InicioA CORUÑATrinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar "a ambición, a vangarda e...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Publicada o

Por Redacción

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra das persoas que pelexará por liderar a candidatura unitaria de esquerdas nas eleccións municipais de 2027 na Coruña. Trinidad Palacios presentou este sábado no Centro Cívico Monte Alto a súa candidatura á Alcaldía da Coruña por Movemento Sumar Galicia, nun acto no que defendeu a necesidade de abrir unha nova etapa política e recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”.

Palacios iniciou a súa intervención cun breve percorrido pola súa traxectoria persoal e profesional. Coruñesa de nacemento, lembrou a influencia da súa familia e a súa experiencia laboral, primeiro na consultoría e, durante os últimos oito anos, como traballadora sociosanitaria no Servizo de Atención a Domicilio no Fogar da Coruña.

Palacios insistiu en que Movemento Sumar Galicia quere construír unha alternativa propia: “Non vimos para ser a muleta de ninguén. Vimos para gobernar e para ser decisivos en 2027”. Tamén manifestou a súa oposición a un eventual goberno do PP de Miguel Lorenzo con Vox e reivindicou fronte a ese escenario unha cidade “aberta, plural, diversa e tolerante”.

Finalmente, fixo un chamamento ás forzas do espazo progresista, ás persoas independentes, ao tecido asociativo e á sociedade civil para participar na construción dun proxecto común que permita que “A Coruña recupere a súa ambición, a súa capacidade de estar á vangarda e o seu carácter progresista”.

Críticas e propostas

Palacios pregunto se se pode considerar progresista que a alcaldesa incrementase o seu salario un 73 % ao chegar ao goberno. Tamén puxo
sobre a mesa o modelo de aparcadoiros privados, os beneficios da empresa de autobuses e a privatización de servizos esenciais como o SAF ou as escolas infantís.

Entre as propostas do grupo, citou a creación dunha empresa pública de coidados, un parque municipal permanente de alugueiro asequible, avanzar cara a un modelo público de transporte urbano, ampliar BiciCoruña a todos os barrios e revisar desenvolvementos urbanísticos que, ao seu xuízo, non responden ao modelo de cidade que defende.

Pero sobre todo, o Movemento Sumar Galicia reclama ambición en vivenda, así como unha clara aposta polos servizos públicos, os coidados, a mobilidade sostible e un modelo de cidade máis xusto, aberto e ambicioso

No acto, estivo acompañada pol presidenta de Movemento Sumar Galicia e portavoz do Grupo Plurinacional Sumar no Congreso, Verónica Martínez Barbero, por Paulo Carlos López e o candidato de Podemos Aitor Neira, entre outros.

 

Máis novas

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

A Candidatura Unitaria de Esquerdas critica os altos prezos dos aparcamentos do CHUAC e o Materno

Trinidad Palacios será a candidata de Sumar Galicia para liderar a coalición de esquerdas nas municipais

ÚLTIMAS

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado en María Pita, para defender as Escolas...

Volven preguntar pola inacción municipal na Fundación Luís Seoane

Pasan os meses pero nada acontece na Fundación Luís Seoane, dende que o Xornal...

A comunidade xorda de Galicia reivindica os seus dereitos humanos na Coruña

A cidade da Coruña acolleu este sábado a celebración do Día Internacional da Xordez,...

A Coruña investirá máis de 100.000 euros nun programa con 104 actividades para achegar a lectura ás crianzas

O Concello da Coruña destinará máis de 100.000 euros á dinamización lectora infantil a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here