InicioA CORUÑAA música urbana galega abre o Beat Out

A música urbana galega abre o Beat Out

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Parque de Santa Margarida vibra esta fin de semana co Beat Out. O festival de músicas urbanas está tendo unha gran acollida entre a mocidade da provincia que se achega a gozar das propostas máis innovadoras.

Entre elas, propostas galegas como os Xián Pais, XMaseda65, 9Louro, Alddara ou LG1DO, que forman parte do elenco do mellor do estado en canto a rima.

O xoves foi Xián Pais, o muradán, o que abríu a lata cos seu rap máis crú, sendo acompañado no escenario nun par de temas polo seu veciño 9Louro, outro que o está rompendo coa súa música máis urbana, máis cumbiera.

Na mesma noite, e antes de que se enchera a tope coa castellonense Métrika, o escenario foi tomado polo viveirense XMaseda65, que ademais estivo acompañado por Alddara, galega en Barcelona que vai trascendendo fronteiras.

Hoxe sábado, o festival recibe outra das voces de moda da música urbana galega, como LG1DO. O de Santa Comba, tras acabar o bacharelato leva un verán de cine.

O Parque de SAnta Margarida Cheo no BeatOut
O Parque de SAnta Margarida cheo o xoves no BeatOut. Foto: Candela Rey

O festival Beatout acolle unha quincena de artistas de novas tecnoloxías musicais

ÚLTIMAS

A patronal de supermercados da Coruña denuncia “intimidacións a traballadores e a clientes” na folga

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña (ASAC) denunciou "intentos de bloqueo, intimidacións...

A Valedora do Pobo pídelle a Xunta que protexa os murais de Lugrís na Coruña

A Valedora do Pobo requiriu á Xunta para que informe sobre os murais de...

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here