InicioA CORUÑAOs docentes dos Cursos Culturais do Programa de Lecer pecháronse en María...

Os docentes dos Cursos Culturais do Programa de Lecer pecháronse en María Pita para esixir o comezo das clases

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continúa aberto o conflito arredor do Programa de Lecer, que segue sen solventarse e sobre todo, as clases seguen sen comezar. O peor é que parece que durante o mes de marzo tampouco vai haber clase, sumando outro mes sen traballar aos docentes e outro mes sen clase para os máis de 6.000 de usuarios dos cursos culturais do Fórum e do Ágora.

Esta pasada tarde de luns, unha vintena de docentes, cansos de promesas baldías e de 18 días de silencio municipal, pecháronse no Pazo de María Pita, esixindo o comezo das aulas e unha solución á súa situación laboral.

O Concello avanzara a través da prensa que ía ir afrontando os pagos das débedas, pero nada se sabe desa empresa ponte que vai asumir a posta en marcha dos cursos ata a redacción do novo pliego para o novo concurso.

Peche docentes programa de Lecer
Os docentes pecháronse nun despacho do pazo de María Pita

Finalmente conseguiron falar co Concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, o asesor Uxío Novoneira e a presidenta do IMCE Laura Seoane, e se ben non recibiron unha data concreta para o reinicio das aulas, si que lles explicou que tralo cobro de todas as débedas contraídas por Serviplús (que xa está facendo efectivo dende fondos municipais dende o pasado venres, e que poderá durar arredor de dúas semanas) comezará o proceso de contratación dunha empresa para a continuidade do servizo e a subrogación do persoal ata a súa próxima licitación, que fontes municipais esperan que sexa “canto antes”, e para cuia negociación os docentes solicitar ter presenza.

 

Máis novas do conflito sobre o Programa de Lecer

“Non se pode enterrar o Lecer”

O Programa de Lecer debátese dentro e fóra de María Pita 

O Programa de Lecer e as débedas dos docentes, pendentes da vontade da empresa reincidente

O Concello rescata, a medias, aos traballadores do Programa de Lecer do Fórum e do Ágora

 

ÚLTIMAS

Unha nai fará folga de fame na Xunta para que dea educación especial ao seu fillo, sen ela desde hai 14 meses

A coruñesa Carmen Villar porase en folga de fame desde este luns fronte a...

Este luns trasládase a parada de bus metropolitano para a peonización de Entrexardíns

Este luns 13 de abril a parada de bus metropolitano de Entrexardíns trasládase á...

Ferido un neno de 10 anos nun atropelo na Coruña que lle fracturou unha perna

Un neno de 10 anos foi ferido, cunha fractura nunha perna, nun atropelo ocorrido...

O cambrés Sergio de la Iglesia Varela supera adversidades para competir en motociclismo a nivel estatal

Novo programa de SKPMotor CuacFM xa nas redes e na web de CUAC.FM. Tralo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here