InicioARTEIXOEn marcha as primeiras medidas para atallar a vaga de delincuencia en...

En marcha as primeiras medidas para atallar a vaga de delincuencia en Meicende

Publicada o

Por editor

Esta semana a asociación veciñal de Meicende, varios comerciantes e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, foron recibidos na subdelegación do Goberno para analizar como afrontar a nova vaga de delincuencia provocada polo empurre da heroína que sofre este barrio situado entre A Coruña e Arteixo.

A veciñanza valora positivamente certos acordos chegados coa administración, como ter máis presenza na zona a través da creación dun corredor entre a Garda Civil e o Concello, que poida disuadir e facer fronte aos continuos roubos que se están a dar, e devolver á veciñanza a tranquilidade de saír á rúa.

A Garda Civil informou que están a traballar internamente para paralizar os puntos de venda e as ocupacións, que hai algúns puntos xa avanzados nas investigacións e que seguen traballando para eliminalos.

Ademais, “van ir dar unha charla aos veciños para informarnos de como proceder se nos sentimos en perigo ou se vemos algo que pensamos que temos que comunicar ou denunciar, así como métodos dixitais de axuda, aplicacióna, queixas en liña… Basicamente información para saber que dereitos e deberes temos e como actuar con coñecemento”, explica Mariví Novoa, unha das comerciantes presentes na reunión.

Pola súa parte, o Concello aposta por mellorar determinados espazos para facelos máis seguros, con cámaras de tráfico, iluminación… para contar con zonas que dean seguridade á veciñanza á hora de desprazarse.

Agora, representantes da Asociación e dos comerciantes van organizar unha reunión veciñal para aclarar dúbidas. Se ben non descartan mobilización, “polo momento non contemplamos unha manifestación nin nada alleo á vía pacífica xa que consideramos que tanto Concello como forzas da orde e delegación do goberno nos escoitaron e foron reaccionando ás nosas peticións en pouco tempo, esperemos que siga así”, sinala Novoa.

Máis novas

Solicitan a cesión da parcela ocupada do polígono da Artística como medida contra a delincuencia en Meicende

Meicende, outro barrio que sofre a vaga de roubos pola expansión da heroína

ÚLTIMAS

“Cumprir a lei”: Ángeles Vázquez demanda cambios na planta de tratamento de residuos de Nostián

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, instou ao Concello da Coruña a "cumprir...

Mariscadores da ría do Burgo: “Deixaronnos tirados na rúa”

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo demandaron o pago de axudas mentres non poidan faenar...

As peticións da rapazada para unha Coruña que pense neles: “Mellora dos parques, máis natureza e as boas relacións”

Esta pasada tarde de luns celebrouse no salón de plenos de María Pita unha...

Os Manicómicos, finalistas do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

Son parte intrínseca do tecido cultural da cidade. Levan 20 anos formando parte das...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here