InicioCULTURAA Coruña celebrará os 25 anos do título de Liga do Dépor

A Coruña celebrará os 25 anos do título de Liga do Dépor

Publicada o

Por editor

O luns 19 de maio cúmplese un cuarto de século do único título de Liga do Real Club Deportido da Coruña. E Concello e club, coa colaboración da Federación de Peñas do Dépor, os Riazor Blues e os Old Faces, celebrará a data cunha marea de actividades entre os 19 ao 31 de maio.

Concertos, charlas, presentacións de libros e variasexposicións abertas á cidadanía forman parte do programa para non “olvidar” “o mellor que me pasou na vida“, como reza o mítico cántico da bancada de General.

O mesmo luns 19 instalarase unha exposición fotográfica no Obelisco, que permanecerá aberta á cidadanía ata o 31 de maio. Constará de imaxes de arquivo dos fotógrafos Mero Barral e Jesús Sancho cos momentos máis simbólicos da conquista da Liga.

O venres 23 celebrarase no auditorio do Centro Sociocultural Ágora unha charla-proxección e a presentación do libro ‘O mellor que me pasou na vida’. Trátase dun encontro único xunto a xogadores, directivos, traballadores do club e seareiros que compartirán en primeira persoa os recordos e emocións da tempada do título. O inicio do acto será ás 19.00 horas, con entrada de balde ata completar capacidade. O libro é unha compilación de relatos de xogadores coma Scaloni, Djalminha, Makaay ou Fran; xornalistas coma Óscar Benito, Moncho Viña ou Nacho Carretero; ou unha entrevista a Guillermo, do grupo La Mosca Tsé-Tsé, que contan como viviron este fito histórico.

Acto central en Riazor

25 anos Liga Deportivo concertps

O acto central desta celebración terá lugar o sábado 24 a partir das 12.00 horas na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, cunha xornada deportivista na que haberá polbeira, foodtrucks, xogos tradicionais para os máis pequenos, torneo de futbolín, monólogos, material exclusivo… ademais o humor e o deportivismo xuntaranse nesta ocasión da man de Roi da Costa e o espectáculo de ‘Depor Locura’.

O gran peche da semana contará coa actuación estelar de La Mosca Tsé-Tsé (a partir das
22.00 horas), intérpretes do himno espontáneo da celebración ligueira: “Yo te quiero dar”, que volverá soar na cidade 25 anos despois. Xunto a eles, un cartel formado integramente por artistas deportivistas, orgullosos da súa pertenza á familia branquiazul: Orquesta Bravú
Xangai, La Banda del Camión, Mar de Fondo, Kike Varela e la Yaya DJ.

Máis novas

Referentes nacionais pídenlle ao Dépor que por fin sexa “da Coruña”

“Cousas nas que pensar”

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...

A Audiencia da Coruña acolle en xuño o xuízo co xurado pola morte de Yoel Quispe

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará do 1 ao 19 de xuño o xuízo,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here