InicioECONOMÍAO BNG reclama á Xunta que "nin acepte nin permita" a implantación...

O BNG reclama á Xunta que “nin acepte nin permita” a implantación dunha nova universidade privada en Galicia

Publicada o

Por europapress

O deputado do BNG no Parlamento de Galicia Daniel Castro presentou unha batería de iniciativas para reclamar ao Goberno da Xunta que “nin acepte nin permita” a implantación en Galicia da denominada Universidade Emilia Pardo Bazán, “promovida polo grupo empresarial Cesuga co obxectivo de que empezo a funcionar no curso 2026-27 cun campus propio na Coruña”.

Neste sentido, denunciou estar “ante unha ofensiva privatizadora na universidade” e advertiu de que “o único que achega a privatización da universidade son maiores diferenzas e máis desigualdade entre o alumnado galego”.

Así mesmo, o BNG lembrou nunha nota de prensa que o Goberno galego “aínda non se pronunciou sobre o Cesuga, a pesar de que pasou máis dun ano desde que este proxecto recibiu o voto en contra da Conferencia Xeral de Política Universitaria”.

A continuación, o deputado nacionalista fixo fincapé en que as propias universidades de Santiago, a través do seu claustro, e a da Coruña, por boca do seu reitor, xa se manifestaron en contra da creación do campus de Cesuga.

Con todo, Castro subliñou que, “por se non fose suficiente con este novo proxecto empresarial, a UIE, de Abanca, acaba de anunciar a súa intención de ampliar a súa oferta con novos programas de doutoramento e a implantación do grao de Enfermaría e outros do ámbito das ciencias da saúde, que se sumarían ao de Psicoloxía, que prevén impartir o próximo curso, e Dereito”.

Máis novas sobre o caso

O Ministerio sinala que a universidade privada que planea Cesuga ten o seu “informe desfavorable” e que decide a Xunta

Rexeitamento da CIG ao proxecto de universidade privada presentado por CESUGA

Sumar invita a Inés Rey a presentarse polo PP tras amosar o seu apoio ao novo proxecto de universidade privada

O reitor da UDC reclama “calidade docente” e “excelencia programática” ás propostas da universidade privada

ÚLTIMAS

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da...

O Concello da Coruña reforza o compromiso coas ANPAs para o mantemento dos colexios públicos

O goberno local da Coruña mantivo este luns unha reunión de traballo coa directiva...

Rescatan en Elviña a unha nena cuxa cabeza quedou atrapada nun valo da escola infantil

Bombeiros da Coruña interviñeron este luns para rescatar a unha nena pequena á que...

Investigan a tres Riazor Blues por lesións e ameazas a un siareiro do Atlético de Madrid

A Policía Nacional investiga a tres persoas vinculadas aos 'Riazor Blues' por un delito...