InicioCULTURAA Gala Manicómicos encherá de risas o Rosalía o 3 de xaneiro

A Gala Manicómicos encherá de risas o Rosalía o 3 de xaneiro

Publicada o

Por Redacción

A Asociación Cultural Manicómicos cumple 22 anos de risas, e para celebralo non podía faltar unha nova edición da Gala Manicómicos. A cita terá lugar o venres 3 de xaneiro, ás 19.00 horas, no Teatro Rosalía Castro, con entrada de balde, ata completar a capacidade do recinto.

O evento, que conta desde os seus inicios coa colaboración do Concello, será unha festa aberta á cidadanía para conmemorar máis de dúas décadas de compromiso coa creación, a formación e a difusión das artes escénicas e da comedia.

A gala reunirá unha selección coidada de números de circo e artes escénicas. O espectáculo contará coa actuación da aerialista Sue Moreno; a presentación será da man do carismático pallaso El Gran Rufus e completarase coa participación do malabarista Fran Boza, entre outros. Xunto a eles, o alumnado da asociación terá un papel protagonista sobre o escenario.

Gala Manicomicos 2026

Manicómicos

A Asociación Cultural Manicómicos nace en xaneiro de 2004 na Coruña, promovida por un grupo de persoas con distintos niveis de experiencia nas artes escénicas e cun interese común: investigar, estudar e difundir as artes escénicas e a comedia. Dende os seus inicios, a entidade desenvolve un intenso labor formativo e cultural e aposta pola creación dun espazo de aprendizaxe, experimentación e encontro arredor do teatro, o circo e o humor.

Entre os seus principais obxectivos, atópanse a organización de cursos formativos tanto para persoas asociadas como para a cidadanía en xeral, que contribúen a un mellor coñecemento das distintas técnicas actorais e escénicas. Ademais, Manicómicos impulsa un festival de teatro cómico de carácter anual na cidade, no que conviven propostas de novas creadoras e creadores galegos xunto a primeiras figuras do panorama cómico internacional, que tamén imparten formación especializada durante o propio festival.

 

O Festival Manicómicos leva o circo aos barrios da cidade 

Os Manicómicos, finalistas do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

ÚLTIMAS

O persoal do comercio vario inicia unha acampada na Coruña para blindar os convenios provinciais

Un grupo de traballadoras e traballadores do comercio vario iniciaron este luns unha acampada...

María Pita acolle esta tarde a recepción e celebración do ascenso

Esta tarde de luns, Coruña celebrará na praza de María Pita cos afeccionados e...

O Concello da Coruña convoca, tres anos despois, unha nova edición dos Orzamentos Participativos

Importante anuncio que ofreceu esta mañá o Concello da Coruña. Levan sen convocar dende...

Mónica Naranjo elixe o Coliseum da Coruña para a súa única actuación en Galicia polo seu 30 aniversario

A artista Mónica Naranjo actuará o próximo 20 de novembro no Coliseum da Coruña...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here