InicioSUCESOSNegan a liberdade baixo fianza dos policías acusados de matar a Diego...

Negan a liberdade baixo fianza dos policías acusados de matar a Diego Bello

Publicada o

Por monchomarino

O Tribunal de Primeira Instancia Rexional da República de Filipinas negou a liberdade baixo fianza dos policías acusados de matar o coruñés Diego Bello.

Así o informan desde a súa contorna familiar, que explican que esta decisión afecta os tres policías procesados e que enfrontan acusacións de asasinato e suplantación de probas en relación coa morte do novo, en xaneiro de 2020, na illa filipina de Siargao.

De acordo coa investigación, non houbo un enfrontamento armado co mozo, como sostiveron inicialmente os axentes. Ademais, o informe forense indica que Bello foi alcanzado por disparos mentres xa se atopaba no chan.

O Tribunal considerou que a evidencia presentada pola Fiscalía é contundente, o que impide conceder a liberdade baixo fianza aos acusados.

Tras coñecer a decisión do Tribunal, a familia de Diego Bello expresa a súa satisfacción polo avance xudicial, considerándoo un paso crucial na procura de “xustiza”.

Con todo, manteñen unha actitude cautelosa e prudente, “conscientes de que o proceso aínda non concluíu e que a sentenza definitiva será determinante para que se faga plena xustiza”, remarcan nun comunicado.

ÚLTIMAS

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here