InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOAs persoas en réxime de semiliberdade que seguen loitando contras as cabichas

As persoas en réxime de semiliberdade que seguen loitando contras as cabichas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Nova xornada limpeza da praia de Santo Amaro a pasada semana no marco do Proxecto Entre Crebas. 22 persoas residentes no Centro de Inserción Social e 2 voluntarios da entidade promotora, Mar de Fábula, acodiron para realizar unha destas limpezas medioambientais que acaban sendo moi útiles no proceso de reinserción social para as persoas que cumpren a última parte da súa condena. Un xeito, o de limpar e concienciar, de decatarse de que forman parte dunha comunidade, e que coidar do común é algo necesario para vivir en comunidade.

A limpeza volve ter unhas protagonistas especiais: as cabichas. Porque desta vez o mar non quixo abrir de todo as súas portas, e se rexistrou un 40% menos de refugallos que os atopados o mes anterior.

O que non conseguimos cambiar son as dinámicas das persoas fumadoras usuarias do areal, que seguen sen levar de volta as súas cabichas. A limpeza recolleu 208 cabichas….

A entidade continuará coa labor social e medioambiental este mércores na praia de Riazor nunha xornada colaborativa:

Mar de Fábula celebra a Semana dos Océanos con dúas limpezas colaborativas e sociais en Riazor e Camelle

A incansable loita contra as cabichas nas praias

A praia de Santo Amaro volveu recibir a visita dos salvadores do CIS e Mar de Fábula

 

 

ÚLTIMAS

O pleno da Coruña aproba de forma definitiva un orzamento de 375 millóns

O pleno da Coruña aprobou, de forma definitiva (cos votos a favor do PSOE...

Os docentes do Programa de Lecer deciden emprender accións de presión

Continúa asituación de incerteza entre o máis de medio centenar de docentes dos Cursos...

O Deporte coruñés únese ao Brazalete da Esperanza

Fermosa iniciativa a que se vivirá esta fin de semana co gallo do Día...

Afectadas dúas persoas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora en Matogrande

Dúas persoas resultaron intoxicadas por inhalación de fume tras arder unha campá extractora nunha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here