InicioECONOMÍAA Cultura de Vivir, a nova imaxe turística

A Cultura de Vivir, a nova imaxe turística

Publicada o

Por editor

Personalidades como Rodrigo Vázquez, Yolanda Castaño, Xoel López, Nacho Carretero ou David Amor acompañaron onte como embaixadores da cidade á alcaldesa Inés Rey na presentación da nova marca de promoción turística da cidade herculina. “A Coruña, cultura de vivir” é o novo lema estreado onte, na previa da FITUR, no centro cultural madrileño La Casa Encencida no que o concello trata de poñer en valor o “carácter coruñés”.

A alcaldesa agradeceulle aos presentes que a acompañaran no acto así como aos embaixadores que se sumaran ao reto. “Cómo no, gracias también a ellos somos la ciudad de la cultura, la gran capital ilustrada de Galicia, la que mejor supo entender nuestra identidad para proyectarla con vocación universal, atlántica”, explicou.

Como mostra da gastronomía coruñesa, baseada na vangarda, o evento contou cunha degustación da man de Coruña Cociña. Distribuíronse cinco estacións salgadas e unha doce, con pratos elaborados polos cociñeiros Gorka Rodríguez, Javier Freijeiro, Moncho Bargo, Antonio Amenedo, Álvaro Victoriano e Pablo Morales.

A presentación serviu para lembrar que este ano 2024 conmemóranse 15 anos dende que a Torre de Hércules foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o pasado 27 de xuño do 2009. En referencia á efeméride, a cidade acollerá “un evento especial” e que será un dos eixes clave da estratexia turística de 2024 que se presenta este mércores en FITUR.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here