InicioSUCESOSNegan a liberdade baixo fianza dos policías acusados de matar a Diego...

Negan a liberdade baixo fianza dos policías acusados de matar a Diego Bello

Publicada o

Por monchomarino

O Tribunal de Primeira Instancia Rexional da República de Filipinas negou a liberdade baixo fianza dos policías acusados de matar o coruñés Diego Bello.

Así o informan desde a súa contorna familiar, que explican que esta decisión afecta os tres policías procesados e que enfrontan acusacións de asasinato e suplantación de probas en relación coa morte do novo, en xaneiro de 2020, na illa filipina de Siargao.

De acordo coa investigación, non houbo un enfrontamento armado co mozo, como sostiveron inicialmente os axentes. Ademais, o informe forense indica que Bello foi alcanzado por disparos mentres xa se atopaba no chan.

O Tribunal considerou que a evidencia presentada pola Fiscalía é contundente, o que impide conceder a liberdade baixo fianza aos acusados.

Tras coñecer a decisión do Tribunal, a familia de Diego Bello expresa a súa satisfacción polo avance xudicial, considerándoo un paso crucial na procura de “xustiza”.

Con todo, manteñen unha actitude cautelosa e prudente, “conscientes de que o proceso aínda non concluíu e que a sentenza definitiva será determinante para que se faga plena xustiza”, remarcan nun comunicado.

ÚLTIMAS

A Coruña solicitará máis de 234.000 euros á Deputación para mellorar a iluminación e a rede de saneamento

O Concello da Coruña acordou solicitar 234.417,95 euros adicionais á Deputación da Coruña dentro...

A Coruña e Santiago crearán un grupo de traballo sobre vivenda para reclamar a Xunta os fondos estatais para as Zonas Tensionadas

As alcaldesas da Coruña, Inés Rey (PSOE), e de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín...

Trinidad Palacios será a candidata de Sumar Galicia para liderar a coalición de esquerdas nas municipais

Vaise movendo a esquerda herculina de cara ás eleccións municipais de maio de 2027,...

Evoluciona favorablemente o home ferido por gardas civís tras atacalos con petardos e un arma branca en Oleiros

Un home resultou ferido por arma de fogo na localidade coruñesa de Oleiros tras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here