Publicaba esta pasada noite o Real Club Deportivo da Coruña, despois do agrio cruce de declaracións co Concello da Coruña, este comunicado do seu presidente, Ávaro García Diéguez:
➡️ O RC Deportivo proponlle ao Concello prorrogar o convenio actual para o uso de ABANCA-RIAZOR.
ℹ️ Toda a info 👇https://t.co/RW1fjONbwF pic.twitter.com/smawWlMlv2
— RC Deportivo (@RCDeportivo) May 14, 2024
Un comunicado no que, a pesar de asegurar que a “alcaldesa falta a verdade, moitos entenderon como unha “recollida de cable”, no que propón renovar o convenio vixente, asinado entre a directiva de Tino Fernández e a Marea Atlántica no ano 2000 e con vencemento no 2025.
Así o entende tamén a alcaldesa Inés Rey, que chamou esta mañá ao presidente do Real Club Deportivo para retomar a relación entre ambas institucións. “O Concello acepta rectificación feita pública pola dirección do RC Deportivo anunciando que o accionista maioritario desbota a súa pretensión inicial de obter a cesión do estadio durante 40 anos e acepta tamén a chamada cláusula de arraigo que desde un primeiro momento propuxo o Goberno local, renunciando tamén á explotación económica do estadio fóra da actividade deportiva”, explica esta mañá o Concello nun comunicado.
A alcaldesa valorou “moi positivamente a súa disposición a firmar o convenio para o uso gratuito de Riazor durante os próximos 25 anos nos termos propostos polo goberno, moi semellantes aos agora vixentes e que evitan calquer tipo de especulación co patrimonio público municipal”.
A rexedora lembra que a praza e o Palacio Municipal, indicou Rey, están abertas para acoller aos xogadores e ao cadro técnico para celebrar á volta do club ao fútbol profesional.
Finalmente o convenio asinarase esta mesma tarde.
Máis novas
A alcaldesa da Coruña acusa a Abanca e defende que “O deportivismo non está en venda”
COOPERACIÓN E ENTENDEMENTO
Pola súa banda, o portavoz do goberno local coruñés e concelleiro de Economía e Planificación Urbana, José Manuel Lage, cuestionado por este asunto polos xornalistas, recalcou que a “posición” da alcaldesa e do goberno municipal é “sempre á beira do Deportivo, da súa afección e da cidade”.
“Hai que abrir unha nova etapa de entendemento e de cooperación”, insistiu, en alusión ás relacións entre o consistorio e o Real Club Deportivo. “O goberno municipal ten sempre a maior disposición para entenderse con todas as institucións públicas e privadas”, apuntou para engadir que “hai condicións para poder renovar ese acordo co clube”.