InicioCULTURAOs murais de Lugrís da rúa Olmos xa son BIC

Os murais de Lugrís da rúa Olmos xa son BIC

Publicada o

Por editor

Hai ano e medio que a Xunta iniciaba o expediente para declarar Ben de Interese Cultural os murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos. Este luns a Xunta vén de anunciar a aprobación definitiva como BIC dos 12 murais que esmorecen no edificio abandonado.

O Consello da Xunta aprobaba a catalogación dos “murais polo seu valor cultural sobranceiro”, e consegue evitar así que os murais pasen a mans privadas, buscando ademais a fórmula para que os murais fiquen no lugar onde foron concebidos, xa que as obras foron creadas en 1951 para o histórico Restaurante Fornos.

Despois de 5 anos de peche do último local de hostalería aberto no lugar, o abandono do edificio pon en risco a conservación das obras de arte, como vén denunciando durante anos o colectivo O Mural e a Asoc. In Nave Civitas.

Máis novas

O Mural denuncia que unha fiestra aberta aumenta os riscos do frescos de Lugrís nos Olmos

O Mural advirte que a inactividade da Xunta e Concello causa máis danos nos Murais de Lugrís do Olmo

A Xunta propón recuperar e expoñer os murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos

 

A Xunta publicará este martes no DOG a incoación para declarar BIC os murais de Lugrís na Coruña

ÚLTIMAS

Os médicos manteñen as moblizacións por un convenio propio mentres avanzan as negociacións coa Xunta

O sindicato O'Mega mantén o calendario de folga e de mobilizacións para conseguir un...

Xa hai datas para as inscricións nos campamentos municipais de verán

Presentou hoxe o Concello da Coruña o programa dos necesarios Campamentos municipais de Verán....

Preguntan pola normalización do topónimo da empresa pública EMALCSA

A normalización do topónimo da cidade no Real Club Deportivo de A Coruña, conseguida...

Grande Amore abrirá o concerto de Carolina Durante no Coliseum da Coruña o 12 de decembro

A banda galega Grande Amore será a encargada de abrir o concerto de Carolina...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here