InicioSOCIEDADEO TSXG acolle o luns a vista de apelación do home que...

O TSXG acolle o luns a vista de apelación do home que presuntamente asasinou ao seu ‘camello’ no Barrio das Flores

Publicada o

Por Ángela Precedo

A sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acollerá este luns, día 11, a vista de apelación contra a sentenza pola que se condenou a 21 anos de prisión a un home acusado de asasinar en setembro de 2021 a un coñecido no Barrio das Flores da Coruña.

A sentenza da Audiencia Provincial da Coruña era consecuente co veredicto do xurado popular, que declarou ao home culpable do asasinato do seu coñecido, ao que debía diñeiro pola subministración de drogas. Durante o xuízo, o procesado declarouse inocente e só admitiu que o día dos feitos, o 23 de setembro de 2021, achegouse a casa do acusado (a vítima apareceu no seu domicilio con 18 puñaladas) para pagarlle a débeda que tiña con el pola compra de estupefacientes, pero que non lle abriu ninguén. Tamén sostivo que, tras esperar un tempo, marchouse.

Respecto dos restos do seu ADN atopados no escenario do crime, o procesado argumentou que entraba na vivenda da vítima “habitualmente” e pasaba alí “en ocasións, ata tres ou catro horas consumindo”. Non entanto, o xurado popular considerouno culpable dos feitos e a Audiencia impúxolle unha pena de 21 anos de prisión, que a súa defensa recorreu alegando que non existen probas de que participase no crime.

ÚLTIMAS

A Xunta reclama á Coruña máis solo para vivenda pública ante o bloqueo dunha parcela en Xuxán

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, remitiu unha carta...

Inés Rey reforza a colaboración co novo director da Aesia para consolidar A Coruña como referente tecnolóxico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mantivo esta mañá unha reunión institucional con Alberto...

A Coruña presume de “conter” o aluguer na cidade tras aplicar a zona tensionada

O goberno local da Coruña incidiu na consolidación da "contención" do aluguer desde a...

Unha tortilla contaminada por salmonelose, probable causa da contaminación no IES Elviña

A Consellería de Sanidade informou de que o brote gastrointestinal que afecta desde o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here