InicioMOV. SOCIAISAcampa pola Paz fai un chamamento de urxencia a toda a sociedade...

Acampa pola Paz fai un chamamento de urxencia a toda a sociedade para esixir o fin do xenocidio en Gaza

Publicada o

Por editor

A pesar de non poder ter desenvolto o Encontro Internacional este pasado mes de xuño pola rebaixa da aportación municipal, a Rede Acampa pola Paz segue moi viva e moi comprometida co pobo palestino.

En cada unha das súas edicións sempre houbo un espazo para a ocupación das terras palestinas por parte do goberno sionista de Israel (o último, o recoñecemento á Defensa dos Dereitos Humanos ao oftalmólogo e activista palestino Mohammed Safa), pero para o Movemento Acampa, despois de 2 anos asistindo en directo a un xenocidio, chegou o momento de dar unha inmensa resposta unitaria, de que a forza cívica conflúa. “Todas e todos xuntos temos o deber de parar este sufrimento insoportable. É tempo de unidade e de tomar as rúas coa bandeira dos DDHH que, neste momento da historia, está máis que representada na bandeira palestina”, sinalan.

Diríxense así publicamente “a todas as organizacións que integran a súa rede, aos partidos políticos, sindicatos, ONGs, asociacións e entidades de todo tipo para que, por unha vez desde a unidade, levanten a voz e tomen as rúas baixo a bandeira dos DDHH que neste momento da historia está máis que representada na bandeira palestina”. Convida pois a todos a sumarse “ás mobilizacións e á confluencia da forza cívica para que o berro social sexa enxordecedor”.

Gaza, a fame xenocida. FOTO de Majdi Fathi
Gaza, a fame xenocida. FOTO de Majdi Fathi

“Vemos como a sociedade mobilízase por todas partes e de todas as formas posibles pero aínda así os gobernos, que teñen a capacidade de exercer a presión necesaria para poñer fin a esta barbarie, seguen plegados aos intereses xenocidas do goberno de Israel contra a vontade mesma das súas poboacións”, aseguran desde a organización. Por iso, Acampa chama á acción. É necesaria unha resposta unitaria, “conscientes de que a estratexia de exterminio do pobo palestino avanza como un laboratorio de impunidade, como un test de valoración da capacidade de resposta da humanidade, para aplicar a mesma receita noutros territorios”.

“Se perdemos Gaza, se permitimos o exterminio do pobo palestino, renunciamos á idea de que os Dereitos Humanos son un valor internacional que debe ser defendido e respectado”, insisten. Por iso é esencial rearmar os DDHH e conseguir que a Corte Penal Internacional xulgue por crimes de guerra aos responsables desta barbarie.

Máis novas

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

O embaixador de Palestina en España, desde Oleiros: “Ninguén pode sentirse nin afastado nin alleo ao que ocorre”

Os recoñecementos á Defensa dos DDHH da Rede Acampa pola Paz terán cores palestinas

Os múltiples impactos do Encontro da Rede Acampa pola Paz

 

ÚLTIMAS

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

Moito se fala nos medios do inxente e magnífico traballo das entidades sociais da...

Sumar Coruña reclama responsabilidades políticas pola crise na Fundación Luis Seoane

Movemento Sumar Coruña manifesta o seu apoio total ao manifesto asinado por máis de...

LAMA ZETA rescatou o espírito do Mercado das flores de María Pita

A primeira edición do mercado LAMA ZETA tiña como obxectivo recuperar o espírito do...

Xurxo Souto lanza “A novela do Bravú”

Sae do prelo esta semana, pero Xurxo Souto xa algunha data de presentación do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here