InicioBARRIOSUn Nadal quente co punto de calor-café de Sísifo no Barrio das...

Un Nadal quente co punto de calor-café de Sísifo no Barrio das Flores

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Son datas moi difíciles para as xentes con menos recursos. O Nadal fainos volver, á meirande parte da sociedade, ao seo da familia, pero son moitas as persoas que non teñen familia coa que ir pasar a Noiteboa ou a noite de Fin de Ano. Hai xente que, nin sequera, pode dispoñer dalgo quente para cear.

Coa intención de ofrecer un detalle que permita converter estas dúas datas en algo especial, por pequeno que sexa, a Fundación Érguete, no seu punto de calor-café do programa Sísifo, desenvolve a campaña “Nadal Solidario”, gracias á colaboración da Fundación la Caixa. Unha campaña que xa leva anos realizándose, e que xa é unha tradición entre as persoas que non teñen fogar ou que teñen menos recursos, como acontece coa indispensable Cociña Económica.

E por pequeno que sexa o detalle (un polo asado con patacas, uns bombóns e unha mantiña), a xente amósase tremendamente agradecida coas educadoras sociais Carolina López Lima e Sueli Aller,que realizaron o reparto nesta mañá de dominto 31 de decembro (como o día de Noiteboa) e que contaron coa colaboración dos pequenos Telmo e Mauro, que se animaron a darlle así un toque aínda máis especial a xornada solidaria.

Nadal Solidario en Sisifo Coruna
Telmo e Mauro colaboraron co reparto

Sísifo

O agarimo que destilan as conversas entre as case 50 persoas que pasaron polo local de Sísifo, situado no Barrio das Flores, e as profesionais, dan conta da necesidade de que haia entidades que traballan directamente a pé de rúa.

O programa Sísifo leva en Coruña dende 2006, e permite que xentes sen fogar dispoñan dun lugar onde poden almozar, ducharse, lavar a roupa, cargar o móbil… ou tamén recibir apoio psicolóxico das profesionais, e mesmo axuda e acompañamento para pedir e acodir a citas médicas ou outras máis burocráticas.

Un servizo realizando dende o respecto máximo e o cariño que culmina con novas como as que vivimos esta mesma mañá: Jesús (nome ficticio), un usuario habitual, vén de atopar traballo, e marcha para Santiago absolutamente convencido de quere pasar páxina, de que non quere estropearse máis a vida coas drogas, e de que está preparado para volver a unha vida normal.

Carolina Lopez Lima e Sueli Aller no Nadal Solidario en Sisifo Coruna
Carolina López Lima e Sueli Aller no Nadal Solidario en Sísifo

Non todo foron boas novas, Leticia (nome tamén ficticio doutra usuaria) non puido acodir por segue con grandes problemas de pulmón e foi a sua parella a que se achegou polo polo asado; ou María, que acaba de perder ao seu pai e aínda non ten forzas para esinar o seu sorriso habitual a pesar da escasa dentadura que lle queda despois de loitar moitos anos contra as drogas.

Cando menos, Óscar, Leticia e María, ademais doutras máis de 40 persoas, terán un polo asado ben rico que levar á boca esta noite de Fin de Ano.

 

Máis novas

Fundación Érguete: “Ata que o sistema penintenciario non saia á rúa, non haberá unha reinserción real”

Humanizar os patios das escolas para humanizar as persoas privadas de liberdade

 

ÚLTIMAS

Yolanda Díaz anuncia que visitará A Coruña para promover a redución da xornada laboral

A líder de Sumar, Yolanda Díaz, puxo o foco en acometer canto antes a...

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here