InicioA CORUÑAA comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao...

A comunidade da Rede Acampa pola Paz rendeu un aplauso colectivo ao activismo por Palestina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • Mohamed Safa e o Persoal médico en Gaza, representado por Refaat Alathamna, recolleron os recoñecementos da entidade.

— — —

Gran resposta da comunidade da Rede Acampa pola Paz e ao Dereito ao Refuxio. A comunidade xerada na cidade de apoio ao pobo palestino viviu esta mañá no Salón de Actos da ONCE, un acto moisignificativo para a entidade, máis de cabe despois de non poder celebrar o Encontro Internacional deste 2025 polo recorte do orzamento por parte do Concello.

Cris Iglesias coa rede Acampa con Palestina
A actriz Cris Iglesias, sempre comprometida con Palestina

Cris Iglesias, actriz e membro do colectivo Artistas por Palestina abriu o evento deixando claro que “sabemos que é difícil posicionarse pero tamén sabemos que algún día recoñecerase que estivemos no lado correcto”. De comezo deu paso á intervención musical, que chegou da man e José Álvarez á arpa e Martiño Marticorena á frauta e ocarina, ambos membros do grupo Citania.

Iglesias quixo destacar “a importancia das palabras”, apuntando que a entidade dá “recoñementos, non premios”. “O que queremos é poñer o foco nestas persoas e nestas problemáticas, nestas realidades”, sinalou.

Mohamed Safa, 40 anos de activismo dende Galicia

Mohamed Safa
Mohamed Safa estará o vindeiro martes 23 na AC. Alexandre Bóveda

A primeira entrega, a do Recoñecemento Galego, foi da man de Susana Alaniz, presidenta da entidade ferrolá Fuxo Buxán, que valorou a influencia que leva xerando Mohamed Safa no país, “sempre defendo a rúa terra e aos teus”. O oftalmólogo palestino afincando en Cee e Corcubión dende hai 40 anos, foi o escollido a través das votacións abertas para recibir o Recoñecemento de Acampa.
“Crecín entre tanques, e pase de neno a home cando meu pai me contou que vivíamos nun país ocupado. Aí asumín a liberdade como o primeiro pilar da miña identidade. Cando cheguei a España asumín o segundo, a igualdade, como factor de integración en Galicia. A solidariedade, a colectiva, que fun introducindo no meu ser, é o terceiro elemento da miña identidade”, relatou facendo un bo paralelismo coa propia Rede Acampa.

Safa, que o vindeiro día 23 ofrecerá unha nova charla na A.C. Alexandre Bóveda, invitou ao mundo a “convivir como fan os libros nas bibliotecas”, e criticou este “xenocidio internacional”. Abriu a porta a que “a historia debe ser escrita por quen escriben”, e declaro que “eu non estou loco, pertenzo a un pobo con esperanza”.
Acabou arrincando as bágoas dos asistentes, lendo a dedicatoria que lle ten dedicado ao seu fillo Ismael no seu novo libro “Gaza, un xenocidio televisado”: “algún día volverás á terra dos teus avós. Ese día poderás dicir eu son un palestino libre nunha terra Palestina libre”.

Os sanitarios de Gaza, representados por Refaat Alathamna

Rede Acampa-Refaat Alathamna
Refaat Alathamna, entre bágoas

E precisamente, un dos que puideron televisar o xenocidio foi Refaat Alathamna, quen a través das redes sociais foi contando 2 anos de delirio dende diferentes centros sanitarios gazatíes. O anestesista, que acaba de conseguir escapar cos seus 5 fillos, foi presentado polo comprometido director de cine madrileño Javier Fresser, como representante inmellorable ao Recoñecemento que a comunidade da Rede Acampa decidiu outorgar aos sanitarios palestinos que axudan a sobrevivir en Gaza, e que “representan esa loita sen cuartel en pos da supervivencia”.

Emocionadísimo e entre bágoas, Alathamna agradeceu recoñecementos coma este que lles dan forza para seguir adiante, para seguir traballando e no seu caso, para seguir coidando aos seus 5 fillos. “Hai dúas semanas logrei traelos a salvo aquí a España”, relataba entrecortado pola emoción e as bágoas… Quixo poñer en valor a “durísima tarefa de todas persoas que cada día reiben malas novas, pero seguen aí na fronte”, mentres o “xenocidio continúa co case 80% do sistema sanitario destruido, e con médicos que traballan sen salario”. “Xuntos seguiremos loitando pola independencia de Palestina”, rematou, tamén con esa esperanza que nunca deixa ao pobo palestino.

Críticas de SUMAR ao Concello

Aproveitou a data o movemento SUMAR Galicia para expresar “a súa preocupación pola suspensión dos Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz e o Dereito a Refuxio, consecuencia directa da decisión do Goberno municipal de reducir á metade a achega económica —de 70.000 a 40.000 euros—, deixando sen viabilidade un proxecto que durante anos fixo da Coruña un referente na defensa dos dereitos humanos e da solidariedade internacional”.
Para a organización, “este recorte revela unha falta evidente de compromiso institucional nun momento no que máis se precisan espazos de sensibilización, denuncia e reflexión global como Acampa”.

 

Máis novas

A Coruña queda sen os Encontros Internacionais da Rede Acampa pola Paz pola rebaixa da aportación municipal

Mohamed Safa: ”Non queremos unha loita étnica, isto é unha guerra anticolonialista”

 

ÚLTIMAS

A Coruña rescata o seu pasado colonialista enviando unha mensaxe reflexiva contra os racismos

Enchíase esta pasada semana a cidade de curiosos carteis co lema #ACoruñaPortoNegreiro. Xa imos...

Xoel López, a principal figura do Belén da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou esta tarde no acto de apertura do...

Repsol completará o seu traslado ao porto exterior en 2027, con liberalización dos peiraos coruñeses

Repsol e a Autoridade Portuaria da Coruña asinaron un acordo para completar o traslado...

Nova xornada de folga no bus da Coruña con respaldo “maioritario” que deixa por centos de viaxeiros en terra

Unha nova xornada de folga afecta este venres ao transporte de viaxeiros interurbano por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here