InicioOPINIÓNContra a peonfobia

Contra a peonfobia

Publicada o

Por Rodrigo Osorio

Con tres exemplos abonda para acreditar a existencia dunha fonda xenreira polos peóns na Coruña:

1. Unha das medidas principais das políticas de «verdeo» que veñen adoptando os sucesivos gobernos municipais nas últimas décadas é o estabelecemento do que chaman «carrís bici» e que na meirande parte dos casos, co Regulamento de circulación na man, só podemos cualificar como «beirarrúas ciclábeis». Unha solución maquiavélica porque con ela véndennos que se dá unha alternativa real os coches cando, en realidade, se resta espazos os peóns. Estes carrís sacáronlles as lentas e molestas bicicletas das estradas aos condutores, para que poidan facer uso do seu dereito inalienábel a lixar o aire e consumir combustíbeis fósiles, para metérnolas aos peóns nas beirarrúas e crear un conflito onde non debera habelo.

2. Alguén (unha compañía gaseira ou telefónica) fai unha obra ou calquera (unha cafetaría ou unha empresa de mudanzas) pide unha licenza de ocupación da beirarrúa e se lle concede, privando o seu uso polas peoas sen dar alternativa ningunha: nunca se reducen os carrís da estrada, sempre se limitan ou mesmo se pechan as beirarrúas. E cando xorden os problemas, somos os peóns os que temos que expoñer os nosos corpos ao tráfico, baixando á estrada para no molestar as empresas que están a ocupar, en beneficio propio, un espazo público.

3. Imaxinen que houbera unha folga de recollida de lixo na cidade. Onde cren que se amorearían os refugallos? Efectivamente, na beirarrúa: nunca nas prazas de aparcamento dos coches, nin moito menos na estrada. Non se poden violar os sacrosantos dereitos das condutoras pero os peóns, sempre áxiles, podemos intentar pasar (cos nosos carriños da compra, cadeiras de rodas ou coches das crianzas) polo estreito carreiro que hai entre as bolsas de lixo e as fachadas das casas.

Fica claro que os que importan son as persoas condutoras e que todo faise para que poidan chegar onde queiran usando os seus coches sen que, nin en circunstancias excepcionais como as de arriba, deban sacrificar a comodidade do «moi sustentábel e solidario» transporte privado. Os peóns, mesmo os que temos diversidades funcionais, podemos facer eslálom entre mesas, escalar montañas de lixo ou agardar a cola que se forma nas pequenas pontes de metal sobre os numerosos foxos das obras que están a facer realidade a «segunda modernización da cidade». Nós, os insolidarios que non contribuímos a o crecemento económico baseado na fabricación de coches, temos que pagar o canon do sacrificio.

Sempre sorprendeume a peonfobia porque mesmo os máis teimudos condutores rematan por baixar dos seus vehículos e, aínda que sexa por uns intres (o tempo que tardan en cargar combustible, ir o fútbol ou mercar algo de roupa), son tamén peóns e sofren, coma o común dos mortais, desta constante persecución municipal aos que camiñamos e paseamos pola Coruña.

MÁIS ARTIGOS DE RODRIGO OSORIO NO XDC

 

ÚLTIMAS

Solicitan a retirada da Medalla de Ouro ao mérito no traballo ao Conde de Fenosa

Volve o sociólogo, investigador e vítima do franquismo Manuel Monge González, a rexistrar unha...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Chayanne e Leiva actuarán na Coruña en diferentes espectáculos programados para 2025

Leiva actuará na Coruña o 12 de xullo de 2025, dentro da súa xira...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here