InicioMOV. SOCIAISMáis de 400 estudantes da Coruña reflexionan sobre a diversidade sexual a...

Máis de 400 estudantes da Coruña reflexionan sobre a diversidade sexual a través do cine en Miradas en Foco

Publicada o

Por Redacción

Arredor de 420 alumnas e alumnos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato participaron esta maña no proxecto Miradas en Foco, que se celebrou no Centro Ágora da Coruña. Trátase dun evento que emprega o poder narrativo do cine para promover o respecto á diversidade afectivo-sexual, ás identidades de xénero e ás novas realidades familiares e sociais.

Participaron os IES Eusebio da Guarda, Elviña e Monelos e os CPR Nebrija-Torre de Hércules, Montegrande e Andaina.

Fito Ferreiro, da Asociación Palestra, destacou a excelente acollida da actividade entre o alumnado. “É un paso máis na nosa intención de achegarnos á cidadanía, abrirnos aos nosos veciños e veciñas dunha forma amable e sinxela, que nos coñezan, que reflexionen sobre as nosa historias e as nosas vidas. Que mellor que loitar a través do cine contra a desinformación e os episodios de odio contra o colectivo LGTBIQ+. Mudar a indiferencia e a intolerancia polo respecto e as ansias de igualdade”.

As curtametraxes, que se programaron coa coordinación da Fundación Pedro Zerolo, foron Pingüino, Antes de la erupción, Pancarta, Bullying (El quinto vagón) e as galegas O coidado e Ese lugar partido.

No coloquio posterior participaron representantes da Asociación Palestra, de Sex Point (CASCO), da Fundación 26D e os coruñeses Miguel Canalejo e Inés Pintor, directores de O Coidado e Ese lugar partido, respectivamente.

ÚLTIMAS

A folga do comercio téxtil en Coruña planta cara ao convenio estatal que “recorta dereitos”

Traballadoras e traballadores do sector do comercio téxtil na provincia da Coruña mobilizáronse este...

Xa abríu as portas o Mercado de Monte Alto

Chegou o día. Despois de case 3 anos de exilio na potente carpa provisional instalada...

Segundo día de folga na Atención Primaria

Xa nos explicaba Afonso C.G. a semana pasada as chaves da folga Atención Primaria....

Refaat Alathamna e Mohamed Safa recollen este xoves, nun acto aberto na ONCE, o Recoñecemento da Rede Acampa

Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio fará entrega este xoves 11 de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here