Contra a súa violencia, o noso amor
Contra a súa barbarie, a nosa creatividade e solidariedade.
Así arrincaba a brava Isabel Risco a Gala solidaria en favor do pobo palestino, “Cultura contra a Barbarie” que organizou esta pasada noite de xoves 13 de marzo o colectivo Pallasos en Rebeldía e Culturactiva no Teatro Rosalía de Castro. Un evento que contou coa colaboración de entidades como BDS Boicot a Israel, Galiza por Palestina e o Concello da Coruña, e que serviu para recadar fondos para manter vivo o Festiclown e a escola de circo que os e as Pallasas en Rebeldía coorganizan en Palestina e Gaza.
Un espazo, Gaza, onde nacían Pallasos en Rebeldía aló por 2002, cando ao refuxios das bombas, Iván Prado e varios compañeir@s tiveron que actuar ante centos de nenos ávidos de risas.
Porque a risa é o mellor escudo contra a barbarie, como sinalou un emocionado Prado, ao que malia levar falando 20 anos de Palestina, “dende o 20 de outubro éme moi difícil falar de Palestina”. “En Palestina a homanidade xógase o seu futuro”, sinalou, deixando claro que “non imos apagar a fame ou a sede, pero cando menos ímonos poñer en pé en contra da ocupación xenocida e dicir claro que aquí estamos, que non no noso nome“, arengou para que o Rosalía ao completo (non quedaron apenas butacas libres) gardase, en pe, un solemne minuto de silencio rematado entre berros de “Palestina, vencerá”.
Polo escenario, para combater esa barbarie perpretrada polo estadio sioanista de Israel dened 1948 (7 décadas xa de ocupación), artistas como Sue Moreno coas súas acribacias, o mago Dani García, que leva anos colaborando co colectivo, ou Circanelo, outro clásico do humor herculino que fixo unha marabillosa viaxe ata Palestina en bicicleta.
O músico e etnógrafo Xurxo Fernández, de Pandereteiras sen frointeiros (@pansenfron), cantou unha canción sefardí despois de contar unha fermosa historia que protagonizaban unha nena palestina e un neno israelí hai 100 anos. Unha historia que se podería repetir a día de hoxe.
Rompeu un pouco co ton serio o fenómeno de Xosé A. Touriñán que contou en clave de amor, a súa arma de onte contra o xenocidio, chea de simpatía e de referentes locais, como bo cullerdense que se prece.
Subiu tamén ao escenario a palestina Sahar Shatat. Lamentou que “todo o mundo estea vendo este xenocidio en directo polas nosas pantallas, onde máis do 50% das vítimas son nenos, que non só se enfrontan ás bombas, senón tamén á fame, ás enfermidades…” Así como ao Genocidio Cultural que está realizando Israel, polo que pediu que a sociedade boicotee espazos internacionais que blanquean o estado israelí como pode ser Eurovisión. “A esperanza a mellor vitamina contra o medo e a risa a mellor arma contra as bombas”, sentenciou.
Broche de ouro puxeron as Fillas de Cassandra “cantando pola resistencia” aquelo de “A guerra imos parar”, pero deixando claro que “estamos ante un xenocidio non unha guerra”.
Máis novas
A barbarie de Israel sobre Gaza, protagonista do cartel da Rede Acampa 2024