InicioDEPORTESMario, o necesario

Mario, o necesario

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 33 (23/04/23)
  • Depor – Ceuta (1 – 0) – 3º clasificado, en playoff de ascenso
  • 26º partido de Oscar Cano (14V 7E 5D), a 2 puntos do líder Alcorcón

—-

Co pasar das xornadas hai xogadores que van gañando peso no equipo e xogadores que desaparecen sen deixar rastro. Nestas alturas da tempada faise un xuízo dos acertos e dos fallos da planificación do verán. E, dende logo, que foi un acerto manter a Mario Soriano na lista final de xogadores.

Mario é tremendamente regular. Xoga nunha posición que no fútbol moderno tende a desaparecer e que so xogadores como el son capaces de separar. Mario amosa unha calidade técnica abraiante, ten bo tiro dende fora da área, chega con certa facilidade ó remate, ten gol, recupera moitos balóns na primeira liña do ataque e, o máis importante para un medio, unha capacidade brutal de asociación cos dianteiros. Por todo isto, Mario foi un fixo no seu primeiro ano e este ano foi das primeiras fichaxes, ben polo seu interese por retornar, ben pola necesidade do Depor por contar con un perfil escaso deste tipo de xogador no mercado. A importancia de Mario mídese tamén nos minutos xogados, xa que é o terceiro que máis xoga só por detrás, de Ian Mackay e do insubstituíble Alberto Quiles.

Tranquiliza saber que lle queda un ano máis de contrato co Depor e apetece velo en loitas maiores en categorías superiores. Faría ben o Depor en rodealo de mozos dese Fabril recen ascendido e empezar a encher o depósito de orgullo patrio do que tanto presumimos os deportivistas. Pasan os anos, máis pequena é a categoría e maior o sentimento de pertenza ó clube. ¡Cousas veredes!.

Polo demais, a competición entra no momento no que cada gol vale ouro, de cada córner celébrase coma un penalti e que cada gol ó rival celébrase coma un propio. Restan cinco partidos nas que as opcións de liderato do Depor quedan reducidas a catro vitorias e so un fallo. Pouca marxe para tanta necesidade.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here