InicioA CORUÑAPreguntan pola normalización do topónimo da empresa pública EMALCSA

Preguntan pola normalización do topónimo da empresa pública EMALCSA

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A normalización do topónimo da cidade no Real Club Deportivo de A Coruña, conseguida pola mocidade do IES Rafael Dieste e a súa campaña #Aquítaménsefala, está tendo consecuencias.

Hoxe é o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, o que anuncia o rogo oral que vai facer no vindeiro pleno de maio para que a “Empresa Municipal de Aguas de La Coruña (EMALCSA)”, mude a súa razón social e asuma na súa denominación a forma A Coruña como a única oficial e legal do topónimo da cidade.

“A día de hoxe, esta empresa municipal chámase Empresa Municipal de Aguas de La Coruña Sociedad Anónima, o que claramente constitúe unha anomalía, sendo que o nome da cidade é A Coruña desde a aprobación, en 1983, da Lei de Normalización Lingüística por parte do Parlamento galego”.

Lembra Jorquera que “no pasado mandato anunciouse a vontade de corrixir esta anomalía adoptando a marca Augas da Coruña, mais a realidade é que aínda non se ten dado ningún paso para a súa concreción”.
Recoñece, en calquera caso, a boa fe do goberno municipal, coa denominación da Ronda Real Club Deportivo da Coruña á V-14, isto é, a variante da coñecida como terceira ronda que conecta a AC-14 coa glorieta do Pavo Real.

O Depor e da Coruna do Aqui tamen se fala na sua rua-Foto-Javi Quiroga
A rapazada do IES Rafael Dieste na rúa Real Club Deportivo da Coruña-Foto-Javi Quiroga

 

O Dépor galeguizará en maio o seu nome. A mocidade fai historia

ÚLTIMAS

As familias do IES Zalaeta consegue paralizar as obras con risco de amianto ata a aprobación dun plan

Continúan as mobilizacións das familias no IES Zalaeta tras unha primeira convulsa semana de...

Mobi-Liza organiza no MUNCYT unha xornada sobre Mobilidades Invisibles

A Asociación Mobiliza, que promove a Escola da Bici e coida o Taller social...

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here