O festival coruñés de cómic autoeditado Autobom volve estes xoves 23, venres 24 e sábado 25 de abril á cidade. A 12ª edición deste encontro de autoedición e BD organizado pola Asociación Cultural Autobán volve poñer en valor a banda deseñada e a ilustración, a autoedición e a autoxestión, e tecendo unha rede de apoio para as persoas que se dedican a estas disciplinas.

Cómpre destacar varias citas desta nova edición de Autobom:
-
O xoves 23, a partir das 17:00 na Revolteira, comezaren co obradoiro “SON FAN (do DIN-A3)” impartido polo debuxante Diego Estebo. Nesta actividade as persoas asistentes poderán facer un fanzine de principio a fin, partindo dun formato DIN-A3. É unha actividade de balde, pero é precisa a inscrición na web ata encher o aforo.
-
O venres 24 hai unha actividade de proba de materias na tenda Jaspe Art. O Tupperrotu naceu como un obradoiro de rotuladores, pero este ano Lara Ingelmo, ilustradora experta en lapis de cor, vai facer unha demostración deste versátil e popular material. Haberá dúas quendas a partir das 17:30 e das 18:10, e só hai que inscribirse na actividade, que tamén será gratuíta.
-
O sábado 25, as actividades desenvolveranse na Revolteira, na rúa Falperra 13. Unha das principais propostas será o posto de fanzines, que estará activo toda a xornada de 11:00 a 20:30, con máis de 30 proxectos e un cento de publicacións.
– Ás 11:15 haberá un faladoiro sobre “Espazos de autoxestión e autoedición” moderado por Xoana Pousa, e no que participan Raquel Montero e Simone Virgini de Espazo Boh en Compostela, e Brais Rodríguez de O Rocho en Ourense.Continuaremos con dúas mini-charlas da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) e do Vaia Vaia, o evento de autoedición de Lugo;
– As 13:15 remata a xornada da mañá co faladoiro “Edita e autoedital”, unha conversa sobre experiencias de editoras de fanzines, con David Calviño de Edicións Baixo Terra e Rosa Espiñeira de figurandorecuerdos, moderados por Luis Yang.
– Tras a quenda da mañá, haberá un xantar popular para participantes no Autobom e socias do Autobán, e ás 16:30 trasladaranse á cancha da Falaperra para unha nova edición do “Brilé Brutal”, un torneo nada brutal de balón prisioneiro aberto á participación.
– Ás 17:30, de novo na Revolteira, terán lugar os obradoiros do sábado. Primeiro será o AutoLab, unha actividade de debuxo de BD experimental conducida por Óscar Iglesias.
– Ás 18:30 hai o obradoiro teórico-práctico de “Como editar libros na casa”, no que María Ramírez de Afacería explicará o xeito de abordar edicións manuais, rematando cunha demostración de encadernación artesá.
– Pecha Autobom ás 23:30, cunha festa de peche no pub El Siglo. Esta é unha actividade aberta a quen queira achegarse.

