InicioOLEIROSOleiros instala un autobús destartalado en Santa Cristina para denunciar a negativa...

Oleiros instala un autobús destartalado en Santa Cristina para denunciar a negativa da Xunta a crear unha liña coa Universidade

Publicada o

Por Redacción

Son eternos os problemas entre o Concello de Oleiros e a Xunta de Galicia en materia de transporte. Desta volta, o  Concello de Oleiros vén de instalar esta mañá un autobús destartalado na parada de Santa Cristina para denunciar a negativa da Xunta de Galicia a implantar un servizo de transporte público directo desde Perillo ata Universidade da Coruña.

“Esta política de bloqueo da Xunta está obrigando a usar o coche ou a facer un periplo en bus ata o centro da cidade a máis de 800 persoas que residen en Oleiros –alumnado e profesorado-“, denuncian dende o Concello, sinalando que habería outras tantas persoas de municipios limítrofes que tamén se beneficiarían da creación desta liña, pois todos os buses de Sada, Bergondo, Betanzos e parte de Cambre pasan por Perillo e se beneficiarían directamente desta liña.

Autobus destartalado Santa Cristina Transporte Xunta 2

Tal e como din as mensaxes que se poden ler no autobús, o servizo “non arranca” porque, segundo fontes municipais, “a Xunta de Galicia leva dous anos rexeitando as continuas peticións realizadas por parte do Concello de Oleiros. Unha situación que ademais é discriminatoria con Oleiros, e tamén con Sada, parte de Cambre, Bergondo, Betanzos,… que ven como en Arteixo e Culleredo si dispoñen de conexión directa aos campus”.

O Concello de Oleiros demanda a creación dunha liña entre Perillo e o campus universitario da Coruña que funcione de forma circular nas franxas horarias de entrada e saída das aulas. Dende o Concello consideran “esperpéntica” a falta de conexión coa Universidade e “unha mostra máis do miserento servizo de transporte público que a Xunta de Galicia presta na comarca da Coruña e que se nega a mellorar”.

Vai máis alá e e critica a postura habitual da Xunta, “adoptando continuamente unha posición de defensa da empresa concesionaria e do lucro das liñas, cando un servizo público coma este non se pode medir exclusivamente en termos de rendibilidade económica”.

Así, repite a proposta de creación dun Consorcio Metropolitana de Transporte, así como abordar importantes obras pendentes na rede viaria: Alfonso Molina, ponte Pasaxe, Vía Ártabra, Artabriña, Vial 18…

Máis novas

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

O Concello de Oleiros analiza a posible creación de dúas liñas internas de transporte público ante a inacción da Xunta

O Concello de Oleiros inicia a campaña de denuncia do abandono das estradas da Xunta

Nova ofensiva do Concello de Oleiros pola finalización da Vía Ártabra

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here