InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOOs padriños do Areal da Torre alertan da cantidade de cabichas que...

Os padriños do Areal da Torre alertan da cantidade de cabichas que deixamos na praia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Que ben lle senta ás persoas en réxime de semiliberdade estas xornadas de limpeza. O proxecto Entre Crebas, desenvolto pola Asociación Mar de Fábula, permite que as persoas residentes do CIS (Centro de Inserción Social) da Coruña se convirtan en auténticos activistas medioambientais.

Xa é o sexto mes que os “padriños” do Areal da Torre saen a recoller e clasificar toda clase do lixo mariño que o mar nos devolve nesa pequena e fermosa enseada.

”As persoas internas, co seu traballo serio de coidado da natureza, de limpeza do mar, se están a revelar como verdadeiros Axentes do Cambio para construir unha sociedade mellor. ”Estaría ben que todxs tomásemos boa nota do exemplo que este grupo de persoas vulnerables, vítimas desta dura sociedade, nos están a dar a todos”, apunta Xosé Manuel Barros, alma de Mar de Fábula.

EntreCrebas Limpando o Areal da Torre

Ademais de concienciarse, e de concienciar, deixan o areal moio máis limpo, comprobando que o mar día a día nos devolve moitas das cousas que non debemos ciscar. En total foron máis de 600 anacos de lixo (botellas, cordas, bolsas, microplásticos, prendas, cabichas, moitas cabichas, latas, puntas, toallliñas, bastonciños, tampóns…).

Chamoulles a atención o incremento exponencial das cabichas apañadas este mes (357 en comparación con 39 en marzo) que revela que xa imos de cara ao verán e hai xente que vaise bañar e deixa este residuo na area sen facer caso da prohibición de fumar nos areais desta cidade.

Máis novas

As persoas en semiliberdade do CIS afondan na súa sensibilización ambiental

Coidando o areal como a súa propia casa

Intern@s do CIS, salvadores crebeir@s do Areal da Torre

As mesas feitas en Teixeiro humanizan os patios escolares

ÚLTIMAS

As obras do Centro de Santa Lucía comezarán antes de que remate 2025

Conta atrás para o inicio das obras de rehabilitación do antigo mercado de Santa...

300 nadadores participan na Travesía a nado de San Amaro en A Coruña

A Coruña acolle este domingo, día 31, ás 12.00 horas a celebración da LXXXIV...

O noroeste da Coruña e a Costa da Morte en alerta por ondas superiores a 4 metros

O noroeste da Coruña e a Costa da Morte permanecerán durante 24 horas seguidas,...

“A reforma urbanística dos Cantóns desprestixia á Coruña como cidade cultural”

Xa protestaran en marzo, pero visto que o proxecto non cambiou, a Asociación Galega...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here