InicioCULTURARepaso á presenza herculina entre os finalistas aos Premios Martín Códax da...

Repaso á presenza herculina entre os finalistas aos Premios Martín Códax da Música

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciáronse onte os finalistas aos Premios Martín Códax 2024. A Asociación Músicas ao Vivo fixo pública a lista de 57 proxectos que optan ás 19 categorías dos premios coñecidos como os Grammy galegos.

E a presenza da cidade da Coruña é bastante singular.

Mardigras finalistas Mellor Sala Premios Martin Codax 2024
A mítica Sala Mardigrass, presente na final dos Martín Códax

A Sala Mardigras, que xestiona Tomi Legido, está entre as Salas finalistas xunto coa Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro) e a ourensá Arca de Noé. A tremenda programación da mítica sala herculina merece este e moitos premios máis.

As outras grandes protagonistas son as Leria, a banda de indiepop galaico formada por Mayra Vila (voz e guitarra), Helena Barreiro (batería e coros), Itzi de Blas (baixo e coros) e Andrea López (teclas e coros está nominada á mellor Artista Emerxente, xunto con Mondra e Gloria Pavía.

A cantautora Lucía Aldao é finalista, gracias ao seu traballo PAVA, na categoría Pop e Indie, na que competirá cos muradáns The Rapants e a banda ribeirense Mai.

A eterna gaiteira de Cecebre, Susana Seivane, volve á primeira liña como finalista na categoría Folk xunto coas costeiras Caamaño&Ameixeiras e o grupo compostelá De Ninghures, que vén de levar o premio aRi[t]mar.

Un pouco herculina tamén é a banda A Gramola Gominola, que ten a Paco Cerdeira, Pakolas (mexicano de Cerceda), como doble finalista da categoría infantil coa divertida Banda Uxía Lambona e a Banda Molona.

A Blues, Funk e Soul ten acento coruñento. Por un lado temos, entre os finalistas, a Brais Morán & Nasaufunk, ourensán pero xa herculino de adopción, que volve á primeira liña da escena galega contemoránea co traballo “Revolución Chic”. Unha das bandas máis bailablles de toda Galicia.

Paula Martins e Victor Aneiros finalistas Premios Martin Codax 2024
Paula Martins e Víctor Aneiros onte na presentación dos finalistas dos Premios Martin Códax

Tamén forma parte dos finalistas Martíns Aneiros Band, a banda do ferrolán Víctor Aneiros e a mítica cantante coruñesa Paula Martins, que foi a voz da Big Bottom Band, e doutras moitas bandas con esa rasgada e inconfundible voz. Aínda a vemos estas semanas pola rúa Real herculina dando verdadeiros espectáculos.

A banda RYMER, con raíces en Arteixo, compiten na categoría Metal e Heavy con Her Anxiey e Youcanthide.


Na categoría de músicas urbanas, a axencia discográfica AAldea Music Group compite con dous dos artistas coruñeses: hydn, artista introspectiva conectada ás tendencias culturais, que combina a moda e o estilismo coa produción creativa no seu proxecto; e C Mirazo, artista e compositor galego que bebe da escena musical de Europa e LATAM e experimenta con distintos xéneros da música urbana, apostando por un son propio e recoñecible.

Os premios invitan tamén a mergullarse na revolución da música contemporánea seguindo canles como o xornalista musical de Redondela Rodri Míguez, a Plataforma A Regueifa 2.0 e as súas Muíño Sessions, ou a Rebelico Revista.

Máis novas musiqueiras

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

De Ninghures e Fillas de Cassandra trouxeron a festa dos medios en galego á Coruña

Galician Beats, o catálogo da música electrónica galega da última década

CUAC FM celebra con música local polas salas da cidade os 25 anos do seu Concurso de Bandas e solistas

 

ÚLTIMAS

Bicicoruña bate marcas: Case 5.000 persoas usuarias cada día

Presentáronse onte os datos do servizo municipal de Bicicoruña de 2025. Unhas cifras que...

A división sindical retrasa o convenio de transporte

Volverá haber folga este mércores no sector do transporte de viaxeiros por estrada da...

A ciencia toma o Teatro Colón: a Coruña prepárase para tres días de divulgación e espectáculo

A cidade da Coruña volverá acoller o evento Coruña Comunica Ciencia, unha cita que...

Bad Bunny sorprende ao persoal de Zara en Arteixo cun agasallo tras vestir da marca galega na Super Bowl

Que Bud Bunny vestise unha camiseta de Zara foi algo moi pensado. Que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here