InicioCULTURAA Coruña acolle a presentación de 'Rimas populares de Galicia', de Curros

A Coruña acolle a presentación de ‘Rimas populares de Galicia’, de Curros

Publicada o

Por editor

A Casa Museo Casases Quiroga acolle este mércores, ás 19.00 horas, a presentación da publicación ‘Rimas populares de Galicia’ de Manuel Murguía que profunda na documentación conservada sobre o frustrado proxecto do primeiro presidente da Real Academia Galega (RAG).

Así o explica a institución académica que sinala que o acadécimo correspondente Diego Rodríguez presenta a obra nun acto xunto ao presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e o concelleiro de Cultura do Concello herculino, Gonzalo Castro. O volume reproduce uns 150 romances recompilados por Murguía a través de colaboradores como o escritor e lexicógrafo Marcial Valladares ou a súa filla, Alejandra Murguía de Castro.

A RAG lembra que ao longo de moitos anos Manuel Murguía anunciou tanto a existencia como a inminente publicación dun libro titulado ‘Rimas populares de Galicia’ que recompilaría romances. Agora, o estudo de Diego Rodríguez ofrece as páxinas “definitivas” a partir da documentación que se conserva daquel proxecto na RAG e na Fundación Barrié.

ÚLTIMAS

Eugenia Gil Soriano, a árbitra internacional herculina: “Soño con pitar na 1ª División”

Recén de chegada de facer de 4⁰ árbitro en todo un San Mamés no...

Noite de incendios intencionados na Coruña: queiman seis colectores de lixo e dous baños portátiles

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervernir durante a madrugada deste martes, día 24,...

A humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

Xa fai anos que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anunciou a implantación do...

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here