- Xornada 35 (07/05/23)
- Depor – Alcorcón (0 – 0) – 4º clasificado, en playoff de ascenso
- 28º partido de Oscar Cano (14V 9E 5D), a 4 puntos do líder Alcorcón
——
Aquelo que chamaba Vítor Fernández “autodestrución”, iso que chaman os máis vellos “meigallo” e que agora as novas xeracións chaman “karma”, pois todo iso é o que define o cheirume a negativo arredor do Depor.
Porque negativo é o percorrido do equipo na segunda volta e unha mágoa, o das última xornadas. Costa crer que o equipo chegue tan xusto de forzas e de actitude ó tramo final da competición. Os partidos de Ferrol, Córdoba e Alcorcón medirían as nosas capacidades competitivas e darían unha sinal polo que iamos loitar en maio. Resultado: decepción de xogo, un gol a favor nos tres partidos, Lucas e Quiles lesionados para o que queda de Liga e playoff e máis lonxe do liderato que antes deses encontros.
Negativo tamén a seguir contando con Óscar Cano como adestrador. Non entra nas mentes deportivistas que fulminaran a Borja Jimenez na xornada 7 de campionato, despois de demostrar máis capacidade que o seu substituto. Cómpre lembrar que Borja, o ano pasado con peores xogadores e menos recursos, sumou 74 puntos na competición (máis puntos que o líder Andorra do grupo 2 da Primeira RFEF) e chegou co equipo moi metido na competición e crendo na posibilidade de ascenso. Tan só 11 minutos tiraron pola borda o bo traballo de Borja, pero a actitude e o sacrifico daba mil voltas ó deste ano. Este ano nada é igual.
Porque negativo e ter en contra a afección. Eses que levamos pedindo a coro a dimisión de Cano dende a ridícula derrota en León. Pouca xente atrévese a crer no ascenso con tantas cousas en contra. Somos moitos as que as vimos de todas as cores e sabemos que un ano máis tocará seguir metidos no barro desta funesta competición. Polo menos este ano non temos que andar sufrindo Albacetes, Mallorcas ou Fuenlabradas e podemos pensar xa no novo adestrador do Depor para tentar o ascenso, esta vez si, o ano que vén.
- Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.
MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR
- UNHA VISITA Á CAPELA ARDENTE DE ARSENIO IGLESIAS
- MORRE ARSENIO, O REI DO DEPORTIVO
- Miguel Barreiro: Querido Playoff…
- Miguel Barreiro: Mario, o necesario.
- Miguel Barreiro: Os pecados de Cano.
- Miguel Barreiro: Benvidos á Festa.
- Miguel Barreiro: Riazor como arma electoral.
- Miguel Barreiro: Riazor chora o pasamento de Dani Fieño Llerafo.
- Miguel Barreiro: Moito troco, pouco resultado.
- Miguel Barreiro: Chega marzo.
- Miguel Barreiro: Menuda lata o de viaxar.
- Miguel Barreiro: Canguelo lonxe de Riazor.
- Miguel Barreiro: Outro día na oficina.
- Miguel Barreiro: Saíu Cruz.
- Mguel Barreiro: Resorte Branquiazul.
- Miguel Barreiro: Sacando Conclusións.
- Miguel Barreiro: Lucas e a nova dimensión.
- Con vós, Canto Deportivo.
- Entrevista a Augusto: “Fai falta #gentedefútbol“.
- Entrevista a CuantoSufrimos: “O Dépor tráenos moitos disgustos pero o podcast só alegrías”