InicioBARRIOSEirís, Elviña e o centro acollen os últimos encontros sobre a reformulación...

Eirís, Elviña e o centro acollen os últimos encontros sobre a reformulación do bus urbano

Publicada o

Por editor

Acolleu o Centro Cívico de Eirís acolleu onte a penúltima sesión participativa sobre o futuro do transporte urbano. A cita deste xoves 12 no Centro Cívico de Elviña e do sábado 14 no Circo de Artesáns pecharán un percorrido polos diferentes barrios da cidade onde o Concello foi recollendo as principais demandas da cidadanía en relación co actual servizo de autobús, para telas en conta de cara ao novo contrato do servizo de autobús urbano que se asinará antes de que remate o ano.

Durante a sesión, o equipo técnico responsable do estudo de mobilidade expuxo os principais datos de desprazamento do distrito 8, que abrangue barrios como Eirís, Pedralonga, Palavea e Xuxán. A actividade incluíu unha dinámica participativa onde as persoas asistentes puideron
identificar necesidades e propoñer melloras en aspectos como a frecuencia das liñas, as conexións intermodais, a accesibilidade ou a cobertura do servizo.

Propostas da veciñanza

O distrito 8 ten unha poboación estimada de 11.267 habitantes e está atendido por 8 liñas de autobús urbano (1, 1A, 2A, 12, 12A, 17, 20, 22, 24), cun total de 37 paradas.

Segundo os resultados da enquisa realizada durante a sesión, os prezos foron o aspecto mellor valorado, cunha puntuación media de 7,6 sobre 10, seguidos pola accesibilidade (6,8) e a calidade das liñas e paradas (6,2).

En cambio, a frecuencia das liñas (4,1) e a intermodalidade (4,5) recibiron as puntuacións máis baixas, o que evidencia a necesidade de melloras nestes ámbitos, así como a adaptación do servizo a eventos masivo.

As persoas interesadas en participar nos Encontros de Barrio de Elviña ou o centro poden facelo dende esta ligazón.

Máis novas

A conexión cos hospitais e a ampliación do autobús nocturno, entre as principais demandas do plan de bus urbano

O uso do bus urbano medrou un 20% nos últimos 5 anos

 

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here