InicioA CORUÑACando limpar praias é un verdadeiro exercicio de inclusión

Cando limpar praias é un verdadeiro exercicio de inclusión

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Emocionante xornada a vivida esta mañá na praia de Riazor. A Asociación Mar de Fábula unía forzas coa Fundación Érguete Integración, o CEEPR Nosa Sra. de Lourdes de Aspronaga, o Centro de Inserción Social e o Centro Penitenciario de Teixeiro para celebrar o Día dos Océanos. É que mellor que unha limpeza medioambiental, reconvertida en sesión de inclusión social.

Rosaura Romo da Fundacion Erguete Integracion xunto con Virxinia e Xose Manuel Barros de Mar de Fabula
Rosaura Romo da Fundación Érguete Integración xunto con Virxinia Barros e Xose Manuel Barros de Mar de Fábula arrincando a xornada

Unha marea de voluntarios da entidade camellá, medio centenar de usuarios de Aspronaga, 10 internos chegados dende Teixeiro, e 15 persoas en réxime de semiliberdade do CIS Coruña, unían as súas mans para deixar o areal de Riazor listo para a temporada de verán.

Limpeza da praia de Riazor de Mar de Fabula Erguete e Cis e Teixeiro 3
Unha interna limpando o areal

Limpeza da praia de Riazor de Mar de Fabula Erguete e Cis e Teixeiro

Limpeza da praia de Riazor de Mar de Fabula Erguete e Cis e Teixeiro 2
Limpeza da praia de Riazor de Mar de Fabula Erguete e Cis e Teixeiro 2

Porque a interacción destes diferentes colectivos unidos pola vulnerabilidade representa un perfecto exemplo do traballo en rede, nun exercicio de empatía, conciencia cidadá e respecto. Ver a un interno de Teixeiro que levaba tempo sen ver a rúa, axudar a unha persoa con discapacidade de Aspronaga a recoller aqueles anacos de plástico, é todo unha experiencia que invita a reconciliarse coa sociedade.

O que parecía un areal limpo dende arriba, tornouse en batalla. O argazo da zona intermareal estaba cargada de pequenos plásticos, dende minúsculos sorportes das depuradoras (menuda paradoxa), pasando por bastonciños, ata os taponciños laranxas das cremas solares de spray que a xente cisca sen piedade.

Limpeza da praia de Riazor de Mar de Fabula Erguete e Cis e Teixeiro-Clasificando
O proceso de separación e análise do lixo recollido é fundamental

Non faltaron ducias de envases tipo botellas de plástico, latas, aparellos de pesca… Nin sobre todo cabichas, moitas cabichas. Máis de 1.2000 cabichas contou Miguel, un dos participantes durante o ano pasado do proxecto Entre Crebas, convertido, unha vez que rematou de cumplir a súa condena, en voluntario medioambiental de Mar de Fábula. O círculo que ratifica a importancia de accións coma estas.

En total, ducias de quilos que non volverán ao mar.

Limpeza da praia de Riazor de Mar de Fabula Erguete e Cis e Teixeiro-1200 cabichas
1200 cabichas recollidas en apenas unha hora de traballo

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Máis novas

As persoas en réxime de semiliberdade que seguen loitando contras as cabichas

Cando as persoas privadas de liberdade se convirten en “axentes do cambio”

O proxecto Entre Crebas avanza cara o primeiro aniversario en clave de reinserción e concienciación medioambiental

A incansable loita contra as cabichas nas praias

A labor de reinserción das limpezas medioambientais de Entre Crebas

 

ÚLTIMAS

Un plan para enganar cunha herdanza leva a dúas persoas a xuízo

A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro 7 de maio a dúas persoas...

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here