Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios da Industria Musical de Galicia “PALCO”, o punto de encontro da industria da música galega. Unha cita organizada pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e os Concertos do Xacobeo, co apoio da Deputación da Coruña
Un xurado profesional integrado polas asociacións AGEM, AGATEC, TESGAL, AGPXC e CLUBTURA, xunto ás e aos gañadoras e gañadores da pasada edición dos Premios PALCO, seleccionaron aos proxectos gañadores entre un total de 42 finalistas, 3 por cada unha das 14 categorías xerais contempladas nos premios.

The Rapants e Paideia, grandes protagonistas
Sen dúbida, os muradáns The Rapants foron os grandes protagonistas. Ademais de levar un dos premios xa anunciados, o de Premio a Artista do Ano 2026, tres membros do seu equipo sumaron outros recoñecementos: o manager Álvaro Creo (ademais alma das Carrilanas de Esteiro), Ricardo Barroso pola Mellor implentación de son; e Juan Barbazán, Sergio Goce e Manuel Seoane pola creación do videoclip “Non sei como”.
En clave coruñesa, tamén houbo un recoñecento fixo especial: A Fundación Paideia recollía o Premio á Persoa do Ano, pola súa labor de lanzadera musical nos Estudios Mans.

Quedaron as portas de levar premios propostas herculinas como a comunicación de Lucía Pita para as Fillas de Cassandra ou a eterna Sala Mardi Gras.
PROXECTOS FINALISTAS E GAÑADORES DOS PREMIOS PALCO 2026
Mellor deseño de iluminación
- Álvaro Moreno (The Rapants)
- Gabriel Alvarado (Treixadura)
- Laura Iturralde e José Faro (Gala i Ovidio) GAÑADORES
Mellor implementación de son
- Nerea Bello (Bala)
- Ricardo Barroso (The Rapants) GAÑADOR
- Rubén Montes (Carlos Ares)
Mellor produción de servizos
- Emsac
- Global Setup GAÑADOR
- Kachet
Mellor profesional de produción
- Adela Otero
- María Galdón
- Olalla Camaño GAÑADORA
Mellor manager
- Aitana Cuétara (Luneda)
- Álvaro Creo (Off Stage) GAÑADOR
- Alberto Lora & Carles Montalt (Galunk)
Mellor produción discográfica
- Dani Cornes e Crnds (Aquí sempre tes casa, Dani Cornes)
- Iago Pico, Gabi Fernández e Tanxugueiras (O Cuarto, Tanxugueiras) GAÑADORES
- Xoel López e Adrián Seijas (Oniria Popular, Xoel López)
Mellor posta en escena
- As dúas e punto (Tertúlia, Fillas de Cassandra) GAÑADORAS
- Laura Iturralde e José Faro (Gala i Ovidio)
- The Rapants crew (Rapants Club)
Mellor promotor / programador
- Alberto Alfonso (Art Music Agency) GAÑADOR
- David Pedrouzo (Todomedre)
- Suso Santamaría e Iván Viturro (A Pousada da Galiza Imaxinaria)
Mellor proxecto de comunicación
- EmigraSON GAÑADOR
- Lucía Pita (Tertúlia, Fillas de Cassandra)
- PortAmérica
Mellor identidade visual
- Julia Salgado Barca, Mar Suárez e Agustina Shuan (Anfibia por veces, Antía Muíño)
- Melania Freire (De Ninghures)
- Zeltia Iglesias (Mondra) GAÑADORA
Mellor evento cultural / musical
- AC Fanto Fantini – Osa do Mar GAÑADOR
- PortAmérica
- Resurrection Fest
Mellor videoclip
- Daniel Pérez, El Membrillo (subir subir, Karmento & Mondra ft. El Nido)
- Daniela Rey Faraldo (Simplemente, Candela Liste)
- Juan Barbazán, Sergio Goce e Manuel Seoane (Non sei como, The Rapants) GAÑADORES
Mellor espazo musical
- A Cofradía Taberna Cultural
- Mardi Gras
- Sala Rebullón GAÑADORA
Mellor proxecto de sustentabilidade
- Arteficial
- PortAmérica
- Sinsal GAÑADOR
Máis novas relacionadas
The Rapants e os Estudios Mans, recoñecidos polos Premios PALCO

