InicioPOLÍTICAInés Rey defende a súa xestión dos últimos oito anos: "Agora...

Inés Rey defende a súa xestión dos últimos oito anos: “Agora a Coruña é un motor económico”

Publicada o

Por editor

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, declarou a súa “preocupación e sorpresa” pola imputación ao expresidente socialista José Luis Rodríguez Zapatero. “O Zapatero que eu coñezo non é o Zapatero dese auto xudicial”, afirmou.

En declaracións á Cadena SER, recollidas por Europa Press, Rey sinalou que está a ser unha semana “moito máis complicada”, xa que o Zapatero co que tratou é un “referente para moitos” e durante oito anos “mellorou a vida da xente sen ningún escándalo de corrupción”. “Doeríame moito se isto fose certo e creo que me doería aínda máis se non o fose, porque pase o que pase a imaxe do propio Zapatero e do partido queda danada”, lamentou, engadindo que agora “hai que agardar” e dar marxe para ver que se pode acreditar do que recolle o auto.

Para a alcaldesa coruñesa é “lóxico” que a dirección federal e os socialistas apelen á presunción de inocencia, porque é un “referente e un activo moi importante para á esquerda”, pero asegurou que están “profundamente preocupados e aínda medio en shock”. “O Zapatero que eu coñezo non é o Zapatero dese auto xudicial”, reiterou. Durante a entrevista, a mandataria local aproveitou para reivindicar o papel da esquerda “cando goberna” pola súa capacidade de “mellorar a vida das persoas”, ao tempo que destacou os datos económicos e de emprego de España no contexto internacional actual. Así, referiuse ás melloras nas condicións laborais, á baixada da taxa de paro e á posición do país a nivel internacional.

“Con tanta incerteza xeopolítica, con problemas que se escapan das nosas propias fronteiras, o que necesita o país é estabilidade e un liderado forte. Creo que iso representa o presidente do Goberno e cando cheguen as eleccións serán os cidadáns os que valoren a xestión”, indicou.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

En relación coa política municipal, a mandataria defendeu a xestión levada a cabo na Coruña nos últimos sete anos. “As contas das municipais son a xestión, e na Coruña levamos sete anos gobernando unha cidade que é motor económico, social e cultural de Galicia e que estaba nun letargo”, subliñou. Inés Rey resaltou que hoxe a cidade é “líder” en ámbitos como a transformación dixital, a industria, a creación de emprego, as políticas de vivenda e as actividades culturais. Ademais, afronta a súa “segunda gran modernización” cun proxecto que a transformará nos próximos anos.

Neste sentido, lembrou que a Coruña foi a primeira cidade de Galicia en aplicar a declaración de zona de mercado residencial tensionado “a pesar de todas as dificultades, trabas e pedras no camiño” por parte da Xunta. “A media do aluguer baixou arredor de 100 euros despois de tomar esta medida”, asegurou.

Tamén cargou contra o Goberno galego pola coordinación aeroportuaria, reclamando maior implicación. “Quen ten que asumir a bandeira da coordinación aeroportuaria é a Xunta de Galicia, é o presidente da Xunta”, insistiu, defendendo unha política conxunta para facer competitivos os tres aeroportos galegos fronte a outros. Finalmente, respecto das súas expectativas electorais ante unha posible candidatura de Miguel Lorenzo polo Partido Popular, asegurou que concurrirá aos comicios “co aval da xestión” e con “propostas para seguir transformando e modernizando” a cidade herculina.

ÚLTIMAS

Máis de 3.600 persoas camiñan na Coruña en solidariedade coa Asociación Española Contra o Cancro

Máis de 3.600 persoas participaron este domingo, 24 de maio, na andaina solidaria 'A...

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico...

Descolgando os cadros franquistas do Pazo de María Pita

Non lles permitíu o Concello facelo no interior do Pazo. Pero a Comisión pola...

Unha limpeza da praia de Riazor polo ascenso do Dépor 

Unir fútbol e medioambiente é tan posible como o demostrou esta mañá de sábado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here