InicioDEPORTESDilema branquiazul

Dilema branquiazul

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 16 – Depor 1 – Sestao River 1
  • Imanol Idiakez volve a poñer o seu cargo pendente dun fío.
  • Décimo sexto partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (5V 8E 3D). Pode haber tortilla a próxima semana con Imanol como protagonista.

— — —

Volve a inestabilidade e o nerviosismo ao entorno branquiazul. Nin unha semana tranquila no seo do equipo, nin un domingo tranquilo para a afección. Un novo tropezo na casa contra un rival modesto da categoría que volve pescar puntos nas augas revoltas dun equipo que non atopa seu lugar no que vai de tempada. Sabido é que este ano non iremos polo liderato e, pode que tampouco, polo playoff, así que haberá que pensar en coma aproveitar esta tempada e que non todo sexan malas noticias.

E por ese camiño é polo que ven o dilema que se lle presenta ao club nesta tempada 23/24. O escenario é coñecido: moitos trocos na estrutura do clube en verán tralo fracaso de Castellón, mala selección das fichaxes, mala configuración de plantilla, non se acerta co míster, rendemento nulo da metade dos xogadores e, claro está, pésimos resultados no que vai de tempada. Poderiamos quedar neste punto ata xuño, maldicindo cada novo empate e derrotas que vaian vindo ou poderiamos debullar un escenario de crecemento.

E é aquí onde se expoñe o dilema: que prefire a afección do Depor para o que resta de tempada: pelexar pola sexta praza cos nervios a flor de pel e cun ambiente irrespirable de aquí a xuño ou aceptar a realidade competitiva destes maulas e comezar a formar xogadores do Fabril para un novo intento de ascenso na vindeira tempada? É un feito que Yeremay, Mella e Barcia amosan crecemento suficiente para formar parte do once branquiazul con garantías. Habería que reforzar esta idea con 2/3 rapaces máis da canteira e seleccionar ben as fichaxes do ano que vén.

Xa confirmo que a un servidor gústalle máis a idea dos canteráns, pola porta ao crecemento que ofrece ao club a medio prazo. Total xa estamos fartos de andar tirando os cartos e a paciencia en medianías que nada aportan ao sentimento de pertenza ao club e que nada conseguen no campo. Ano tras ano, repítese a mesma historia é hora de apostar por algo ben diferente. E ti de quen ves sendo: maulas e playoff ou canteráns e futuro?


  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here