InicioBARRIOSA Asoc. Veciñal incide nas posibles irregularidades da equipa redactora do Plan...

A Asoc. Veciñal incide nas posibles irregularidades da equipa redactora do Plan Urbanístico do Parque da Agra

Publicada o

Por Redacción

Vai pelexar ata o final por un parque decente a veciñanza da Agra. Xa o levan deixando claro ante o Plan Urbanístico que erguerá unha vintena de edificios onde teoricamente ía ir o demandando dende hai máis de 40 anos un parque, algo que consideran “unha política especulativa indecente”.

Desta volta, a entidade quere facer pública información que consideran de interese ao analizando a equipa redactora da proposta da Modificación Puntual do PXOM do Parque da Agra aprobada inicialmente no pleno, pero que está en período de alegacións.

A entidade sinala que a equipa redactora inicial da MP-PXOM foi a Oficina de Planeamento S.A. Contratada polo goberno local no 2018, presentou o documento a trámite ambiental. Porén, a proposta aprobada polo pleno foi, a proposta de DRICAR (propiedade de Rodríguez Cebrián, que ten o solar das Adoratrices, que estaba implicado na área, agora separado), redactada polo equipo de Fernández Carballada.

Dende a entidade sinalan Fernández Carballada foi “quen fixo o informe pericial que DRICAR presentou no proceso xudicial que deu lugar á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de 15/10/2015”. É dicir, quen defendeu á empresa de Cebrián no procedemento xudicial contra o Concello para manter a alta edificabilidade nas parcelas das Adoratrices.

Fernandez Carballada foi ademais “quen redactou o proxecto construtivo para o cal DRICAR solicitou licenza, que lle foi denegada por acordo da Xunta de Goberno Local (XGL) de 26/01/2018”.

“En consecuencia, quen redacta a MP-PXOM foi perito de parte de DRICAR no proceso xudicial e redactor do proxecto técnico ao que se denegou unha licenza en 2018 na parcela das Adoratrices para 90 vivendas (na MP-PXOM en trámite prevese 50% máis)”, denuncia a Agra. “Quen redacta o documento da MP-PXOM en trámite estivo ao servizo de DRICAR, tanto no proceso xudicial como despois. E tamén agora, porque FC foi contratado por DRICAR, de quen cobra”, denuncia.

A entidade recoñece que “kegalmente nada impide que unha equipa presente unha proposta de planeamento e que sexa a promotora quen lle pague, mais neste caso debemos destacar catro cuestións importantes que poden resultar, como mínimo, sorprendentes”:

  • “Que FC foi perito de parte e prestou servizos a DRICAR neste mesmo conflito”.
  • “Que esta MP-PXOM deriva dunha execución de sentenza nun proceso xudicial no que FC defendeu os intereses de DRICAR”.
  • “Que xa estaba en trámite a MP-PXOM redactada por outra equipa (OPSA, contratada polo Concello), polo que o Concello cambiou a equipa redactora pola proposta por DRICAR”.
  • “Que a equipa redactora non só formula a MP-PXOM para os terreos de Dricar senón tamén para o POL-M22 (onde Dricar non ten a maioría da propiedade”).

Dende a asociación veciñal entenden que “a obxectividade e independencia da equipa redactora, evitando o conflito de intereses, é un presuposto básico para que o planeamento responda ao interese público xeral e non aos intereses dunha promotora privada, moito máis cando se trata da execución de sentenzas xudiciais e a ordenación de terreos nunha zona tan sensible como é do Agra do Orzán”.

Máis novas do conflito urbanístico

A veciñanza da Agra denuncian que o acordo urbanístico consolida “unha política especulativa indecente”

A veciñanza da Agra do Orzán prántase ante o plan para erguer 21 novos edificios no futuro Parque da Agra 

PSOE e BNG sacan adiante o Plan de urbanización do Parque da Agra coa oposición do PP e da veciñanza

O novo Parque da Agra terá a sombra das vivendas de Cebrián

 

ÚLTIMAS

A Coruña garda un minuto de silencio por Maricarmen, convertida en símbolo da loita pola vivenda

Decenas de persoas asistiron na praza de María Pita ao minuto de silencio convocado...

Reaccións ante o pasamento de Xosé Manuel Beiras

Morreu Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026)., un dos grandes políticos...

Vandalizan as sedes da Universidade privada de Abanca de Coruña e Compostela

As sedes da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) na Coruña (na rondade Nelle)...

Denuncian a poxa de bens do Pazo de Meirás dos herdeiros de Franco

O pasado mes de xullo, a familia dos herdeiros de Franco apuraban para sacar...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here