InicioBARRIOS5º día de folga do persoal de Correos da rúa Entrepeñas, e...

5º día de folga do persoal de Correos da rúa Entrepeñas, e 20.000 cartas e 1.000 paquetes sen entregar

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Acumúlanse as cartas e os paquetes sen entregar na oficina de Correos da Rúa Entrepeñas. Os traballadores levan meses avisando (realizaron de feito 3 concentracións) da necesidade de reforzar o persoal, pero a dirección non fixo case ningún movemento, polo que o persoal da oficina suma xa o seu 5º día de folga. Unha folga que conta cun seguemento do 90%, segundo o Sindicato Provincial de Correos de A Coruña CGT.

Así, as zonas da Agra, Os Rosais, Ventorrillo, Labañou, Cidade Ecolar, están surfindo grandes retrasos acumulándose xa máis de 20.000 cartas e notificacións sen repartir, e uns 1.000 paquetes dende hai unha semana.

Os traballadores explican que “en plena campaña de paquetería unicamente estan dispoñibles 10 persoas para cubrir as 22 seccións de reparto existentes, debido a que Correos négase a cubrir as vacantes estructurais existentes e e as ausencias temporais, por baixas, etc.”

O persoal reclama que exista durante todo o ano o persoal estructural suficiente e estable para levar a cabo o servizo postal nestas zonas da cidade e os reforzos necesarios durante as campañas extraordinarias (eleccións, nadal, etc).

Cartas sen clasificar en Correos Entrepenas pola folga
Cartas sen clasificar en Correos da rúa Entrepeñas

O persoal está a contactar coas asociacións de veciños/as para explicar a súa problemática e xa recibeu o apoio da asociación de veciños/as de Labañou, “Francisco Rodríguez Otero”.

Máis novas

Reclaman a urxente necesidade de contratar reforzos en Correos de cara a este Nadal

Os problemas de persoal de Correos saltan á rúa

 

ÚLTIMAS

Que será a campaña #ACoruñaPortoNegreiro?

Amence esta ponte a cidade da Coruña con carteis por todas partes co lema...

Os grupos folclóricos de Oleiros danse cita do García Márquez

O domingo 14 de decembro celébrase un gran festival dos grupos folclóricos do Concello...

Aberto o prazo para a residencia literaria ‘Latitude 43’ na Coruña, para autores de todo o mundo

O Concello da Coruña abriu o prazo para optar á residencia artística 'Latitude 43',...

Feijóo reúne ao PP na Coruña para fixar a estratexia de 2026 e aumentar a presión sobre Sánchez

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, convocou para os días 10 e 11...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here