InicioBARRIOSO Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

O Flores Rock celebra 10 anos con 3 días de concertos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O Barrio das Flores volverá converterse a comezos de setembro nun dos grandes puntos de encontro da música en directo na Coruña coa celebración do décimo aniversario do Flores Rock, que este ano amplía a súa programación a tres xornadas, do venres 4 ao domingo 6 de setembro, cunha ampla oferta gratuíta de
concertos e actividades para todos os públicos.

O secretario da Plataforma Veciñal do Barrio das Flores, David Pujades, presentaba o festival coas entidades colaboradoras, destacando os seus signos de identidade: acceso libre, participación comunitaria, utilización do espazo público e apoio á música independente e ás formacións emerxentes.

Programa

O venres 4 abrirá a programación musical Komando Kombate, ás 19.25 horas, seguido de Ewaric, ás 20.00h; Onza, ás 21.15h; Kaos Urbano, ás 22.35h; Non Servium, ás 00.05h; e Mar de Fondo, ás 1.20 horas.

A xornada do sábado 5 comezará xa ao mediodía cunha sesión vermú de Lamatumbá, ás 13.15 horas, mentres que Txavalada actuará entre concerto e concerto. A programación continuará con Brais das Hortas e Peter Punk, ás 15.00h; Collón de Lola, ás 16.30h; Moonshine Wagon, ás 18.00h; Penitence in Darkness, ás 19.05h; True Mountains, ás 20.10h; Dakidarría, ás 21.30h; The Lizards, ás 23.00h; e Angelus Apatrida, ás 00.05 horas.
A noite pecharase ás 1.30 horas cunha banda sorpresa.

A programación completarase o domingo 6 cunha xornada orientada especialmente á convivencia e ao público familiar. O Mercado do Flores desenvolverase entre as 12.00 e as 20.00 horas e contará con postos e actividades. No apartado musical actuarán Los Alcántara, ás 14.00 horas; La Yaya DJ, ás 16.00 e ás 18.00 horas; e Pako Pakolas, ás
17.00, dentro da programación infantil Flores Kids.

O sábado están previstos obradoiros musicais, unha chocolatada popular e actividades infantís como xogos, globoflexia e manualidades, ademais das actuacións de Brais das Hortas e Peter Punk e Collón de Lola. O domingo, o Mercado do Flores combinará artesanía e actividades infantís coa actuación de Pako Pakolas.

A programación inclúe ademais propostas como a sesión vermú, gastronomía popular e o Mercado do Flores, co obxectivo de converter o festival nun punto de encontro aberto non só ás persoas afeccionadas ao rock, senón ao conxunto da veciñanza e ás familias.

Un escaparate para as bandas emerxentes

O apoio aos novos talentos continuará sendo outro dos piares do festival. O Concello da Coruña e a Plataforma Veciñal do Barrio das Flores puxeron en marcha este ano unha nova edición da Batalla de Bandas, cuxa fase final se celebrou o pasado 16 de maio na praza do Sol Nacente.
Oito formacións participaron na final —Keepers, Five Pipers, Here Comes The Pain, Baila Cuchillo, Graxa, Ewaric, Replicantes e Penitence in Darkness—, da que Penitence in Darkness resultou gañadora e Ewaric obtivo o segundo posto. Ambas as formacións incorporáronse así á programación do Flores Rock 2026.

A programación completa e as novidades desta décima edición poden consultarse nas canles oficiais do Flores Rock (@floresrock).

 

O Flores Rock afiánzase como unha das últimas citas roqueiras da cidade

Penitence in Darkness e Ewaric gaña a Batalla de Bandas e actuarán no Flores Rock

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here