversación ou o fomento da liberdade de expresión. Ademais realizarán accións para evitar a “desmemoria da escravitude na Coruña” ou para ordear o futuro dos peiraos do porto da Coruña.

Programa

Estas serán algunhas das actividades anunciadas para os próximos meses:

– 11 de abril, acto sobre Lei de Memoria Democrática e simboloxía franquista na Coruña, coa participación de Ana Romero, directora do Instituto José Cornide, que presentou un informe ao concello da Coruña para a eliminación de 14 rúas; Uxío Breogán Diéguez, director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC e Manuel Monge, que ten publicado traballos sobre os restos do franquismo na Coruña e Galiza. Será coordinado por Emilio Vega.

– Eleccións municipais de 28 de maio. Como xa fixemos noutras eleccións, ofreceríamos a nosa tribuna ás cabezas das candidaturas máis representativas para que expoñan o seu programa de goberno.

– Eleccións Xerais de decembro de 2023. Debate a celebrar no mes de novembro.

– Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade. Como xa fixera o Foro Cívico durante varios anos, que culminaría nunha cea de entrega do premio en decembro, arredor do Día Internacional dos Dereitos Humanos.

 

Óscar García Patiño: “As Deputacións a día de hoxe non valen para nada. Son chiringuitos. Deberían ser puramente técnicas”

  • “A Vía Ártabra é unha infraestrurura moi importante, pero non pode cargarse o humidal da Gándara e ser de pago. A Xunta ten que empezar de 0.”
  • “Se non aprobamos o PXOM teremos outro retraso de 10-15 anos, e iso sería unha ruina para o noso Concello”
  • “Todos os que voten á Alternativa dos Veciños de Cambre están conseguindo que leven cartos a Oleiros”

—- —- —-

Pelexando entre os trasatlánticos da política, Óscar García Patiño (alcalde dende 2015 con Unión por Cambre) afronta as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio con total confianza. “Creo que fixemos méritos suficientes para que a xente siga confiando en nós”, sinala sobre a súa posible reelección, lembrando a súa promesa de hai 14 anos cando propuxo nos estatutos do partido poñer 3 lexislaturas como tope.

Coa lista perfilada pero non aprobada en asemblea (“vai haber poucos cambios, sen necesidade de importar fichxes de fóra coma outros”), fala de “PROXECTO”, en maiúsculas. “A lista é moi fácil facela. O complicado é ter un proxecto”, explica mentres repasa os 8 anos de lexislatura.

Como grupo veciñal, antepón a súa faceta persoal (“somos veciños antes de nada”) que política, e pon en valor a mellora da participación cidadá na vida municipal.

 

  • XdC: Que valoración fai do teu mandato? De que cousas estás máis orgulloso estás do feito, e que cousas quedan no tinteiro?

Fago unha valoración moi positiva, pero temos que facela dos 8 anos que levamos, porque nós falamos dun proxecto que traemos para este Concello, non o que fixemos nestes 4 anos. De feito o programa vai ser unha continuidade do que levamos propoñendo estes 14 anos.
Esta lexislatura foi complicada, coa pandemia… Pero ao final fixemos moitas cousas: melloramos moito a participación de veciños, fixemos as gradas do Brexo Lema; a ampliación da piscina que estamos facendo; o novo local de servizos sociais para dar un mellor servizo; o parque Ramón Barba que vai empezar; o pavillón de Anceis que é perfectamente legal; o novos local Social de Cela; a Biblioteca Municipal de Cambre, unha demanda histórica e promesa de todos os partidos…

 

  • XdC: Quen canles de participación cidadá tendes abertas?

Dende o principio, constituímos que houbese unha persoa que se dedica a falar todo o día coas asociacións, a Concelleira de Desenvolvemento Asociativo, Carmen Pan. A nosa política é escoitar a todo o mundo e logo darlle, resposta, sempre, ás veces para ben e outras para mal se non podemos, ou se non son da nosa competencia, trasladamos as demandas ás administracións competentes. Eu tamén teño dúas reunións ao ano con elas, como mínimo.

Tamén temos abertos os Orzamentos Participativos, con máis de 700 propostas, e contestamos a todas. E temos un servizo aberto por whastapp.

 

Infraestruturas

A acollida é boa. Non é un Plan Xeral de UxC e PSOE. É un Plan para a veciñanza. Nós lle pedimos a todos os grupos que melloren o Plan, pero só o critican, e ninguén falou sequera coa empresa que o desenvolve, unha empresa especializada que xa fixo o de Ferrol, Oleiros… e o único que lle dixemos é que cando chegue a fase final que a Xunta o aprobe.

