InicioA CORUÑANovo tenso pleno con carácter urbanístico

Novo tenso pleno con carácter urbanístico

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Celebrouse esta mañá outro longo e tenso pleno no pazo de María Pita, con numerosos turnos de palabra nos que apenas se falaban das mocións formuladas, e se aproveitaban para lanzarse críticas cruzadas. Como foi o longo e inútil debate entre Lage Tuñas, voceiro do goberno socialista, e Miguel Lorenzo, voceiro do PP, sobre autocracia, participación cidadá ou coruñesismo no canto de falar sobre a ordenanza número 42, (reguladora do prezo público pola subministración de auga potabl) que foi, por certo, aprobada por unanimidade.

”Vostede é a autocracia se falamos a nivel municipal”, incidiu na súa liña das últimas semanas Lorenzo en contra do que considera a “o alcalde de facto”.
Reseñable tamén a dura crítica da edil do BNG, Avia Veira, lamentando a “hipocresía do PP que na Coruña esixen participación veciñal criticando a modificación do escano cidadán, cando na Xunta se pasan por onde queren as Iniciativas Lexislativas Populares”.

Lage Tunas fixo de alcalde por momentos no pleno
Lage Tunas fixo de alcalde por momentos no pleno ante a ausencia momentánea da rexedora

Con todo, o Pleno comezaba informando da desestimación das alegacións dos Orzamentos Municipais deste ano, e que supón a súa entrada en vigor desde mañá tras a publicación das contas no BOP.

Licenzas Urbanísticas

A pesar das longas intervencións, que nada ou pouco tiñan que ver cos temas, foron aprobadas por unanimidade varias mocións sobre temas urbanísticos.

Por un lado aprobáronse estudos de detalle correspondentes a catro parcelas (Z4-R1L, Z4-R5P, Z4-R11LA e Z4-R11LB ) do polígono urbanístico de Visma, promovida Visma Homes. Un trámite necesario para emitir, posteriormente, a licenza de obra construtiva, que abrirá camiño a catro novos bloques residenciais entre os que haberá vivenda libre e tamén protexida. O edil de Urbanismo sinalou que o estudo garante que os usos privados non altera as zonas de paso públicos, e que permitirán compaxinar as obras de urbanización pública e as urbanizacións privadas.

Así mesmo, tamén se aprobou a definitiva do estudo de detalle no API P25.2 da Falperra, para urbanizar a zona que hai entre a pista da Falperra e a Ronda de Nelle, que conta unha pendente excesiva, e que formula a creación dun espazo urbanizado a base de construción de rampas con áreas de descanso para salvar o desnivel, e que permitirá a obteción de solo residencial municipal para vivendas sociais.

Tamén se aprobou, coa abstención do PP, e os votos de PSOE e BNG, a comparecencia municipalno proceso de denuncia de Metrovacesa contra a moción aprobaba para a suspensión do proxecto actual das Percebeiras. Foi claro o edil Fran Dinís, lembrando a inclusión por parte do goberno do PP de 15.000 m2 entre a aprobación inicial e a provisional como elemento clave para rexeitar o proxecto actual.

Os edís do BNG recoñeceron non estar dacordo coa excesiva intesidade do megaproxecto urbanístico de Visma, pero que non podían outra cousa que acatar o recollido no PXOM. Aproveitou aí o PP para criticar o doble rasero do BNG ante as promocións das Percebeiras e de Visma.

Zonas verdes

Na quenda de mocións dos partidos, destaca a lembranza do BNG para rescatar do caixón proxectos clave para a cidade como o parque da Agra, Vixía e Monte Martelo. Con todo, a edil Noemí Díaz non respondeu a esta petición e se remitiu unicamente ás alusións do PP sobre a falta de accións contra especies invasoras, lanzando balóns aos tellado da Xunta.

Distincións a persoal municipal

Outro dos asuntos destacados na orde do día do Pleno foi a aprobación da concesión das distincións policiais por traxectoria profesional exemplar, mérito e felicitacións públicas correspondentes a este ano.

Levarán a medalla ao mérito da Policía Local, con distintivo vermello, a Rubén Álvarez Hermida e Antonio Pedro Vilar Perón, inspector do corpo e técnico medio de Bioloxía Mariña do Concello. Hermida e Vilar foron clave para lle salvar a vida dunha persoa de 52 anos que se lanzou ao mar na Coruña hai case un ano.

Ademais, concederáselles a medalla ao mérito policial, con distintivo azul, ao superintendente José Antonio Brandariz Castelo, ao oficial Iván Ramos Cadierno e aos policías Abel Rodríguez López, Juan Manuel Brea Asorey e Carlos Sanjurjo Lorenzo.

Tamén se lles deu luz verde ás felicitacións públicas a Miguel Ángel González Arias (xeneral xefe da Garda Civil en Galicia), Alejandro Maceiras Bastida (xefe provincial da Coruña da Unidade de Policía Nacional), José Ángel Corral Segade (da agrupación de Tráfico da Garda Civil), Diego García Castro (responsable do Gabinete Técnico da Policía Nacional) e tanto a Manuel Sánchez Enjamio como a Alberto Arias Álvarez (ambos da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá da Policía Nacional na Coruña).

Máis novas

 

ÚLTIMAS

Detido un mozo por agredir a persoal sanitario dun centro de saúde da Coruña

Un mozo foi detido na Coruña por agresión a persoal sanitario dun centro de...

1,2 millóns de euros para o plan de protección e reforma da Torre de Hércules

Esta mañá o Concello deu a coñecer o Plan Especial de Protección e Reforma...

Gómez Caamaño, sobre se existe posibilidade de ter unha facultade de Medicina na Coruña: “Non o sei, non son adiviño”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, falou este mércores sobre a reivindicación da Universidade da Coruña de...

Inés Rey presentarase á reeleción para liderar o PSOE coruñés: “Haberá renovación”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou que se presentará á reelección para liderar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here