InicioBARRIOS“La Flor de Jamón” xa ten o seu documental

“La Flor de Jamón” xa ten o seu documental

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Dende o ano 1962 “La Flor del Jamón” é unha das jamonerías máis miticas de Coruña. Moitas xeracións lembramos parar a mercar o bocata do mellor xamón e mellor queixo da cidade antes, durante ou despois da xornada de praia. Adolescentes, xente nova ou xentes de toda a vida saben gozar deste sitio auténtico, dos poucos que quedan nunha cidade onde todo cambia, onde todo se “moderniza”.

Esa maxia de xenuinidade notárono Lola, unha francesa, e Andrew, un estadounidense que levan varios anos afincados na Coruña. Notaron ese feitizo que teñen as formas bruscas das Loli, Manolo e Yoli, que viñeron da Laracha ao centro da cidade (en plena Cordelería está a jamonería) para manter un negocio que xa rondaba os 40 anos de idade.

Lola e Andrew en “La flor del Jamón”-Foto-Javi Quiroga O Novo Normal
Lola e Andrew en “La flor del Jamón”-Foto-Javi Quiroga O Novo Normal

Lola e Andrew quixeron render homenaxe a este espazo con este singular documental. Deixamos aquí o vídeo documental, e abaixo o contexto, que o explica moito mellor Javi Quiroga, de O Novo Normal, que ademais ponlle voz ao documental.

La Flor del Jamón from Andrew Finkelman on Vimeo.

 

Máis novas

Javi Quiroga de “O Novo Normal”: “Moitas veces pasamos pola vida demasiado rápido. E pasan cousas guais”

ÚLTIMAS

A Audiencia da Coruña xulga catro homes por golpear e apuñalar con doce coiteladas un mozo no Orzán

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acollerá os días 16, 17 e...

As familias da ANPA do CEIP Prácticas manteñen viva a loita por unha escola digna

As familias da ANPA do CEIP Prácticas xa non aturan máis. Levan 2 anos...

Labañou e Palavea, epicentros festeiros da fin de semana

Os barrios de Labañou e Palavea serán os centros culturais e festexeiros esta fin...

A caseta dos falcóns do aeroporto sofre un incendio que xa foi extinguido

Un lume iniciado na caseta dos falcóns do Aeroporto da Coruña este sábado foi...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here