É fundamental sacalo adiante. Xa levamos un retraso con PXOM duns 15 anos, e se non o aprobamos teremos outro retraso semellante, e iso sería unha ruina para o noso Concello. Arteixo e Culleredo non teñen Plan Xeral, e cun Plan podemos facer que a xente veña invertir a Cambre, por exemplo coa ampliación do Polígono de Espíritu Santo.

Por agora levamos algo menos de 300 alegacións, pero chegarán moitas máis nos últimos días. As principais son de xente que pediu pasar a súa finca a urbana. A xente pensa na súa rúa, pero nós temos que facerlle entender que todo o Concello é importante.

 

  • XdC: Entón, hai unha estimación dos prazos para que se aprobe?

Estamos coa exposición pública, resolveránse as alegacións, pero faltan algúns dos máis de 30 informes que teñen que enviar diferentes administracións, que ao final son os que ralentizan o proceso. En 3 anos, máis ou menos, debería estar aprobado.

 

  • XdC: O tema das Casas Bailly vai tamén por aí, non?

Todos falan das Casas Bailly pero ninguén de como recuperalas. Nós fixemos unhas modificacións subsidiarias puntuais, cando todos nos dicían que esperásemos ao PXOM. Pero tiramos para adiante porque sería retrasalo 6-8 anos. Con esas modificacións, pasamos unha zona na Nacional VI, en fronte do Seixal, de solo rústico a de servizos… para atraer venta de motos, concesionarios, hoteis… E con ese aumento de recadación, que calculamos será de 2 millóns de euros, imos a restaurar as Casas Bailly.

Casas Bailly

  • XdC: Vía Ártabra… Aí seguimos esperando os cidadáns mentres…

David contra Goliat. Nós defenderemos que a Vía Ártabra é a infraestrurura máis importante, co Vial 11 17, para Cambre. Somos un concello de servizos, un embudo ademais, para toda a área. É necesaria e imprescindible, por exemplo para o desenvolvemento do Polígono, pois en 10 minutos nos poríamos na zona industrial de Arteixo-Laracha-Carballo.

Pero a Vía Ártabra non pode cargarse o humidal da Gándara, porque non é unha “charca” como a definiu algún alcalde limítrofe. Defendémolo así, e ademais queremos que o entronque coa autopista sexa gratis.
É certo que nos sentimos abandonados do resto dos partidos nesta pelexa coa Xunta. Tivemos que denuncialas e ir ata o final para que nos dean a razón. Estaban equivocados no proxecto construtivo e de trazado, e eles o sabían.

 

A Xunta ten que dar marcha atrás, ten que empezar de cero. Din que o entronque non pode ser en Catro Camiños. Nós lle mandamos 5 proxectos posibles para que así sexa; que nos demostre con informes técnicos que non poden ser, porque o único que non encaixe son as cabinas da peaxe…

Nós avisámolos, non houbo maneira, e houbo que ir á Xustiza. E gañamos dúas veces.
Agora, prazos? xa nin idea… Nós na vindeira lexislatura seguiremos reivindicando a Vía Ártabra con forza, incluso promovento concentracións, cortes… porque parece que é o único que entenden.

 

  • XdC: O Vial 11-17, entón, para cando?

Está paralizado, está nun caixón dende hai tempo, cando é un vial necesario. Iría dende o club de tenis de Oleiros ata a antiga peaxe, polo que sería fundamental para liberar a Costa da Tapia.
Estando aínda na oposición pedimos que a fose pola Marisqueira para non ter que ir ao Paraugas, que é o gran embudo. Pedímoslle tamén que quitasen un muro para disfrutar do regato de San Pedro e do Gándara. A Xunta cambiou o proxecto para a Marisqueira, e nada máis, e despois o meteron nun caixón, como outros proxectos que nos teñen paralizados. É unha das cousas que pasa cas administracións que non están cercanas á cidadanía. Se no seu día, Fomento lle dixese a Xunta que fixese o Vial 11-17 antes de facer a obra de Solymar, non teríamos tantos problemas a día de hoxe. Pero é o problema de ter dúas administracións enfrontadas. En do PP e outro do PSOE e os que sofren son os veciños.

A verdade é que non respectan nin sequera a figura dos alcaldes. Fraga dicía aos conselleiros que os alcaldes eran a máxima autoridade e que había que convocalos sempre. Agora convocan a todo o mundo menos ao alcalde para unha presentación no teu concello…

vial 11 17

Rexeneración

  • XdC: Un dos temas máis comentados é a rexeneración urbana das zonas urbanas. Xa anunciastes a semana pasada unha nova área verde de 3.658 metros preto da rúa do Polígono no Temple. Parte fundamental da política do partido?

