InicioBARRIOSMovemento Sumar Coruña cualifica de “inxustificable” o derrubo das 38 vivendas de...

Movemento Sumar Coruña cualifica de “inxustificable” o derrubo das 38 vivendas de Monte Mero

Publicada o

Por editor
  • O grupo acusa a Inés Rey de complicidade co modelo especulativo da Xunta.

— — —

Continúan chegando reaccións á nova do posible derrubamento de 38 vivendas no marco da construción da urbanización de Monte Mero.

Desta volta é o Movemento Sumar Coruña o que expresa o seu rexeitamento absoluto á decisión da Xunta de Galicia de derrubar as 38 vivendas do núcleo consolidado de Monte Mero, no barrio coruñés de Pedralonga. Esta actuación, enmarcada no Plan de Interese Autonómico (PIA), supón a expulsión forzosa de máis de 170 veciños e veciñas, moitas delas residentes de longa duración en vivendas herdadas durante xeracións.

A organización considera que “esta medida carece de xustificación técnica e social e denuncia que o Goberno galego rompeu os compromisos adquiridos en decembro de
2024, cando trasladara ás asociacións de Eirís e Pedralonga que se estudaría a conservación parcial das casas existentes. En lugar diso, optouse pola demolición total sen ofrecer garantías reais de realoxo nin alternativas habitacionais viables”.
“O que estamos vendo en Monte Mero é un despropósito urbanístico propio doutras décadas: destrúese un tecido veciñal vivo sen diálogo, sen transparencia e sen respecto pola historia das persoas que alí viven”, afirma Trinidad Palacios, covoceira de Movemento Sumar Coruña. “É vergoñento que se utilice o discurso da vivenda pública para xustificar unha operación que comeza expulsando a quen xa ten un fogar”.

Mapa da zona afectada da urbanizacion Monte Mero
Mapa da zona afectada da urbanizacion Monte Mero

Movemento Sumar Coruña non só responsabiliza á Xunta, senón tamén ao Goberno municipal, que “validou politicamente o avance do PIA sen introducir ningunha
salvagarda para as familias afectadas”. “Temos un Goberno local sen rumbo, máis preocupado por seguir os tempos e os intereses da Xunta que por defender os dereitos
da súa veciñanza”, sinala Palacios. “A súa pasividade é perfectamente compatible co modelo do PP: urbanismo sen alma e sen xente”.
Para Sumar, “Inés Rey volve poñerse de perfil, igual que fixo no recente escándalo de As Xubias, onde se entregaron terreos públicos a intereses privados sen garantir o seu uso como solo dotacional ou vivenda protexida”. “A Coruña non pode construírse expulsando á súa xente. Nin en As Xubias nin en Monte. Mero. A cidade merece planificación democrática e urbanismo ao servizo do ben común”, conclúe Palacios

 

Máis novas

Veciños do barrio coruñés de Eirís alegan contra o proxecto de Monte Mero pola derriba de 38 vivendas

O Monte Mero espera a nova urbanización de 4.300 vivendas protexidas

ÚLTIMAS

A paralización da urbanización da Maestranza, “unha vitoria relevante”

A Xunta de Goberno Local acordou a denegación da aprobación inicial do Estudo de...

Convocada unha manifestación para o día 10 e paros en decembro no transporte de viaxeiros na Coruña

CIG, UGT e CCOO convocaron unha manifestación o próximo día 10 de novembro e...

Aproban 1,4 millóns de euros para a ampliación do parque infantil da Praza de Portugal

Ademais de aprobar a licitación da pista multideporte de Monte Alto, a Xunta de...

Licitan a pista multideporte para Monte Alto solicitada polas ANPAS

A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á licitación das obras...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here