InicioBARRIOSJardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para...

Jardinería Arce S.L. consegue o contrato de 2,7 millóns de euros para o mantemento e conservacións de áreas infantís

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar o contrato de mantemento, conservación, limpeza e reposición de elementos das áreas de xogos infantís, árease outros espazos ou instalacións lúdicas urbanas de uso público e titularidade municipal. O investimento máximo do contrato é de uns 2,7 millóns de euros para o período inicial de execución, que é de dos anos, con posibilidade de prórroga por un máximo de tres anos máis.

O servizo obrigará a manter en correcto estado de uso 223 elementos da cidade. Sen embargo, dentro do referido ámbito abarcaranse tamén as novas áreas que se poidan construír no futuro, como o Parque da Praza de Portugal (xa en obras), o parque
Adolfo Suárez, ou o parque infantil cuberto do Ventorrillo. Tamén comezará en breve a ampliación da área infantil da praza de Pontevedra.

Ademais, o adxudicatario ten a obrigación de inspeccionar polo menos unha vez á semana todas as zonas de xogo para detectar calquera anomalía e incidencia e proceder de forma inmediata ás reparacións oportunas se se precisan, ademais doutros exames máis detallados trimestrais e anuais en toda a rede de instalacións.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here