Estamos intentando arranxar a desfeita que se fixo no noso Concello nos anos 80. Afogaron a ría do Burgo na zona de Cambre, que non o fixeron en Culleredo ou Oleiros, e agora estamos intentando recuperala.

Traballamos nos 3 núcleos, en temas como a ampliación das beirarrúas, e prantación de árbores, mellora da accesibilidade (como no Parque Ramón Barba)… Vese nas rúas, nas prazas, nas beirarúas, estamos intentamos facer as cidades para os cidadáns, e sen esquecer buscar sitios para que a xente teña sitiuo para aparcar.

Para min, é unha envexa ver como en Pontevedra os nenos baixan só a rúa e poden socializar. Nós imos por aí, estamos intentando que poidas ir andando para disfrutar os nosos ríos, as nosas fragas… Xa fixemos parques infantís, pero fáltanos aínda renovar o mobiliario urbano da zona urbana.

 

  • XdC: E cando falas de sostibilidade, a que te refires?

Por exemplo, pedimos 3 proxectos de independencia enerxética ao PIREB (Programa de Impulso a la Rehabilitación de Edificios Públicos). Un no pavillón de Sigrás, promovendo a reforma integral, e a posta de placas solares que permitirán darlle electricidade, pero tamén ao edificio de Protección Civil e outras infraestruturas municipais. Temos solicitadas reforma dos colexios do Temple e o Graxal. E co PIREB tamén cambiamos a iluminación a LED dos centros urbanos e polígono. Tamén apostamos pola compra de coches eléctricos.

 

  • XdC: O ano pasado houbo problemas coa seca. Como é posible tendo o encoro de Cecebre ao lado?

Outra cousa que non entendemos. Por que non se fai o trasvase de Meirama directamente. Emalcsa xa o propuxo a Augas. Facendo o trasvase de Meirama ao río Barces, que desemboca na presa de Cecebre non teríamos problemas de abastecemento nos próximos 100 anos.

Ten huevos que me esixan que lle pida aos veciños que teñan coidado cos regos das súas hortalizas, dos seus campos, das piscinas… cando chegas e ves que os clubs de golf están regándose. Pedireilles aos veciños que teñan coidado cando vexa que estas actividades que non nos necesarias tamén o teñen.
E ademais pelexaremos polo uso de lecer dos ríos e do encoro, que por agora está prohibido…

 

Eleccións

  • XdC: Cres que a crise do PSOE pode influir no goberno local?

Todos os partidos grandes teñen un problema de base, por non escoitalas, fundamentalmente. A política ten que ser de abaixo arriba.
Pero vaia, aquí co PSOE temos unha excelente, non boa, excelente, relación. E non creo que afecte aquí. Nestes concellos pequenos, a xente vota moito ás persoas, e tamén aos feitos, non tanto ás siglas, creo eu.

  • XdC: Cres que pode influír na Deputación?

Non me fales das deputacións… As Deputacións a día de hoxe non valen para nada. Son chiringuitos. Deberían ser puramente técnicas, cun xerente de área. Que estean facendo plans de emprego, temas de cultura, dándolle cartos aos camioneiros… paréceme incrible. Paréceme incrible que me teñan que dicir en que gasto os cartos…
Parece incrible que haia gobernos paralelos que se xeraron e que nos constan un riñón a cada veciño. A cantidade de cartos que nos contan os políticos, os asesores… Que estea dirixida por alcaldes é incrible, inaudito.
As axudas nominativas… xa como se estivésemos na época franquista…

Tiñan que dar apoio a todos os Concellos. Nós por exemplo, temos o tema da xestión de multas, e iso está ben.
Pedímoslle que fagan listas de funcionarios das súas categorías, que nos faciliten a contratación. Pero nada, quedou nun caixón.
Pedímoslle a xestión da Lei de Protección de Datos, e nada… Que nos axuden coa limitación de persoal… non somos capaces de gastar porque non temos persoal suficiente. Temos máis de 60 contratos pendentes de executar por falta de persoal…

Nós sempre o dicimos: “As ideoloxías non fan carreteras… son as persoas”.

 

  • XdC: Cres que a imputación do seu exalcalde pode influir no voto do PP?

Non creo. Puxeron xente nova que, non se falan cos actuais, por certo, e que o primeiro que fan é pedir que se paralice o Plan Xeral. Pero nin sequera se xuntaron con nós nin coa empresa…

 

  • XdC: Que relación tendes con Alternativa dos Veciños? Podería haber acordos?

Pois está clara: Todos os que voten á Alternativa dos Veciños de Cambre están conseguindo que leven cartos a Oleiros. Alternativa é decisivo na votación da Deputación. Pero que me digan cantos pediron na Deputación para Cambre?? É que nin os pediron.

