InicioBARRIOSA paralización da urbanización da Maestranza, "unha vitoria relevante"

A paralización da urbanización da Maestranza, “unha vitoria relevante”

Publicada o

Por Redacción

A Xunta de Goberno Local acordou a denegación da aprobación inicial do Estudo de Detalle da parcela 1 da Maestranza, para a construción de varias urbanizacións nas tres parcelas que quedan vacantes no histórico Campo da Estrada (as parcelas 1, 2 e 3; as dúas primeiras, propiedade de Lipromo, a última, de Invied-Defensa).

“Unha vitoria relevante do movemento asociativo na defensa do patrimionio público”, sinala orgullosa a plataforma Defenda do Común (DDC), que leva pelexando contra esta urbanización dende hai varios anos.

As razóns que agora fundamenta o acordo da Xunta de Goberno son coincidentes coas que Defensa do Común (e outras 20 entidades) presentara en agosto de 2021 ao primeiro Estudo de detalle (ED) presentado pola promotora (para as parcelas 1 e 2). Xa daquela, e e tal escrito de alegacións, DDC tiña exposto que aconstrucción en dita parcela suporía unha moi grave afectación aos valores patrimoniais do sistema defensivo e do conxunto da cidade vella (en ambos casos, BIC), tanto respecto dos elementos patrimoniais no subsolo como polo impacto visual en relación coas murallas e cidade vella.

Para a entidade, “o feito de que o goberno local tivese aprobado inicialmente en xuño de 2021 un Estudo de detalle (que incluía tamén esta parcela 1) e agora, pola contra, o denegue, é unha evidente modificación e cambio de posición, resultado do combate cívico-social (incluída a vía xudicial de DDC) contra dos proxectos construtivos en parcelas que deben quedar libres de edificación”.

Así, a plataforma lembra que segue vixente o proceso xudicial no TSXG contra do ED da parcela 2, pendente de sentenza e que DDC tamén ten impugnado ante o Xulgado a licenza dada a Lipromo para construir en dita parcela 2.

Piden, iso si, “deixar sen efecto o Plan Especial de 1994, que é o que atribúe a  edificabilidade e aproveitamento urbanístico ás parcelas vacantes 1, 2 e 3”; así como “aprobar a modificación do PEPRI e PXOM, ordenando e poñendo en valor o BIC do sistema defensivo da cidade vella, cualificando esas tres parcelas como sistema dotacional público de espazo libre e zonas verdes”.

Máis novas do proceso

“A publicación no BOP, 30 anos despois, do PERI da Maestranza, só corrobora que o proceso de urbanización non é válido”

Alertan que o proxecto urbanístico da Maestranza ameaza parte do sistema defensivo da Cidade Vella (BIC)

O TSXG admite a trámite un recurso contra a urbanización do Campo da Estrada-A Maestranza

 

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

Olladas doutro tempo: San Francisco e A Maestranza

 

ÚLTIMAS

Renova Galiza, cando a diáspora fai país en Galicia e en Cataluña

Galicia, Cataluña e a visión de galegas e cataláns na construción da conciencia nacional....

Falece a moza acoitelada no seu piso da Coruña tras non superar a gravidade das feridas

A moza que, na tarde do sábado, foi supostamente acoitelada no seu piso da...

Sumar reclama a dimisión de Inés Rey e Lage Tuñas trala publicación dos audios

"Que se che meta na puta cabeza que quen lidera o partido en Coruña...

Potente manifestación das traballadoras do Eroski

Desenvolveuse esta mañá de sábado 20 de decembro a primeira xornada de folga na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here