InicioBARRIOSA Parva reflexiona sobre o consumo local co festival de fotografía FFoco

A Parva reflexiona sobre o consumo local co festival de fotografía FFoco

Publicada o

Por editor

A Parva, esa cantina que enriquece o mercado de San Agustín con singulares iniciativas socioculturais, acolle este sábado, día 9, a inauguración da exposición ‘Mercado. Tránsito e significante’ dentro do festival de fotografía FFoco, a única cita sobre fotografía documental de Galicia. A mostra recolle imaxes da plaza de abastos coruñesa realizadas pola fotógrafa amateur Antía Garrote.

A mostra, composta de 22 imaxes, pretende “narrar o mercado, non como punto de encontro, senón dende o baleiro, dende o tránsito, fóra da aposta pola vida”. Garrote, xestora cultural de formación e praceira adoptiva da Parva, busca coa súa fotografía contestar a pregunta “que é un mercado desprovisto de contido, de actividade, de misión”. O evento decorrerá desde as 13.00 horas na terraza interior que o posto ten no mercado.

Esta iniciativa, impulsada por Alba Barbadillo e Ángela Casal, socias cooperativistas da Parva, cumpre o seu cuarto ano no FFoco, sempre coa mesma intención: “Facer reflexionar ao público sobre o consumo, a alimentación, o comercio local e a súa relación co rural, coa cidade e co barrio. E intentar tamén que a visita á exposición sexa unha escusa para que a cidadanía entre nun dos edificios máis importantes da cidade dende o punto de vista arquitectónico, cada vez máis en decadencia no que respecta ao seu modelo de uso e afluencia, pola falta de recambio xeracional de público e praceiras e polas políticas erráticas, cando non contraditorias, ás que está sometido”.

 

Máis novas

A Parva acolle unha exposición amosando a parte que non se ve do Mercado de San Agustín

A Parva acolle a exposición ‘Bosquexos no mercado’ do alumnado da EASD Pablo Picasso

Javi Quiroga de “O Novo Normal”: “Moitas veces pasamos pola vida demasiado rápido. E pasan cousas guais”

ÚLTIMAS

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

O luns comezará a retirada da duna de Riazor

O Concello comeza o vindeiro luns, 4 de maio, os traballos para retirar da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here