Cultura

  • XdC: Seguirá apostando o Concello por temas culturais como o Rock in Cambre ou a arte urbana?

O RockinCambre sempre é unha aventura. É difícil atopar a data correcta, porque por exemplo o ano pasado coincidiu con outros festivais. Pero ten 30 anos, e é parte do ADN do noso Concello, e vai seguir séndoo. É un éxito ademais porque lle damos protagonismo á cantidade de grupos que temos enchendo os locais de ensaio municipais.
Outro dos logros foi o Rock Infantil, e por aí imos continuar. O primeiro é que disfrutemos os cambreses, que nos sentamos identificamos, e despois que veña moita xente.

Tamén colaboramos co Open Science, que é unha pasada como traballa a mocidade.

E si, imos seguir apostando pola arte urbana, e polo festival MuralFest. Tivemos 2 murais entre os 10 mellores do mundo, é a ostia, “Cambre no Mundo”.
Funcionou moi ben o de realidade aumentada, que ademais é unha empresa de Cambre que está sendo chamada por outros muralistas, co que ademias fomentamos a creación de emprego. Imos seguir por aí si, traballando con códigos Qr…

Sabes canto cobran os dirixentes de Inditex?

0

A presidenta non executiva de Inditex, Marta Ortega, percibiu unha remuneración de 834.000 euros no seu primeiro ano á fronte da compañía, mentres que o conselleiro delegado, Óscar García Maceiras, cobrou 8,37 millóns de euros, segundo consta no informe anual de goberno corporativo remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A filla de Amancio Ortega emprendeu a súa nova etapa profesional á fronte de Inditex o pasado 1 de abril de 2022, mentres que García Maceiras asumiu o seu cargo en novembro de 2021, data na que se anunciaron os cambios na dirección da firma.

Do total percibido por García Maceiras, 6,92 millóns de euros corresponde á retribución en metálico e 1,44 millóns de euros ao beneficio bruto das accións ou instrumentos financeiros consolidados.

Pola súa banda, Pablo Isla percibiu no seu último ano á fronte de Inditex 27,2 millóns de euros, dos cales 23 millóns de euros corresponden á indemnización pola súa saída da compañía. En total, o consello de administración de Inditex percibiu en 2022 unha retribución de 38,69 millóns de euros, mentres que a retribución media dos empregados situouse en 25.000 euros, un 9% máis.

A compañía rexistrou un beneficio neto marca de 4.130 millóns de euros no seu exercicio fiscal 2022-2023 (desde o 1 de febreiro de 2022 ao 31 de xaneiro de 2023), o primeiro de Marta Ortega á fronte da presidencia, o que supón un incremento do 27% respecto ao ano anterior.

AMANCIO ORTEGA

Pola súa banda, o fundador e primeiro accionista de Inditex, Amancio Ortega, ingresará este ano 2.217 millóns de euros en concepto de dividendos da compañía, por encima dos 1.718 millóns de euros que percibiu por este concepto o ano pasado.

O fundador de Inditex, que controla o 59,294% da compañía, equivalente a un paquete de 1.848 millóns de accións, inviste parte dos dividendos que recibe de Inditex no sector inmobiliario.

 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

O Concello esixirá aos donos do edificio da rúa Olmos a rehabilitación dos murais de Lugrís

0

Dous meses despois de pasar polo Congreso e uns días despois da esixencia de José Manuel Sande, candidato de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde, do cumprimento das súas obrigas sobre conservación do patrimonio histórico ao respecto dos murais de Urbano Lugrís, o Concello da Coruña anuncia quevai reclamarlle aos propietarios do número 25 da rúa Olmos que actúen de xeito inmediato para conservar os murais pintados por Urbano Lugrís que se atopan no inmoble (un antigo restaurante) e que son tamén da súa propiedade.

O Concello elaborou un informe que determina a necesidade de actuación de forma inmediata sobre as 12 pezas que decoran as paredes do antigo restaurante Fornos.

As pinturas datan de mediados do século XX, tal e como figura na inscrición dunha delas -24 de febreiro de 1951- e están realizadas coa técnica “a secco” e pintura ao aceite.
A condición do local de hostalaría fixo que durante anos os murais estiveran expostos a fumes e vapores, procedentes da cociña así como do tabaco, oxidando a capa pictórica afectada por outros condicionantes como a ventilación, humidade e iluminación do espazo.

Os técnicos indican que as pinturas están en mal estado de conservación, mais son recuperables. É precisa unha actuación inmediata. “Os murais están catalogados e protexidos e os seus donos teñen a obriga de garantir a súa conservación”, sinalan dende o Concello. De non responder ou non acometer as medidas de conservación necesarias, será o Concello o que actúe de forma subsidiaria.