InicioA CORUÑAU-lo Mundial? “Tranquilidade”

U-lo Mundial? “Tranquilidade”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Moito se fala estes días na cidade do Mundial 2030. E máis que se vai falar, de seguro. A unha semana da visita da FIFA á Coruña (o día 18), estes días houbo varias declaracións importantes que o único que fan é poñer máis dúbidas sobre a participación de Riazor como unha das 10 sedes españolas da cita mundialista.

Polo de pronto, a Comisión Especial apenas se constituíu o pasado 30 de xaneiro, un ano despois das últimas palabras sobre o tema do goberno municipal, e máis dun ano e medio do rutilante anuncio. Pero nada ten avanzado, máis alá dunha reunión mantida entre o Concello e a directiva do RC Deportivo do que nada se conta: “Non comento reunións privadas”, respondía Inés Rey esta pasada tarde ante as preguntas dos periodistas.

Neste marco de incerteza, o presidente da Real Federación Española de Fútbol, o galego Rafael Louzán, dixo antonte no programa Larguero da Ser, que “A Coruña tiña deberes e non se fixeron. A situación non está fácil”, recoñecía.

Non desaproveitou a ocasión para poñer máis sombras sobre o asunto o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, que quixo lanzar un “mensaxe de tranquilidade”. Lonxe de tranquilizar deixou caer que “existen proxectos ademais do Mundial tamén poden ser importantes para a cidade”…

Arquivo - Plan de ampliación do Estadio Abanca-Riazor para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Arquivo – Plan de ampliación do Estadio Abanca-Riazor para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030. CONCELLO DA CORUÑA – Arquivo

A oposición

O PP reclama estar presente na visita de A FIFA ante a falta de transparencia

Se o propio Jorquera, no anuncio da súa predespedida, deixaba patentes as súas dúbidas sobre a xestión do goberno municipal para co Mundial, máis duro é o voceiro do PP. Miguel Lorenzo pide estar presenten na visita da FIFA do vindeiro 18 para poder “coñecer a situación real en que se atopa a sede coruñesa”. Lembra que “o goberno se comprometeu a enviar toda a documentación e a convocar a comisión especial en febreiro e non o fixeron”, como tampouco informaron das reunións mantidas en Madrid ou coa dirección do Depor.

Movemento Sumar Coruña criticou o silencio absoluto do goberno municipal

Tamén fai declaracións estes días o movemento Sumar, que lamenta que “a alcaldesa evita dar explicacións públicas sobre a situación real do proxecto, nun momento no que aumentan as dúbidas sobre o futuro de Riazor dentro da candidatura”.

A voceira de Movemento Sumar Coruña, Trinidad Palacios, manifestou que o cambio de discurso do goberno municipal resulta indefendible: “primeiro escoitamos á alcaldesa dicir que A Coruña ía ser sede do Mundial a toda portada e agora atopámonos cun silencio absoluto. A cidade merece explicacións e merece saber que está pasando.”
Palacios tamén criticou a falta de transparencia arredor da recente reunión coa propiedade do Deportivo: “tras a reunión con Escotet seguimos sen saber que se falou, para que foi nin
cal é a situación real da candidatura. Como pode ser que un asunto desta importancia se xestione con este nivel de opacidade?”

A formación lembra ademais que a transparencia foi unha das grandes promesas de Inés Rey ao chegar á alcaldía en 2019. “Inés Rey prometeu grandes proxectos para A Coruña durante este mandato. Pero a realidade é ben distinta: nin Mundial, nin solución para Nostián, nin avances en Alfonso Molina”.

Máis novas

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Poucas novidades na constitución da Comisión Especial do Mundial 2030

Inés Rey asegura que a cidade non periga “en absoluto” como sede do Mundial 2030

ÚLTIMAS

A ANPA do CEIP Prácticas a Paula Prado: “Isto só acaba de comezar”

Está inmerso o PP e concretamente a súa Secretaria Xeral Paula Prado, nunha campaña...

Jorquera anuncia que non será candidato do BNG nas Municipais de 2027

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que non vai...

Comezan as demandas obras de humanización da rúa Ángel Rebollo, en Monte Alto

Leva anos a veciñanza de Monte Alto denunciando o lamentable estado da rúa Ángel...

Redada antidroga no narcopiso dos Mallos

Esta mañá, a Policía Nacional realizou unha redada antidroga no narcopiso da rúa Rivadabia,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here