InicioBARRIOSBandas históricas do pun estatal comparten protagonismo coas bandas locais no Flores...

Bandas históricas do pun estatal comparten protagonismo coas bandas locais no Flores Rock 

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Barrio das Flores vivirá esta fin de semana unha nova edición do festival Flores Rock, un das grandes celebracións anuais do distrito coruñés, e que volverá ao grande con grupos como Konflikto, Soziedad Alkoholica, Benito Kamelas e Dirkschneider como varios dos pratos fortes desta edición.

A Plataforma Veciñal do Barrio das Flores quere ademais dar visibilidade ás bandas locais, e actuarán os gañadores da batalla de bandas que se celebra no mes de maio: os ferroláns Far Away Place e os metaleiros herculinos Nucleus.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Nuclēus (@nucleus_official)

Arrincará o venres 5 e, ata o domingo 7, serán tres días consecutivos de festexos en puntos como a praza do Sol Nacente e a praza central do barrio.

A primeira xornada, a do venres 5, contará coas actuacións de Far Away Place (20.00 horas), Nashgul (21.15), Dirkschneider (22.30) e o peche de Dark Embrace (00.15).

Xa o sábado 6, a partir do mediodía, haberá actividades e concertos: a actuación de Costas (13.15), o espectáculo de Pako Pakolas para o público infantil (18.00) e, a continuación, arrincarán as actuacións previstas entre a tarde e a noite, con Raiade (19.00), Benito Kamelas (20.15), Konflikto (22.00), Demenzia Sozial (22.50), Soziedad Alkoholica (23.35) e Nucleus (01.20).

O peche desta edición terá lugar o domingo 7. Novamente, con actividades para todos os
públicos. A partir das 11.00, a gran praza central do barrio acollerá o Mercado do Flores,
que se prolongará durante todo o día, ata as 20.00 horas. Haberá tempo para disfrutar das
actuacións de Maghúa (12.15), Duo Chili (13.15), Collón de Lola (14.15) e Yaya DJ (15.30).

 

 

ÚLTIMAS

O BNG volve preguntar polo prometido hai 10 meses, concurso para designar a dirección da Fundación Luís Seoane

Xa pasaron case 10 meses dende que o Xornal da Couña destapaba o escandaloso...

Adxudicado o novo equipamento de radioloxía do CHUAC

A Consellería de Sanidade publicou no Portal de Contratos de Galicia a adxudicación, á...

Miguel Lorenzo derrogará a declaración de zona tensionada da Coruña se chega á alcaldía

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Coruña, Miguel Lorenzo, anunciou o seu...

Controlado un conato de incendio no lugar das Rañas en San Cistovo das Viñas

  Un conato de incendio declarado este xoves nas Rañas, na Coruña, deuse por controlado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here